jueves, 5 de junio de 2025

Ofertas de emprego: tres vixiantes de espazos naturais. Programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Publicadas no taboleiro de edictos, na sede electrónica do Concello do Vicedo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo, as bases para a selección de TRES VIXIANTES DE ESPAZOS NATURAIS, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude comeza o próximo luns 09 de xuño e remata o día 18 de xuño de 2025. A proba de selección será o día 20 de xuño de 2025, ás 10:00 horas na Casa da Cultura.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 https://deputacionlugo.gal/temas/emprego/reforzo_emprego2025/listaxe_postos


No hay comentarios:

Publicar un comentario