Non habéndose presentado ningún candidato/-a no prazo estipulado, acórdase prorrogar as bases e ampliar o prazo de inscrición ós días 31 de xullo e 1 de agosto de 2023.
lunes, 31 de julio de 2023
Ampliación prazo solicitude oferta de emprego: peón recollida de lixo para cubrir vacacións.
viernes, 28 de julio de 2023
Oferta de empleo para participar en un rodaje los días 3, 4 y 5 de agosto
Productora necesita personal para los días 3, 4 y 5 de Agosto.
Jueves 3 agosto
2 peones: 17:00 a 21:00. La hora está pendiente de confirmar.
Viernes 4 de agosto
4 peones: 7:30 a 19:30.
Sábado 5 de agosto
4 peones: 7:30 a 20:30.
PEONES PRODUCCIÓN: Es para cortes de trafico durante el rodaje, consiste en que los situan en diferentes cortes de calles con un pinganillo o walkie talkie y los van avisando cuando empiezan a rodar para que en ese momento si pasa alguien le pidan que paren y cuando dejen de rodar la escena que se reanude todo de nuevo.
Viernes 4 de agosto
2 peones: 8:00 a 20:00 con coche.
Sábado 5 de agosto
2 peones: 8:00 a 20:00 con coche.
CONTROL DE ESPACIOS: Consiste en que la productora tendrá unas zonas reservadas en esas ubicaciones y necesitan tener personal allí para que estar controlando que la no se aparque en esas zonas reservadas.
Jueves 3 de agosto
1 persona en Base Camp: 19:00 a 08:00 del viernes.
1 persona en Playa: 19:00 a 8:00 del viernes.
Viernes 4 de agosto
1 persona en Base Camp: 21:00 a 08:00 del sábado.
1 persona en Playa: 19:30 a 08:00 del sábado.
Sábado 5 de agosto
1 persona en Base Camp: 21:00 a 08:00 del domingo.
miércoles, 26 de julio de 2023
Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición comenza o día 27 de xullo de 2023 e remata o día 03 de agosto de 2023. As probas de selección realizaranse o día 4 de agosto de 2023, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición comenza o día 27 de xullo de 2023 e remata o día 03 de agosto de 2023. As probas de selección realizaranse o día 4 de agosto de 2023, ás 10:15 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
lunes, 24 de julio de 2023
Resolucións formalización contratos de traballo, como persoal laboral fixo, para distintas prazas de auxiliar de axuda a domicilio, convocadas tanto polo sistema de concurso como concurso-oposición, dentro dos procesos de estabilización
Publicadas no BOP de Lugo de hoxe día 24 de xullo de 2023, as resolucións para a formalización de contrato de traballo, como persoal laboral fixo, de tódalas prazas de auxiliar de axuda a domicilio, convocadas tanto polo sistema de concurso como polo de concurso-oposición nos procesos de estabilización do emprego temporal do Concello do Vicedo para o ano 2022. Pode consultarse: no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 , https://www.deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop
jueves, 20 de julio de 2023
BONOS TALENTO EMPRESA (DOG20/07/2023)
ORDE do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das
axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de
curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola
Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa
convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR302D).
·PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva.
·OBXETO:formación non formal mediante a
realización de proxectos formativos de curta duración que teñan como obxectivo
mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento
profesional dos seus cadros de persoal.
As accións
formativas estarán orientadas á adquisición de competencias comprendidas entre
os ámbitos de capacitación prioritarios:
a) As competencias
dixitais, desde a dixitalización básica ata a adquisición de competencias e
coñecementos técnicos avanzados, a adquisición de coñecementos de tecnoloxías
innovadoras ou disruptivas, etc.
b) As competencias
das persoas traballadoras en procesos industriais.
c) As competencias
vinculadas á xestión empresarial.
d) As competencias
de prestación de servizos a clientes.
e) As competencias do ámbito
asistencial.
O período de realización das accións
formativas subvencionables comprenderá desde o día seguinte ao da publicación
desta orde ata o 30 de novembro de 2023, para aquelas accións formativas que se
desenvolvan exclusivamente no ano 2023. Para as accións formativas que se desenvolvan
entre 2023 e 2024, ou exclusivamente en 2024, a data límite para o remate das
accións formativas será o 30 de setembro de 2024.
