lunes, 9 de junio de 2025

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun auxiliar administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Reforzo do emprego 2024", cobertura vacante

Publicouse no día de hoxe 09/06/2025 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2024", para cubrir vacante por cesamento, financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 10 e 11 de xuño para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

 As probas e valoración de méritos terán lugar o día 17 de xuño de 2025, ás 11:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

No hay comentarios: