miércoles 1 de febrero de 2012

ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS DE O VICEDO

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS DE O VICEDO fundanda recentemente, comenza a súa actividade con 35 socios/-as e dúas iniciativas para este mes de febreiro:


1º) SORTEO DUNHA CESTA DE ENTROIDO. Todos os socios/-as entregarán os seus clientes papeletas para o sorteo de dita cesta, coincidindo co sorteo da lotería nacional do vindeiro 18/02/2012.


2º) XORNADAS GASTRONÓMICAS DO ENTROIDO NA HOSTELERÍA. Os días 18 e 19 de febreiro, os establecentos hosteleros adheridos á asociación ofrecerán os seus clientes unha ración de cocido por dous euros e postres típicos de carnaval gratis. Os locais participantes son: Hostal Don Manuel, Café-Bar San Esteban, Café-bar Santo Domingo, Cafetería Plaza, Mesón O Remo, Restaurante Os Cruces e “A Bodeguita” en Vicedo e Restaurante “Areagrande” na praia de San Román.

martes 31 de enero de 2012

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO


Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral mediante concurso-oposición dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial (35,5 horas/semana).


Deben cumprirse os seugintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.

-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)

- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.

- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.

O prazo de solicitude remata o día 08 de febreiro ás 9:30 horas, e a selección é ese mismo día ás 10:00 horas

AXUDAS DO IGAPE A PROXECTOS DE INVESTIMENTOS EMPRESARIAIS

APOIOS ESPECÍFICOS: para os proxectos que se desenvolven na provincia de Lugo, onde a inversión mínima requerida é de 200.000 euros por proxecto.

Para máis información: http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=IGAP195

martes 24 de enero de 2012

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Persoas beneficiarias:
1.- As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que:
• Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal.
• Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
• Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
* Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores.
2.- As persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida serán os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais, que realicen esta contratación durante o primeiro ano de actividade, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de axuda:
• Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia (subvención a fondo perdido que esixe unha inversión mínima de 3.000 euros)
. Subvención financeira.
• Subvención para asistencia técnica.
• Subvención para formación.
• Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade (subvención a fondo perdido para gastos correntes)
• Subvención pola primeira contratación indefinida.

Prazo de solicitudes:
O prazo xeral para a presentación de solicitudes das distintas axudas deste programa será de un mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional ou desde realizada a contratación indefinida. En todo caso, este prazo finalizará o 30 de setembro de 2012, aínda que non transcorreran dous meses desde a dita alta (art. 11º.2).
As actuacións realizadas entre o 1 de outbro do 2011 e o 20 de xaneiro do 2012, poderán acollerse a esta axuda e o prazo de solicitude remata o 30 de marzo de 2012.

Máis información e solicitudes: oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes 17 de enero de 2012

INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGAS)

No DOG do día de hoxe publicase a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega CELGA 1, 2, 3 e 4, no ano 2012.

O prazo de inscrición queda aberto desde mañá día 18/01/2012 ata o 03/04/2012, e as probas realizaranse os días:
- Celga 4: 2 de xuño de 2012.
- Celga 2: 3 de xuño de 2012.
- Celga 3: 9 de xuño de 2012.
- Celga 1: 10 de xuño de 2012.

Máis información:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120117/AnuncioC3F1-100112-10863_gl.pdf

Si necesitas axuda coa solicitude, dirixirse a oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa de Cultura de O Vicedo

lunes 16 de enero de 2012

CONVOCATORIA PARA DETERMINADOS TIPOS DE CARNÉS PROFESIONAIS

A Consellería de Educación e Industria abre o prazo, ata o día 27 de xaneiro, para inscribirse nas probas para a obtención de distintos carnés profesionais:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120116/AnuncioC3F1-110112-10864_gl.pdf

viernes 13 de enero de 2012

CURSOS PREPARATORIOS CELGAS

Política lingüística acaba de convocar distintos cursos preparatorios dos CELGAS (Certificados de acreditación de coñecemento da lingua galega)




A parte dos que aparecen no anexo que son de programación directa, están os que organizan distintos colectivos. Polo tanto, si estás interesado podes preguntar en organismos que suelen organizar estos cursos como por exemplo: FOREM Cervo, no IES María Sarmiento de Viveiro, etc.


O prazo de solicitude remata o 30/01/2012.


As probas para a obtención do título son no mes de xuño.