Con este blog o concello de O Vicedo pretende difundir toda a información dispoñible sobre emprego, formación, e outras materias que incidan directa ou indirectamente no emprego.
jueves, 17 de enero de 2013
INICIATIVA "MIRADAS DE MULLER" EN AULAS DA REDE CEMIT
Durante 2013 poñerase en marcha unha nova iniciativa da Xunta de Galicia e a Rede CeMIT, na que colabora o IGAPE, sobre capacitación dixital e emprendemento no eido da fotografía dixital, dirixida a mulleres desempregadas que estean interesadas en introducirse no mundo empresarial desenvolvendo actividades relacionaas coa fotografía dixital.
A iniciativa ofrecerá consultoría, formación e difusión no campo da fotografía ás mulleres desempregadas, a través dunha plataforma que integra unha rede social e un espazo para que poidan publicar as súas creacións e que supoña un escaparate que axude a promover as obras destas mulleres.
Utilizaranse as novas tecnoloxías como vehículo e ferramenta que garanta o acceso profesional ao autoemprego e a difusión da disciplina fotográfica como manifestación artística e cultural.
A Xunta de Galicia levará a cabo a presente iniciativa en 33 das 98 aulas da Rede de CeMIT, aulas públicas con acceso a internet e dotadas de avanzado equipamento audiovisual e multimedia, distribuídas por toda a xeografía galega. Este proxecto, que leva por nome “Miradas de Muller”, comprende tres áreas de actuación:
I. Motivación ao emprendemento feminino no ámbito da fotografía.
II. Capacitación dixital no eido da fotografía dixital.
III. Plataforma web “Miradas de Muller”: Poñerase a disposición das usuarias na plataforma do proxecto (http://www.miradasdemujer.com) a través da cal poderán acceder a píldoras informativas, dispoñer dun titor, difundir os seus servizos a través dunha bolsa de traballo...
A data límite para a inscrición das usuarias no proxecto será o próximo 28 de Xaneiro.
PARA INSCRIBIRTE NA INICIATIVA, REALIZA OS SEGUINTES PASOS:
Rexístrate como usuaria da Rede CeMIT nalgunha das 33 aulas especificadas no calendario e solicita a adhesión á iniciativa, antes do 28 de xaneiro.
Poderás rexistrarte como usuaria a través de dúas vías:
A través da web• http://cemit.xunta.es (a aplicación de inscrición só é compatible cos exploradores Mozilla Firefox e Google Chrome).
Nesta páxina poderás inscribirte como usuaria da Rede é unha vez obtido o teu usuario e contrasinal, poderás matricularte na iniciativa nalgunha das aulas indicadas.
Tamén poderás facer directamente a• inscrición acudindo persoalmente a algunha destas aulas.
Recorda que tes toda a información sobre a iniciativa dispoñible na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.es
Poderás solicitar máis información sobre a iniciativa enviando un correo electrónico á dirección oficinacemit@xunta.es ou ben consultando nalgunha das aulas indicadas.
No seguinte enlace pode consultar máis información e inscribirse na mesma: https://cemit.xunta.es/node/5161
No hay comentarios:
Publicar un comentario