viernes, 29 de octubre de 2010

SUBVENCIÓNS A EMPRESAS E EMPRENDEDORES CON PRAZO ABERTO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Ø AUTOEMPREGO

o Iniciativas de emprego: ILES-IER. Procedemento de cualificación e inscrición rexistral.
Prazo de presentación: Indefinido.
DOG Nº 18, do 27 de xaneiro do 2000.

Ø APOIO A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS

o Programa de apoio ás traballadoras e traballadores afectados por expedientes de suspensión de contratos do sector téxtil e da confección.
Prazo de presentación: A data límite será, en todo caso, o 1 de novembro de 2010.
DOG Nº 147, do 3 de agosto do 2010.

o Subvencións para os/as traballadores/as excedentes do sector téxtil e da confección.
Prazo de presentación: Tres meses contados desde o día seguinte da publicación da orde no DOG.
DOG Nº 149, do 5 de agosto do 2010.

Ø PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

o Subvencións para a contratación, por órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, de traballadores para a realización de obras e servizos de interese xeral e social.
Prazo de presentación: Finalizará o 22 de abril, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro do 2010.
DOG Nº 54, do 22 de marzo do 2010.

o Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais.
Prazo de presentación: Finalizará o 3 de abril, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro do 2010.
DOG Nº 40, do 1 de marzo do 2010.


INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL

Ø LIÑAS DE FINANCIACIÓN

o Liña ICO – Inversión Nacional 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.

o Liña ICO – Inversión Internacional 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.

o Liña ICO - Liquidez 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.

o Liña ICO – Economía sostible 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Ø IMPULSA LUGO. Plan de axudas para proxectos empresariais.
DOG Nº 231, do 25 de novembro de 2009.

Ø LIÑAS DE FINANCIAMENTO

o Liña Microempresas 2009.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 (Bases reguladoras).
DOG Nº 128, do 7 de xullo de 2010 (Modificación prazo solicitudes).

o Liña PEME Xove 2009.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 (Bases reguladoras).
DOG Nº 128, do 7 de xullo de 2010 (Modificación prazo solicitudes).

o Liña PEME Competitiva 2009.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 (Bases reguladoras).
DOG Nº 128, do 7 de xullo de 2010 (Modificación prazo solicitudes).

Ø SUBVENCIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA

o RE-EMPRENDE 2010 - Proxectos de creación de empresas ou investimentos en empresas novas promovidas por novos emprendedores.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de novembro de 2011.
DOG Nº 65, do 8 de abril de 2010.

Ø PRÉSTAMOS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA

o RE-SOLVE+: Apoio ó circulante.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 182, do 21 de setembro de 2010.

o RE-SOLVE+: Refinanciamento de pasivos.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 182, do 21 de setembro de 2010.

jueves, 28 de octubre de 2010

OFERTAS DE EMPREGO

-ADER recursos humanos necesita TÉCNICO DE MANTEMENTO para planta acuícola (eléctrico, mecánico, neumática) na Mariña de Lugo. Requírese formación profesional de grado medio e experiencia mínima de 2 anos.
Máis información e inscricións en: http://www.infojobs.net
- Nortehispana de seguros selecciona 3 ASESORES COMERCIAIS para Burela, Ribadeo e A Mariña. Non é necesaria experiencia e a titulación mínima requerida é ESO.
Máis información e inscricións en: http://www.infojobs.net
- Mª Dolores Pernas Fernández selecciona para San Ciprián licenciado en ODONTOLOXÍA con un ano de experiencia para xerencia e desenvolvemento de clínica dental.
Máis información e inscricións en: http://www.infojobs.net
- ADER recursos humanos selecciona AUXILIAR DE ACUICULTURA para traballar na planta cubrindo un permiso temporal. Realizará tareas relacionadas con limpeza de piscinas, clasificación de peixes, etc. Estudios mínimos de ESO. Non necesaria experiencia.
Máis información e inscricións en: http://www.infojobs.net

viernes, 22 de octubre de 2010

BECAS INTERNACIONALES

A Deputación de Ourense convoca un programa de becas para a realización de prácticas en empresas da Unión Europea. Máis información na páxina web: http://becasinternacionales.depourense.es
Tlf.: 988385173.

