jueves, 25 de junio de 2009

OFERTAS DE EMPREGO

No taboleiro de anuncios están expostas as bases para a contratación dun conductor de vehículos municipais e un animador sociocultural. O prazo de presentación remata o día 29/06/2009, ás 14:30 horas. As inscricións poden realizarse pasando pola oficina da Técnico de emprego, sita na Casa de Cultura.

OFERTAS DE EMPREGO

No taboleiro de anuncios do concello están expostas ás bases para a contratación de 10 persoas a media xornada para a limpeza de praias, e unha auxiliar de turismo para a oficina de turismo. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 26/06/2009, ás 14:30 horas. A inscrición pode facerse pasando pola oficina da técnico de emprego, sita na Casa de Cultura.

martes, 2 de junio de 2009

OFERTA DE EMPREGO

O concello de O Vicedo convoca 3 prazas de peóns a xornada completa para a limpeza de praias e o mantemento de zonas naturais durante a tempada de verán/09 (3 meses), mediante bases publicadas o día 29/05/2009 no taboleiro de anuncios do concello.
Está aberto o prazo de inscrición ata o día 10/06/09, e a documentación a aportar é:
-Instancia de solicitude.
-Declaración de non haber traballado máis de 21 meses para este concello.
-Fotocopia DNI.
-Fotocopia certificado de escolaridade, graduado escolar ou equivalente.
A selección realizarase o próximo día 11, ás 11:00 horas, na Casa de Cultura.

Para máis información ou inscricións pasar pola Casa de Cultura, pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez