viernes, 28 de julio de 2017

LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS EDUCADORES INFANTÍS. CURSO ESCOLAR 2017/2017

No seguinte enlace pode consultarse a lista definitiva de admitidos e excluidos no proceso de selección de dous educadores infantís.

 A proba realizarase o próximo 04 de agosto, ás 10:00 h, na Casa da Cultura. R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo

Pincha aquí:

http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público)

OBRADOIRO DE EMPREGO

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor". O número de alumnos/-as participantes é de 20, correspondendo 10 a este concello e distribuidos do seguinte xeito:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 4 persoas.
- Traballos de carpintería e moble: 6 persoas.

Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente.

Os interesados deben pasar pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.

Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.

jueves, 20 de julio de 2017

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS EDUCADORES INFANTÍS PARA O PAI (CURSO ESCOLAR 2017/2018)

Está exposta desde o día de hoxe, 20 de xullo de 2017, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de O Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluídos provisional para a contratación laboral temporal de dous EDUCADORES INFANTÍS,  para o Punto de atención a infancia.

As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que o presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantala toda a documentación por fax  ou correo electrónico dentro do plazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.

O prazo para subsanar erros é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos), polo tanto serán os días 21 e 24 de xullo.

Para consultar a lista pinche aquí:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es (Apartado de emprego público)

viernes, 14 de julio de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR@, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 09 de agosto de 2017 ata o 08 de setembro de 2017, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 24 de xullo, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección o día 27 de xullo, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. Pode consultar as bases e descargar os anexos para inscribirse no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 6 de julio de 2017

PROGRAMA DE PRÉSTAMOS CUALIFICADOS PARA A REHABILITACIÓN DO IGVS


As axudas para as actuacións de rehabilitación poderán consistir en:
  • Préstamos cualificados concedidos polas entidades de crédito no ámbito dos convenios asinados co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). A contía máxima dos préstamos será de 30.000€ ou 60.000€, segundo a garantía sexa persoal ou hipotecaria, respectivamente. En todo caso, o importe do préstamo non poderá ser superior ao custe das obras.
  • Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros dos préstamos cualificados, de modo que o IGVS subsidiaría os xuros, por tramos de ingresos, ata un máximo de 4 anos.
Obras de rehabilitación financiables
  • Obras de adecuación estrutural e construtiva, de adecuación das condicións de habitabilidade do edificio ou da vivenda e de mellora de eficiencia enerxética.
  • Obras de adecuación dos edificios ou das vivendas e os seus accesos á normativa vixente sobre accesibilidade.
  • Obras de adecuación do acabado xeral do edificio e das vivendas aos principios da boa construción.
  • Obras de remate en edificacións cuxos paramentos de fachada ou cubertas, non se remataron no momento da construción do edificio (neste suposto deberá xustificarse que a vivenda ten una antigüidade mínima de 10 anos e que foi habitada durante un mínimo de 5 anos).

 Procedemento

  • Para acceder aos préstamos do programa, as persoas promotoras das actuacións de rehabilitación, deberán ter previamente una resolución emitida polo IGVS.
  • Xunto coa resolución de acceso ao préstamo cualificado, as persoas promotoras presentarán ante a entidade a documentación que esta considere necesaria, especialmente en canto ao establecemento das garantías.
  • A aprobación e formalización dos préstamos poderá realizarse desde a resolución emitida polo IGVS ata a data de certificación de finalización de obra.
  • As entidades deberán notificar ao IGVS a data de formalización dos préstamos, así como a contía e data das disposicións ata o seu total desembolso.

 Características dos préstamos

 Os préstamos convidos terán as seguintes características mínimas:
  • Contía do crédito: O menor dos seguintes importes:
    • Custe total da obra co límite do orzamento protexible
    • 30.000 ? (préstamos persoais) o 60.000 ? (hipotecarios)
  • Prazo de amortización: Entre 6 meses e 15 anos.
  • Garantías: garantía hipotecaria ou garantía persoal.
  • Período de carencia: Poderá establecerse un período de carencia inicial do capital ata 2 anos.
  • No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, os préstamos calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
  • Sen comisións
 Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/867

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON LOUSA. CONVOCATORIA 2017.



INICIO PRAZO DE SOLICITUDE: 07 de xullo de 2017
FIN PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o  06 de outubro de 2017, ou ata o esgotamento dos fondos.
FORMA DE PRESENTACIÓN: Pasos a seguir:
1.- Cubrir formulario na seguinte páxina web: https//appsdxem.xunta.gal/renovelousa, para a reserva de fondos.
2.- Unha vez que a solicitude apareza como “Reservada”, hai un prazo de cinco días hábiles para a súa presentación xunto con toda a documentación (pode presentarse en papel excepto as comunidades de propietarios que terían que facelo electronicamente).
OBXECTO
-          Renovación de cubertas con lousa en vivendas unifamiliares e edificios de vivendas, así como as edificacións anexas, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética co conseguinte aforro en términos económicos. Non se admiten renovacións parciais.
A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”.
GASTOS SUBVENCIONABLES: Deberán estar realizados, e efectivamente pagados (con xustificante bancario de pago), a máis tardar o 1 de decembro de 2017.

