Orde do 28 de abril
de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se establecen
as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e
se procede a súa convocatoria para a anualidade 2025 (código procedemento TR880A).
DOGA DO 13 DE MAIO DE 2025
Persoas Beneficiarias: traballadores autónomos e pequenas e medianas empresas, incluindo cooperativas e sociedades laboráis, que se encontren de alta e iniciasen a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2023
Que se subvenciona:
Son subvencionables:
- Equipamento
informático.
- Activos
intanxibles.
- Inversións
en eficiencia enerxética.
- Adquisición
de bens de equipo e mobiliario.
- Reforma
e rehabilitación das instalación do local de negocio.
- Gastos
notariales e/ou rexitrales (gasto corrente)
- Gastos
de alquiler de inmobles para a realización da actividade (gasto corrente).
- Adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou bens de equipo de segunda man sempre que se cumplan determinadas condicións
Os investimentos deberán ser realizados e pagados entre o 01 de xullo de 2024 e a data de presentación da solicitude.
O importe mínimo das facturas a tener en conta é 300 euros, IVE excluido.
Existe a obriga de manter os bens un período mínimo de dous anos, ou cinco si son bens inscritibles nun rexistro público, e tamén manter durante dous anos desde a resolución da concesión, a actividade e a forma xurídica.
Importe: dependerá da cuantía da inversión:
- Entre
5.000 e 20.000 euros: 55%.
- Entre 20.001
e 30.000 euros: 50%
- Entre 30.001
e 60.000 euros: 45%
- Incremento
do 10% no caso de remuda xeracional.
Prazo e lugar presentación solicitudes: iniciase o día 21 de maio 2025 e finaliza o 30 de xuño de 2025 ou ata o esgotamento do crédito. A presentación debe ser obrigatoriamente por medios electrónicos e a orde de resolución é por orde de entrada con expediente completo.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando nos seguintes enlaces: https://empregovicedo.blogspot.com/, https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250513/AnuncioG0767-290425-0001_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario