miércoles, 30 de julio de 2025

Vacantes.gal

Pásovos información sobre a plataforma Vacantes.gal, por si fose do voso interes

Vacantes.gal é unha web: é unha man tendida, unha ferramenta feita con esperanza e compromiso co rural. Permite que calquera persoa poida ofrecer os seus servizos, buscar colaboracións, ou cubrir necesidades laborais ou sociais, contribuíndo a fixar poboación e dinamizar as nosas comunidades: www.vacantes.gal

lunes, 28 de julio de 2025

Oferta de emprego para a creación dunha bolsa de técnicos de educación infantil para o PAI de O Vicedo

Publicadas no BOP de Lugo de hoxe, día 28 de xullo de 2025, as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para técnicos/-as de educación infantil, para os casos de substitución de persoal con dereito a reserva do posto de traballo, baixas, etc. 

O prazo de inscrición comenza o día seguinte ao da publicación no BOP, e por dez días naturais.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

domingo, 20 de julio de 2025

BONO PEIXE XUNTA DE GALICIA

 Engaden un novo epígrafe válido para darse de alta como establecemento adherido para o do bono peixe.

Consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250721/AnuncioG0427-170725-0001_gl.pdf

jueves, 17 de julio de 2025

Vacantes nos procesos de selección de persoal para a brigada de extinción e prevención de incendios forestais. Campaña 2025

Existen vacantes nos procesos de selección, mediante concurso - oposición, do personal laboral temporal para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de incendios 2025 para os postos de: peón e peón-condutor.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 ou na oficina de emprego de Viveiro.

miércoles, 16 de julio de 2025

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas desde o día de hoxe, 16/07/2025, as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de cinco días hábiles a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 17 de xullo e remata o día 23 de xullo de 2025. As probas de selección realizaranse o día 28 de xullo de 2025, ás 10:30 horas, na Centro sociocultural xuvenil e da terceira idade do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es

lunes, 14 de julio de 2025

Resultados probas esforzo para a selección de tódolos membros da brigada de incendios forestais

Pinchando no seguinte enlace, pódense consultar os resultados das probas de esforzo para a selección de tódolos membros da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais (xefe de brigada, peón condutor e tres peóns): https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)


Axudas para conciliación da vida persoal, familiar e laboral por redución de xornada de traballo

ORDE do 1 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI440A).

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0762-020725-0001_gl.html

domingo, 13 de julio de 2025

AXUDAS VARIAS PARA EMPRESAS: BONO TURISTICO E PARA O EMPRENDEMENTO FEMININO

ORDE do 9 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI429A)

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0762-100725-0001_gl.pdf


RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2025 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes (código de procedemento TU985F)

Máis información

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0256-070725-0001_gl.pdf

Oferta de emprego privada

 Empresa de servizos pesqueros de Celeiro convoca praza de administrativo.

As persoas interesadas en participar no proceso teñen de prazo para presentar solicitudes ata o próximo 15 de xullo de 2025. Para máis información, dirixirse ao correo colegiolugo@economistas.org ou contactar telefónicamente no número 982242005


jueves, 10 de julio de 2025

BONO PEIXE XUNTA DE GALICIA

PROGRAMA DINAMIZACIÓN E INCENTIVACIÓN DO CONSUMO DE PEIXE E MARISCOS FRESCOS NOS COMERCIOS RETALLISTAS

OBXECTIVO: Incentivar a demanda de peixe e marisco fresco.

BONOS PEIXE:

Cada bono terá un valor de hasta 50€ (aplicarase un desconto do 25% da compra de peixe e marisco fresco), dispoñibles en tramos semanas de 5 euros, acumulables durante o periodo de validez do bono, no caso de ter saldo acumulado o importe do desconto non poderá superar os 25 euros por semana.

Poderase usar cada bono ata o esgotamento do importe semanal do usuario ou, se é o caso, do acumulado ata o límite dos 25 euros, ou ata o esgotamento do crédito dispoñible por semana, ou ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o crédito total.

Os bonos estarán disponibles para a súa descarga desde o día 28/07/2025 ata o 30/10/2025, ou o esgotamento do crédito, na páxina web www.bonopeixe.gal.

 

COMERCIOS MINORISTAS CON ESTABLECEMENTO OU AMBULANTES QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: desde mañá día 11/07/2025 os establecementos minoristas con ou sin establecemento permanente, interesados poderán solicitado na web www.bonopeixe.gal .  Requisitos para poder adherirse:

-Desenvolver a  súa actividade comercial en Galicia.

- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 10/07/2025.

 

FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante 5 anos os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250710/AnuncioG0427-270625-0001_gl.pdf  https://bonopeixe.gal/

miércoles, 9 de julio de 2025

LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROCESO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (85,33%)

No día de hoxe, 09 de xullo de 2025, aprobouse a lista de admitidos/excluídos provisional, elevada a definitiva, para a selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

As probas de selección terán lugar o día 28 de xullo, ás 10:00 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo (Casa da Cultura), sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23  O Vicedo.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3 (para ver todo dar a máis publicacións ou pulsar no + que está a dereita no taboleiro de anuncios).

martes, 8 de julio de 2025

CARNÉS FITOSANITARIOS

La empresa ARA FORMACIÓN informa que con el motivo de la reciente información transmitida a través de la Consellería del Medio Rural, en la que se comunica que los carnés de fitosanitarios obtenidos hace una década en El Bierzo fueron dados de baja del Registro Oficial de Productores y Operadores de Medios de Defensa Fitosanitaria (ROPO), existe la posibilidad de organizar en la zona un curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios de 25 horas, nivel básico.

Interesados contactar con Noelia llamando al 695799037, o enviando un e-mail a: noelia.canabal@araformacion.es


lunes, 7 de julio de 2025

LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROCESOS DE SELECCIÓN BRIGADA DE INCENDIOS FORESTAIS 2025 (1 XEFE DE BRIGADA, 3 PEÓNS E 1 PEÓN-CONDUTOR)

No día de hoxe, 07 de xullo de 2025, aprobáronse as seguintes listas de admitidos/excluÍdos definitivas:

 -3 Peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

Nas listas fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3 (para ver todo dar a máis publicacións ou pulsar no + que está a dereita no taboleiro de anuncios).

martes, 1 de julio de 2025

Oferta de emprego: limpadora para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADORA baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución, para cubrir vacacións das limpadoras municipais, desde o próximo día 30 de xullo de 2025.

O prazo de inscrición comenza o día 2 e finaliza o 11 de xullo de 2025, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 14 de xullo de 2025, ás 10:30 horas, na casa consistorial do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións e outros permisos

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución, para cubrir vacacións e outros permisos, a xornada completa, desde o próximo día 4 de agosto de 2025.

O prazo de inscrición comenza o día 2 e finaliza o 11 de xullo de 2025, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 14 de xullo de 2025, ás 10:30 horas, na casa consistorial do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info