jueves, 10 de octubre de 2019

OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR III

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro dual de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor III", subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O número de alumnos/-as participantes é de 20, correspondendo 10 a este concello e distribuidos do seguinte xeito:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 4 persoas.
- Traballos de carpintería e moble: 6 persoas.

Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección, as cales contamos que a próxima semana estarán expostas na sede electrónica do concello de O Vicedo, taboleiro de edictos, etc. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente...

Os interesados deben pasar pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros duais de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.

Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.

lunes, 7 de octubre de 2019

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR. XORNADA PARCIAL 30 HORAS/SEMANA

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (30 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 4 de novembro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 08 de outubro e remata o 17 de outubro de 2019. A selección realizarase o día 18 de outubro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA DE EMPREGO OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 28 de outubro, e cunha duración de seis meses.

O prazo de inscrición queda aberto desde o próximo día 08 de de outubro e ata o 17 de outubro de 2019. A selección realizarase o día 18 de outubro de 2019, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 3 de octubre de 2019

APERTURA LISTAS SEAGA


O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos candidatos, que estará aberto durante o mes de outubro, e para as seguintes categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga):



  • Enxeñeiros (Montes, Agrónomos, Forestais, Agrícolas, Camiños e Obras Públicas) Arquitectos e Arquitectos Técnicos.
  • Licenciados (Dereito, Económicas, Bioloxía e Ciencias do Mar) Administrativos e Auxiliares.
  • Capataces, Xefes de Brigada, Maquinistas, Técnicos de Laboratorio, Peóns Especialistas e Peóns.


A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre; Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

martes, 1 de octubre de 2019

Oferta emprego Auxiliar de axuda no fogar. Xornada parcial: 34 horas/semana

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 22 de  outubro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 02 de outubro de 2019 e remata o 11 de outubro de 2019. A selección realizarase o día 14 de outubro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta emprego administrativo. Programa "Fomento do emprego 2019", subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

No BOP de Lugo de hoxe día 01/10/2019 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.


O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 2 de outubro de 2019 ata o día 11 de outubro de 2019.


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bophttps://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0