jueves, 27 de marzo de 2014

OBRADOIRO ENVELLECEMENTO ACTIVO: CONTROL DAS EMOCIÓNS, O ESTRÉS E A ANSIEDADE



           

                                                   
Concello de O Vicedo



OBRADOIRO ENVELLECEMENTO ACTIVO: CONTROL DAS EMOCIÓNS, O ESTRÉS E A ANSIEDADE


Lugar de celebración: Casa da Cultura de O Vicedo.

Data: 25 de abril de 2014.

Horario: 16:30-20:30 horas.

Coste: gratuito.

Obrigatorio inscribirse en: Casa da Cultura. Oficina Axente de emprego e desenvolvemento local. Tlf.: 982590195, ou directamente na seguinte páxina web: http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&pagina=2&bloq=1.

Obxectivos: Promover o envellecemeento activo e saudable para mellorar a calidade de vida e previr enfermidades. Aprender a xestionar as emocións. Conseguir un manexo adecuado do estrés e da ansiedade. Lograr unha adaptación óptima a cualquier situación de cambio e/o transición vital: xubilación, enfermidade, dó etc.

Programa:
-      Adestramento persoal no ámbito da saúde.
-     Técnicas de autoaxuda.
-       Xestión das emocións e o estrés.

Dirixido a: Poboación adulta-anciá, profesionais, familiares e cidadanía en xeral.

Entrégase certificado acreditativo ás persoas inscritas que asistan o obradoiro

miércoles, 26 de marzo de 2014

CURSO PREPARATORIO DO CELGA 3

Nos meses de abril e maio no IES María Sarmiento de Viveiro terá lugar un curso preparatorio para obter o CELGA 3. O prazo de inscrición finaliza o 31 de marzo.

Máis información e inscricións, pinche aquí:

http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga

CURSO DIRIXIDO PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS


Convocado un Curso de mecanizado por arranque de labra, no CFO de Viveiro, sito na Misericordia, e dirixido prioritariamente a persoas desempregadas

Para máis información pinche aquí ou contactar directamente co centro ou coa oficina de emprego de Viveiro:
http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2014-Lugo.pdf

viernes, 21 de marzo de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, para cubrir vacacións das auxiliares de axuda a domicilio do servizo municipal de axuda no fogar. A data de inicio prevista é o día 04 de abril, e a xornada variará en función da persoa a que sustitúa.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 01 de abril, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 18 de marzo de 2014

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS PROMOVIDOS POR MICROEMPRESAS PARA O USO DAS TIC´s



AGADER convoca axudas destinadas a implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software) nas microempresas que desenvolvan a súa actividade económica no rural, para que aproveiten as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xunto con acceso á internet de calidade, no seu proceso de negocio.

Inversión mínima: 4.000 euros (sin IVA).
Fin plazo: 16 de abril de 2014.

Máis información:
http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/AGAD006

Para calqueira dúbida ou axuda na tramitación contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do concello do Vicedo: Casa consistorial, Centró de saúde  e CEIP O Vicedo, por un período de 6 meses, e data de inicio prevista para o próximo 2 de abril.

O prazo de inscrición remata o próximo día 26 de marzo, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día a partir das 10:30 horas na Casa do Concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial  (28 horas/semana), durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 2 de abril.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 26 de marzo, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

viernes, 14 de marzo de 2014

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE. NIVEL 2 E 3

Ata o día 10 de abril do 2014 está aberto o prazo para inscribirse para os exames das competencias claves dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.
 
Para poder acceder a determinados cursos convocados pola Consellería de Traballo e Benestar e dirixidos prioritariamente a traballadores desempregados (antiguo plan FIP) é necesario dispoñer dunha determinada titulación que varia segundo o nivel ou superar os exames das probas de competencias clave. Tamén ocorre o mesmo para poder participar en determinadas especialidades nos obradoiros de emprego.
 
Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, con oficina sita na Casa de Cultura.