·BENEFICIARIOS:
-
As microempresas e pequenas empresas, así como as
entidades do terceiro sector da acción social, validamente constituídas e con
actividade ininterrompida, cando menos, desde tres anos antes da data de
publicación desta convocatoria, con centro de traballo en Galicia, onde deberán
desenvolver a actividade para a cal solicitan a subvención.
-
As persoas traballadoras autónomas que teñan contratadas
ao seu cargo persoas traballadoras por conta allea, con centro de traballo en
Galicia e cunha antigüidade como cotizante igual ou superior a tres anos
ininterrompidosinmediantamente anteriores á data de publicación desta
convocatoria.
·AXUDAS: contía máxima de 25.000 euros por entidade
solicitante (limitada ao 70% do gasto subvencionable).
-
Presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a
través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de
Galicia, https://sede.xunta.gal.
-
O prazo iníciase o 21/07/2023 e remata o 29/09/2023, ou
ata que se produza o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria.
Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente
de emprego e desenvolvemento local do concello.
martes, 18 de julio de 2023
SUBVENCIÓNS EMPRENDEMENTO PLUS 2023-2024 (DOGA 17/07/2023)
Orde do 13 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das
subvencións EmprendementoPlus para apoiar o investimento e a creación de
emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de
persoas autónomas e pemes, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do
programa Galicia Feder 2021-2027 (apoio ao investimento) e se procede á súa
convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para as anualidades
2023-2024 (código de procedemento TR880B).
·PROCEDEMENTO: concorrencia competitiva.
·OBXETO:subvencións para iniciativas de
emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas
empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de
42 meses de antigüidade desde a data de constitución ou alta, así como a data
de inicio da súa actividade económica, no ámbito da Comunidade Autónoma de
Galicia, a través de dous programas:
a) Programa I.
EmprendementoPlus Investimento: apoiar a continuidade e a consolidación de
iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha
antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados
nas iniciativas obxecto da axuda, tal e como se describe no artigo 25 da
convocatoria.
b) Programa
II. EmprendementoPlus Emprego: o fomento e a consolidación do emprego por
parte de autónomos e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para
promover a contratación de persoas desempregadas; coa finalidade de xerar
emprego estable mediante unhas liñas de incentivos á contratación por conta
allea, cuxas particularidades se recollen no artigo 27, e que inclúe dúas
modalidades de axudas:
- Incentivos á
contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
- Incentivos á
contratación de fixos descontinuos, para contratos de duración dun mínimo de 9
meses e a xornada completa.
Os programas son
compatibles, pero para optar ao programa II será necesario solicitar o programa
I.
·AXUDAS:
-
Programa I. EmprendementoPlus Investimento: investimento mínimo admisible de
10.000 euros.
Rango de investimento %De
investimento subvencionable |
% De
investimento subvencionable |
Entre 10.000€ e
30.000 € |
60 % |
Entre 30.001€ e
50.000 € |
55 % |
Entre 50.001€ e
100.000 € |
50% |
Entre 100.001€
e 200.000 € |
45% |
-
Programa II. EmprendementoPlus Emprego:
* As
contratacións indefinidas inicias de persoas desempregadas: 6.000 euros.
* As
contratacións de fixos discontinuos, para contratos de duración mínima de 9
meses de xornada completa: 6.000 euros.
·BENEFICIARIOS:
-
Todas as persoas traballadoras autónomas, as sociedades
mercantís, as sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción,
centros especiais de emprego e entidades sen personalidade xurídica que cumpran
a condición de PEME.
REQUISITOS:
1/ Que se constitúan ou dean de alta
con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da
solicitude.
2/ Que iniciasen a súa actividade
económica con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da
solicitude.
(Mais requisitos artigo 5).
·SOLICITUDE:
-
Presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a
través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de
Galicia, https://sede.xunta.gal.
-
O prazo iníciase o 18/07/2023 e remata o 17/08/2023.
Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente
de emprego e desenvolvemento local do concello.
viernes, 14 de julio de 2023
CAMBIOS NAS PROBAS DE SELECCIÓN DOS PEÓNS E XEFE DA BRIGADA DE INCENDIOS
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as resolucións con cambios nas probas do banco, e o resto de probas para a selección de tres peóns e un xefe da brigada de incendios.
jueves, 13 de julio de 2023
Oferta de emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución, para cubrir vacacións, a xornada completa, desde o próximo día 9 de agosto de 2023 e ata o fin da interinidade.
LISTAS DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS DEFINITIVAS PROCESOS DE SELECCIÓN BRIGADA DE INCENDIOS (3 PEÓNS E 1 PEÓN-CONDUTOR)
No día de hoxe, 13 de xullo de 2023, aprobáronse as seguintes listas de admitidos/excluídos definitivas, en relación cos procesos de selección para a brigada de incendios:
- 3 peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)
martes, 11 de julio de 2023
Axudas por redución da xornada de traballo por conciliación
RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI440A).
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230711/AnuncioG0656-290623-0002_gl.html
lunes, 10 de julio de 2023
LISTAS DE ADMITIDOS PROCESOS DE SELECCIÓN BRIGADA DE INCENDIOS FORESTAIS 2023 (1 XEFE DE BRIGADA, 3 PEÓNS E 1 PEÓN-CONDUTOR)
No día de hoxe, 10 de xullo de 2023, aprobáronse as seguintes listas de admitidos/excluidos provisionais, que no caso do xefe de brigada elévase a definitiva por non haber candidatos/-as excluidos:
-3 Peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
As persoas que aparecen como excluídas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe (sin contar sábados, domingos nin festivos).
Por outra banda, nas listas fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas.
Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info. ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)
viernes, 7 de julio de 2023
Axudas a empresas creadas por mulleres e a creación de emprego feminino (Programa EMEGA)
Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans de reactivación e/ou mellora no período comprendido entre o 1 de agosto de 2022 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nas bases reguladoras.
Debe tratarse de empresas coa categoría de micro ou pequenas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten: empresarias individuais, sociedades civís ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar e fomentar o emprendemento feminino en Galicia e a creación de emprego, por conta propia e por conta allea, para mulleres.
O programa Emega comprende as seguintes liñas e axuda complementaria:
a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais (ten que suponer a creación do posto de traballo de tódalas promotoras e antes do inicio deben de estar desempregadas, carecer de ocupación mínimo un mes antes según informe de vida laboral)
b) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, consolidación e mellora de empresas para paliar unha situación económica adversa e acadar o necesario equilibrio empresarial para asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico
c) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica;
d) Axuda complementaria Concilia: co obxecto de a promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, en dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
Prazo de solicitude: 08/07/2023 - 07/08/2023
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=SI429A ; https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230707/AnuncioG0656-280623-0001_es.html
miércoles, 5 de julio de 2023
Axudas ao emprendemento para autónomos e pequenas empresas
ORDE do 28 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR880A).
BENEFICIARIOS:
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas traballadoras autónomas e as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, e as sociedades cooperativas e laborais, así como as empresas de inserción e os centros especiais de emprego, previstos no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, que cumpran os dous requisitos seguintes: que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021, de conformidade co establecido no artigo 1.
2.As persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter o domicilio fiscal en Galicia.
b) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ter presentado, de ser o caso, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
d) Terse constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e ter iniciado a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
f) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social para obter subvencións.
g) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que teña iniciado a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021. En concreto:
1º. Equipamento informático.
2º. Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
3º. Investimentos en eficiencia enerxética.
4º. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
5º. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
CONTÍA DA AXUDA:
A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 10.000 €, a contía da axuda será do 60 % do investimento.
b) Con investimentos de 10.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 50.000 €, a contía da axuda será do 40 % do investimento.
d) Con investimentos de 50.001 € ou máis ata un límite de 100.000 €, a contía da axuda será do 30 % do investimento.
Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=TR880A ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal
Axudas a empresas do sector turístico para dixitalización
RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503C).
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230705/AnuncioG0256-290623-0001_gl.html