viernes, 24 de febrero de 2017

AXUDAS DO PLAN RENOVE FIESTRAS

Recordarvos a tódolos/-as posibles interesados que o día 1 de marzo abre o prazo de solicitude das axudas para a renovación das fiestras da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Pinchando no seguinte enlace podedes consultar as tendas e talleres que están adheridos a este programa, que son os encargados de tramitar as solicitudes de subvención:
http://entidadescolaboradoras.xunta.es/adhesion/consulta/

jueves, 23 de febrero de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Necesítanse camereros e axudantes de cociña para O Vicedo. Interesad@s enviar curriculum a parrilladalosarboles@gmail.com ou chamar ao 615094749

miércoles, 22 de febrero de 2017

AXUDAS COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA




ORDE do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2017
a) Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procede­mento TR802G).
b) Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).
c) Programa III: impulso de proxectos empresariais colectivos (procedemento TR807D).
    d) Programa IV: intercooperación e integración empresarial (procedemento TR807F).
 Persoas e entidades beneficiarias
Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:
- As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas nos programas I, III e IV.
    - As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas no programa II.

Máis información:
http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_N7Md_content=%2Fopencms%2FTraballo%2FContidos%2FAxudas%2Faxuda_0385.html&category=Tipos_enumerados/Tipo_Axuda/Estado/En_Prazo/

ou contactando coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do concello.

lunes, 20 de febrero de 2017

OFERTA DE EMPREGO



Empresa da mariña necesita persoa para desenvolver tarefas de limpeza nas localidades de Viveiro e Xove. Interesad@s mandar CV ao seguinte mail: tecnico.curriculumvitae@gmail.com

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial (29 horas/semana), para o servizo municipal de axuda no fogar. A data de inicio prevista é o próximo día 07  de marzo de 2017 , e a duración do contrato seis meses.

Requisitos dos candidatos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Dispor de vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, coche, etc.) co seu correspondente permiso.
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesion do titulo de formacion profesional de grao medio de atencion sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atencion sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e a comunidade.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 22 de febreiro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 23 de febreiro a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.