lunes, 9 de junio de 2025

Curso de Aplicador ou Manipulador de Produtos Fitosanitarios nivel básico para a obtención do carnet

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias - AGACA é entidade autorizada pola Consellería do Medio Rural para a impartición dos cursos de Aplicador/Manipulador de productos fitosanitarios, nivel básico, tanto en modalidade presencial como en modalidade teleformación.

 Mediante estes cursos homologados accédese ao correspondente carné oficial emitido pola Consellería do Medio Rural unha vez superado o correspondente exame oficial.

O número total de horas lectivas é de 25, que habitualmente facemos nunha semana en presencial. 

Na modalidade teleformación, poden dar un prazo maior para a realización do curso, e o alumnado pode realizar a formación a través da plataforma en calquera momento do día, que teña dispoñibilidade, o que permite unha maior facilidade para realizar o curso, especialmente, nesta época do ano na que os agricultores e gandeiros están en momentos de gran carga de traballo. 

En todo caso, puntualizar que na modalidade de teleformación, hai que facer obrigatoriamente 9 horas en presencial, repartidas en dous días. Pero é unha modalidade ideal para persoas mozas con acceso a internet. Por tanto, tamén na modalidade presencial os alumnos deben ser dun concello ou concellos limítrofes para que poidan acceder ás 9 horas de formación presencial.


Poden adaptar datas e horarios, estudando cada caso.
Para calquera información adicional: berta.agaca@gmail.com ou  loli@agaca.coop 


No hay comentarios:

Publicar un comentario