jueves, 12 de noviembre de 2026

Xornada en Ortigueira sobre "Máis alá dos parques eólicos: Comunidades e territorio"

 

Os procesos de negociación vinculados ao repotenciamento dos parques eólicos abren novas posibilidades, pero tamén suscitan interrogantes e desafíos para os territorios afectados. Como conectar estes procesos coas necesidades e iniciativas locais? Que oportunidades poden xurdir para as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), as asociacións veciñais, persoas propietarias e grupos interesados.

Esta xornada pretende tender pontes entre os procesos de repotenciamento eólico e o desenvolvemento de iniciativas enerxéticas de base comunitaria, poñendo en común experiencias prácticas, resolvendo dúbidas e abrindo un espazo de debate para compartir propostas e identificar posibles vías de colaboración desde o propio territorio.

Pinha no seguinte enlace para inscribirte: https://www.redenerxia.gal/axenda/xornada-m%C3%A1is-al%C3%A1-dos-parques-e%C3%B3licos-comunidades-e-territorio

miércoles, 11 de noviembre de 2026

OBRADOIRO: SOSTENIBILIDADE APLICADA AO SISTEMA PRODUTIVO NO SECTOR PESQUEIRO

 

ES·MAR, organiza un Taller formativo “Sostenibilidade aplicada ao sistema produtivo no sector pesqueiro”, dirixido a tripulantes e futuros tripulantes de buques pesqueiros, empresas armadoras, cofradías de pescadores e personal de lonxas pesqueiras e portos.
Detalles do taller:
📅 Data: [13 de novembro]
🕛 Hora: [12:00 h]
📍 Modalidade: [Online, a través de Zoom]
  Inscríbete ahora facendo clic aquí:

martes, 10 de noviembre de 2026

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun auxiliar administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Reforzo do emprego 2026"

Publicouse no día de hoxe 10/11/2026 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 11 e 12 de novembro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 23 de novembro de 2026, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.4 ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

domingo, 1 de noviembre de 2026

Publicación no BOP das bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2026"

No BOP de Lugo do sábdo día 31/10/2025 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 5 días hábiles a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde hoxe día 2 ata o día 6 de novembro de 2026.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 30 de octubre de 2026

Encontros informativos do GALP A Mariña-Ortegal proximamente en Viveiro

 🌊 Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos outros? Gustaríache emprender no sector da transformación do produto pesqueiro?

⚓️ O GALP A Mariña-Ortegal convídate a participar nos encontros informativos de Feito co Mar, un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro. 

💡 Estamos a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027. Nestes encontros informativos poderás:

📌 Coñecer a programación detallada e datas dos Viveiros Formativos.

📌 Saber en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.

📌 Aclarar dúbidas, compartir ideas e reservar a túa praza.


Calendario de encontros:

📅 VIVEIRO | Mércores 4 de novembro | 12:00 h 

Salón de Plenos do Concello (Praza Maior, 1)

📅 VIVEIRO | Mércores 4 de novembro | 17:00 h 

Salón de Plenos do Concello (Praza Maior, 1)

📅 CEDEIRA | Xoves 5 de novembro | 17:00 h 

Auditorio de Cedeira (Rúa Convento, s/n)

📅 FOZ | Xoves 12 de novembro | 10:40 h 

IES de Foz (Rúa Castelao, s/n)


ℹ️ Máis información e contacto: i.gal/feitocomar 

Correo: info@feitocomar.gal 

Teléfono: 627 570 950



jueves, 29 de octubre de 2026

Obradoiros formativos

 

ES·MAR convoca os seguintes obradoiros para o mes de Novembro, dirixidos a profesionais do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, así como ao sector transformador e comercializador.

Podes inscribirte a través da web: https://rede-esmar.gal/es/

martes, 27 de octubre de 2026

Apertura prazo descarga bonos comercio segunda edición 2026

O programa dos bonos Activa Comercio ten como obxectivo incentivar a demanda comercial axudando economicamente ás persoas consumidoras e fomentando o consumo nos establecementos retallistas adheridos á campaña.

Cada bono terá un desconto de 30 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos. A partir do mércores 28 de outubro (desde as 9.00 horas) as persoas consumidoras poderán descargar eses bonos desde a web www.bonosactivacomercio.gal e empregalos nos establecementos mediante o seu formato dixital QR.

O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalles un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261027/AnuncioG0767-081026-0005_gl.html