lunes, 23 de junio de 2025

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (85,33%)

Publicadas as bases no BOP de Lugo de hoxe día 23/06/2025, e expostas na sede electrónica e no taboleiro de edictos municipal,  para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

O prazo de inscrición é de oito días naturais a contar a partir da publicación do anuncio no BOP, polo tanto, comeza o día 24 de xuño de 2025 e remata o día 01 de xullo de 2025.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/23-06-2025.pdf#page=13

jueves, 19 de junio de 2025

CONTRATACIÓN BRIGADA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS - CAMPAÑA INCENDIOS 2025

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a selección, mediante concurso - oposición, do personal laboral temporal brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de incendios 2025

- 1 xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais;

- 1 peón - condutor de prevención e defensa contra incendios forestais;

- 3 peóns de prevención e defensa contra incendios forestais.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, publicado no BOP de hoxe 19/05/25. Polo tanto, o prazo de solicitude sería do 20 ata o 26 de xuño de 2025.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.

miércoles, 18 de junio de 2025

OFERTA DE EMPREGO PRIVADA: AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

 A empresa IDADES de Viveiro busca auxiliar de axuda a domicilio, a xornada completa, para O Vicedo.

QUEDAN VACANTES NA OFERTA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS VERÁN 2025

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, de 6 SOCORRISTAS, a xornada completa, durante dous meses.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

AXUDAS A ARTESÁNS DA CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 30 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN201G)

Máis información:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250617/AnuncioG0767-020625-0002_gl.html

martes, 17 de junio de 2025

Oferta emprego (por vacante): UN PEÓNS FORESTAL, programa APROL RURAL 2025

A Consellería de Promoción do emprego, comercio e emigración concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, con data prevista de inicio o 01 de xullo de 2025,  ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2025 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025. Realizada unha primeira selección quedou vacante un dos postos de traballo.

Entre outros requisitos para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (a oficina de Viveiro é a que tramita a oferta), tanto no momento da selección como no da contratación.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace onde están expostas as bases de selección: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.6 

martes, 10 de junio de 2025

Oferta emprego privada

 Necesitan axudante para o coidado de persoa maior, desde o 15 de xullo ata o 15 de setembro, en horario de mañá, de 11.00 a 12:30, no Vicedo, rúa do Porto.

Interesados contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, no teléfono 982590029