miércoles, 20 de octubre de 2010

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso de méritos, dun educador infantil, a xornada completa, para o punto de atención á infancia. O prazo de inscrición finaliza ás 13:00 horas do próximo día 26 de outubro.
Os requisitos para os candidatos son:
- Ser español ou cidadán da Unión Europea
- Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil
- Ter coñecementos de primeiros auxilios.
- Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
- Estar vacinado contra a rubéola.
- Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.
- Non haber traballado para o concello de O Vicedo, máis de 18 meses nos 30 últimos.

lunes, 18 de octubre de 2010

OFERTA EMPREGO

ADMINISTRATIVO/A para Viveiro. Para a empresa EUROFIRMS. Requírese FP grado superior en administración e experiencia mínima de 3 anos.
Más información e inscricións en: http://www.infojobs.net

miércoles, 13 de octubre de 2010

APERTURA DE PRAZO PARA INSCRICIÓN NAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DE SEAGA

Ata o próximo día 30 de outubro está aberto o prazo para actualización de méritos e novas inscricións nas listas de contratación da empresa pública SEAGA, que actualmente contrata o persoal para as brigadas de extición de incendios. Os requisitos varían según as categorías e a documentación a presentar sería:
- Fotocopia cotexada do DNI
- Fotocopia cotexada do título esixido para cada categoría.
- Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario da prestación de servizos para a empresa SEAGA.
- Certificado médico (un por categoría).
- Fotocopia cotexada do carné de conducir si é o caso.
- Documentación acreditativa dos méritos.
- Fotocopia cotexada da acreditación do coñecemento da lingua galega.
- Vida laboral actualizada.
- Certificado de empadroamento.
- Si é o caso, copia cotexada da acreditación da minusvalía.
Para máis información e inscricións: axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na casa de cultura. Ou a través da páxina web da empresa seaga: http://www.epseaga.com

viernes, 8 de octubre de 2010

AMPLIACIÓN PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS QUE VAI ORGANIZAR A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Ámpliase ata o día 15 de outubro o prazo de inscrición nos cursos para desempregados que vai organizar o Pacto territorial polo emprego na provincia de Lugo.

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal dunha auxiliar de axuda a domicilio e dun operario de servizos múltiples. O prazo de presentación de instancias remata o próximo día 13, ás 10:00 horas.
Para máis información e presentación de instancias, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez.

miércoles, 6 de octubre de 2010

AXUDAS A TITULARES DE AUTORIZACIÓNS DE TRANSPORTE DA SERIE VT-N (TAXISTAS)

¿QUE SE SUBVENCIONA?

1. Sistemas GPS debidamente instalado no taxi e homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 de Galicia.
2. Taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas compatible cun sistema GPS que debe estar homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 (para poder solicitar esta vía ten que dipoñer sistema GPS ou solicitar para instalalo)
3. Sistema de control e localización vía satélite (para poder solicitar esta vía ten que solicitar as dúas anteriores ou dispoñer previamente deses equipos).

¿CUANTÍA DA SUBVENCIÓN? Ata o 50% por cada unha das vías subvencionables, máximo:
- Sistema GPS homologado: 500 Euros.
- Taxímetro con impresora e TPV: 500 Euros.
- Sistema de control de frotas: 500 Euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: remata o 5 de novembro do 2010

martes, 5 de octubre de 2010

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso de méritos, dun educador infantil, a xornada completa, para o punto de atención á infancia. O prazo de inscrición finaliza ás 10:00 horas do próximo día 8 de outubro.
Os requisitos para os candidatos son:
- Ser español ou cidadán da Unión Europea
- Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil
- Ter coñecementos de primeiros auxilios.
- Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
- Estar vacinado contra a rubéola.
- Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.
- Non haber traballado para o concello de O Vicedo, máis de 18 meses nos 30 últimos.