jueves, 12 de marzo de 2020

Convocadas probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis CELGA 1,2,3 e 4


RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C)
PRAZO: Presentación de solicitudes do 13 de marzo ata o 3 de abril de 2020

jueves, 5 de marzo de 2020

Oferta de emprego limpador/-a a xornada parcial

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada parcial (70%), por un período de 6 meses.


O prazo de inscrición iniciase mañá día 6 de marzo e remata o próximo día 16 de marzo de 2020, realizándose o proceso de selección o día 18 de marzo partir das 10:30 horas na casa do concello.


Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

Oferta de emprego para a selección dunha auxiliar de axuda no fogar para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (para cubrir vacacións), con data prevista de inicio o 7 de abril de 2020

O prazo de inscrición iniciase o día 6 de marzo e remata o próximo día 16 de marzo de 2020, realizándose o proceso de selección o día 18 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

miércoles, 4 de marzo de 2020

Aberto prazo de inscrición dalgunhas listas de emprego temporal da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia abreu o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de abril de 2020.
Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos en escolas infantís, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou en institutos politécnicos.
O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 32. Delas, 18 listas son para traballar como funcionario interino e outras 14 para traballar como contratado laboral. 
Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse nestas listas de emprego temporal poderán realizar a inscrición a través da web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado ‘Listas de Contratación’. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é preciso que se anoten de novo.
O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto. A orde na que figurarán as persoas inscritas dependerá dos méritos que reúnan, de acordo cun baremo que figura na convocatoria.
Entre as listas abertas están as de veterinarios, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, titulado/a superior médico/a, enfermeiro/a, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, educador/a ou xefe/a de cociña.
Ao mesmo tempo, o DOG tamén publicou o venres 28/02/2020 a actualización provisional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego da Administración galega. Desde o día 29 de febreiro ábrese o prazo de dez días hábiles para que os interesados poidan presentar reclamacións e achegar a documentación xustificativa.


Bases selección dun funcionario de carreira, para acceder a praza de operario de servizos múltiples

No BOP de Lugo de 2 de marzo de 2020, publicáronse as bases da convocatoria do proceso de selección dun funcionario de carreira, mediante concurso-oposición, para acceder a unha praza vacante de operario de servizos múltiples do concello do Vicedo, poden consultalas no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (Apartado taboleiro de anuncios)

O prazo de solicitude aínda non está aberto, e será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).


Lista definitiva para a selección de dous peóns de mantemento de zonas naturais. Programa "Fomento do emprego 2019" da Excma. Deputación Provincial de Lugo

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, poden verse as resolucións da alcaldía pola que se aproban a lista de admitidos e excluidos definitiva para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAISa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo: 
Recordamoslles que as probas de selección para tódolos postos realizarase o próximo día 11 de marzo de 2020, na casa do concello, sita na r/Travesía da Mariña, 57: os dous peóns de mantemento de zonas naturais ás 10:00 horas e o peón de servizos múltiples ás 12:00 horas

lunes, 2 de marzo de 2020

Apertura do prazo de presentación de instancias para a selección dun/dunha AXENTE TIC, para a aula CEMIT

No BOP de Lugo de hoxe día 02/03/2020 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TICa xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal, para a aula CEMIT

Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da dita publicación, comenza mañá día 03/03/2020 e ata o día 12/03/2020 (ambos inclusive).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (A parte dos anexos, tamén están publicadas as bases de selección na sede electrónica, no apartado de taboleiro de anuncios, debes de pinchar o símbolo + que hai na parte dereita).