Considéranse subvencionables os gastos de renovación de cubertas tales como: custo de materiais das novas cubertas, custos de desmontaxe, custo de montaxe, custo do proxecto, custo das licencias, etc. IVA incluido cando non sexa recuperable. Non se subvenciona os gastos realizados en bens usados, a carpintería exterior e os gastos financeiros.

CUANTÍA  DAS AXUDAS: o coste máximo subvencionable será como máximo de 70 euros por metro cadrado. E a cuantía máxima da subención será do 40% (IVE incluido si é subvencionable).

BENEFICIARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade. O obxecto da subvención non se destinará a ningunha actividade empresarial ou profesional.

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html



AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA. CONVOCATORIA 2017.




INICIO PRAZO DE SOLICITUDE: 07 de xullo de 2017
FIN PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o  06 de outubro de 2017, ou ata o esgotamento dos fondos.
FORMA DE PRESENTACIÓN: Pasos a seguir:
1.- Cubrir formulario na seguinte páxina web: https//appsdxem.xunta.gal/renovelousa, para a reserva de fondos.
2.- Unha vez que a solicitude apareza como “Reservada”, hai un prazo de cinco días hábiles para a súa presentación xunto con toda a documentación (pode presentarse en papel excepto as comunidades de propietarios que terían que facelo electronicamente).
OBXECTO
-         Renovación de cubertas con tella cerámica en vivendas unifamiliares, edificios de vivendas e nas  edificacións anexas as mesmas, coco fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética co conseguinte aforro en términos económicos.
A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”.
GASTOS SUBVENCIONABLES: Deberán estar realizados, e efectivamente pagados (con xustificante bancario de pago), a máis tardar o 1 de decembro de 2017.

Considéranse subvencionables os gastos de renovación de cubertas tales como: custo de materiais das novas cubertas, custos de desmontaxe, custo de montaxe, custo do proxecto, custo das licencias, etc. IVA incluido cando non sexa recuperable. Non se subvenciona os gastos realizados en bens usados, a carpintería exterior e os gastos financeiros.

CUANTÍA  DAS AXUDAS: o coste máximo subvencionable será como máximo de 55 euros por metro cadrado. E a cuantía máxima da subención será do 30% (IVE incluido si é subvencionable).

BENEFICIARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios sempre que as actuacións se realicen en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade. O obxecto da subvención non se destinará a ningunha actividade empresarial ou profesional.

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PARA A RENOVACIÓN DE FACHADAS CON GRANITO DE VIVENDAS EXISTENTES. CONVOCATORIA 2017.



INICIO PRAZO DE SOLICITUDE: 07 de xullo de 2017
FIN PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o  06 de outubro de 2017, ou ata o esgotamento dos fondos.
FORMA DE PRESENTACIÓN: Pasos a seguir:
1.- Cubrir formulario na seguinte páxina web: https//appsdxem.xunta.gal/renovelousa, para a reserva de fondos.
2.- Unha vez que a solicitude apareza como “Reservada”, hai un prazo de cinco días hábiles para a súa presentación xunto con toda a documentación (pode presentarse en papel excepto as comunidades de propietarios que terían que facelo electronicamente).
OBXECTO
-      Rehabilitación de fachadas de edificacións xa existentes con granito. As fachadas ou envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, transventiladas ou fachadas de perpiaño.
A rehabilitación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento “DB HE-1 Limitación da demanda enerxética”. A solución construtiva elexida ten que cumprir as especificacións da Norma UNE 22203.

GASTOS SUBVENCIONABLES: Deberán estar realizados, e efectivamente pagados (con xustificante bancario de pago), a máis tardar o 1 de decembro de 2017.

CUANTÍA  DAS AXUDAS: o coste máximo subvencionable será como máximo de 110 euros por metro cadrado no caso de fachadas  pegadas de granito, 140 euros no caso de fachadas trasventiladas de granito e 130 euros no caso de fachadas de perpiaño de granito. E a cuantía será do 30% (IVE incluido si é subvencionable), cun máximo de 12.000 euros por vivenda unifamiliar illada e 40.000 euros por edificio de vivendas en bloque .

BENEFICIARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios.

Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchar no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2017/20170706/Secciones2_gl.html

martes, 4 de julio de 2017

OFERTA EMPREGO 2 EDUCADORES INFANTÍS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS EDUCADORES INFANTÍS, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2017/2018, desde o próximo día 11 de setembro de 2017 ata o día anterior o inicio do novo curso escolar 2018/2019.
Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico ou grao superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 11 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato.Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.
6º)Dispoñer do certificado de formación en manipulación de alimentos
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
8º) Dispor de certificado negativo do rexistro central de delincuentes sexuales.

 Estes requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e a persoa seleccionada deberá presentar certificado médico ou certificado de aptitude conforme esta apta para o posto de traballo de educador infantil, antes da dación de alta.


O prazo de presentación de solicitudes comenza mañá día 5 de xullo e remata o próximo día 14 de xullo de 2017.
 
O lugar de presentación será no rexistro de entrada do Concello do Vicedo, ou mediante as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
 
As persoas que presenten a solicitude por outras formas diferentes ó rexistro de entrada do Concello do Vicedo, deberán adelantar por fax o 982590001, dentro do plazo estipulado, copia da solicitude correctamente datada e selada.

Poder consultar as bases  e conseguir a instancia de solicitude e a declaración que acompaña a documentación, pinchando no seguinte: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0