jueves, 30 de julio de 2009

OFERTA DE EMPREGO

ESTETICISTA para Viveiro. Nº oferta: 971923. Realizará tratamentos estéticos, recepción e asesoramento aos clientes dun centro de beleza. Máis información chamando a Telemprego ó 902116039.

miércoles, 29 de julio de 2009

AXUDAS DO PROGRAMA LEADER 2007-2013

Está aberto o prazo de presentación das axudas do programa Leader Galiza 2007-2013 que subvencionará proxectos produtivos e non produtivos en relación coas seguintes medidas:
1.- Dinamización do sector agrario e forestal.
2.- Mellora medioambiental e do contorno rural.
3.- Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.
Estas axudas poden ser de interese tanto para novos empresarios como empresarios en activo.

A xestión destas axudas corresponde á Asociación de Desenvolvemento da Comarca de A Mariña (GDR-1) con sede en Mondoñedo, pero si necesitan máis información ou os modelos de solicitude poden dirixirse en primeira instancia á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, Dña. Manuela Domínguez, con oficina sita na Casa da Cultura.

SUBVENCIÓNS PARA AUTÓNOMOS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

¿Quen pode pedir esta subvención? Traballadores por conta propia de Galicia, dados de alta no Réxime especial de traballadores autónomos, excepto, os comerciantes minoristas que xa teñen axudas específicas.

¿Que se subvenciona? A compra de equipos informáticos: de sobremesa ou portátiles e a adquisición de software libre.

¿Cuantía da axuda? 45% do investimento, máximo 350 euros.

¿Tramitación das subvencións? Hai unha serie de tiendas informáticas que estableceron un convenio coa Consellería, entonces tanto a compra como a solicitude de subvención debe de realizarse en algunha das que aparece no listado da páxina web: http://www.conselleriaiei.org/ga/dxpisi/

Prazo de solicitude: durante o ano 2009 pero ata que se agote o crédito.

lunes, 6 de julio de 2009

CHARLA INFORMATIVA

O próximo venres 10 de xullo do 2009, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Vicedo, haberá unha charla infomativa sobre o Programa Leader, programa europeo que subvenciona proxectos empresariais.
Persoal do Grupo de Desenvolvemento rural de A Mariña falará sobre o tipo de proxectos que se subvenciona, requisitos, cuantías, etc.