viernes, 29 de julio de 2011

SUBVENCIONES A EMPRESAS


Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (códigos de procedemento IN841A, IN841B e IN841C).

Obxecto: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, incluídas nos anexos indicados neste artigo, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para as seguintes finalidades, códigos de procedemento e anexos das bases:
– Apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas. IN841A. Anexo I.
– Apoio á preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais. IN841B. Anexo II.
– Apoio ao financiamento de proxectos individuais e os colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT). IN841C. Anexo III.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, onde desenvolverán os proxectos para os cales se solicita a axuda. Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 29 de agosto

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (código de procedemento IN848A).

Obxecto: As subvencións recollidas nestas bases teñen por obxecto incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas, e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos, e a transferencia de tecnoloxía entre organización densas en coñecemento e orientadas á innovación.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 29 de agosto

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral mediante concurso-oposición dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada completa.

Deben cumprirse os seugintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Declaración xurada do aspirante de non ter traballado neste Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores á data de aprobación destas bases.
- Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.

Estes requisitos deberán acreditarse antes da celebración da proba.


O prazo de solicitude remata o día 9 de agosto ás 9:30 horas, e a selección é ese mismo día ás 10:00 horas

jueves, 28 de julio de 2011

CURSO DE FORMACIÓN

O Concello de O Vicedo ten en marcha un curso do plan AFD de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, subvencionado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar.


O curso ten unha duración de 468 horas, e impartese de luns a venres, de 16:15 a 21:15.


É un curso de certificado de profesionalidade de nivel 2, e polo tanto para poder acceder os/-as alumnos/-as requíreselle unhas titulacións mínimas (graduado ESO, técnico auxiliar….) e acreditación de coñecemento de galego (mínimo CELGA 2).

Quedan 5 prazas libres, polo que se poderían dar novas altas ata o 16 de agosto.


Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local chamando o 982590195