jueves, 28 de febrero de 2019

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS E DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos definitiva para a para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLESa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo: 
Recordamoslles que as probas de selección para tódolos postos realizarase o próximo día 12 de marzo de 2019, na casa do concello, sita na r/Travesía da Mariña, 57: os dous peóns de mantemento de zonas naturais ás 10:00 horas e o peón de servizos múltiples ás 12:00 horas

miércoles, 27 de febrero de 2019

CURSO USO SEGURO DO MEDICAMENTO-MOVILIZACIÓN E COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo

DATA E HORA: 22/04/2019, de 16:30 a 20:30 h.

DIRIXIDO A: Pacientes, familiares e coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral

ORGANIZADO POLO CONCELLO DO VICEDO XUNTO COA CONSELLERÍA DE SANIDADE. ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS.

PARA INSCRIBIRSE PODEN CONTACTAR COA AEDL DO CONCELLO DO VICEDO OU FACELO DIRECTAMENTE NO SEGUINTE ENLACE:https://extranet.sergas.es/feweb/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga 

viernes, 22 de febrero de 2019

OFERTA EMPREGO PEÓN RECOLLIDA DE LIXO

Están expostas no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun/dunha peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de seis meses, a xornada completa, sendo a data de inicio prevista o 14 de marzo de 2019.
 
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o día 25 de febreiro de 2019, ata o día 06 de marzo de 2019. A selección realizaráse o próximo día 07 de marzo de 2019, ás 10:00 horas, na casa consistorial.
 
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029. Tamén se poden consultar as bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 18 de febrero de 2019

OBRADOIRO DE INICIACIÓN SOBRE DEMENCIAS E ALZHEIMER

OBRADOIRO ORGANIZADO POLO CONCELLO DO VICEDO EN COLABORACIÓN COA ESCOLA GALEGA DE CIDADÁNS DO SERGAS


CONTIDO: Alzheimer e outras demencias: Definición e clasificación. Síntomas e condutas. Evolución e tratamento. Pautas non farmacolóxicas de intervención en síntomas psicolóxicos e de comportamento.

OBXECTIVOS: Mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, cidadáns en xeral. Proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar. Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

DESTINATARIOS: Pacientes, familiares de pacientes, coidadores e cidadanía en xeral.

DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN: Día 18 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura do Vicedo.


CAMBIO TRIBUNAL SELECCIÓN AXENTE TIC

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se modifica a composición do tribunal para a selección dun axente TIC, a xornada parcial, como persoal laboral temporal do concello do Vicedo. A data de selección mantense segundo o previsto, terá lugar mañá día 19 de febreiro, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura.
 
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (37 HORAS SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (37 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 07 de  marzo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza hoxe día 18/02/2019 e remata o vindeiro día 27 de febreiro, ás 9:30 horas
. A selección realizarase ese mesmo día 27 de febreiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 15 de febrero de 2019

CONCELLO DO VICEDO: CONCELLO EMPRENDEDOR

O Concello do Vicedo ten a calificación de "Concello Doing Business Galicia-Concello Emprendedor", porque ten en vigor varias medidas que fomentan a implantación e fixación de empresas no seu territorio, como son as bonificacións que a continuación se detallan, todas elas para empresas de nova creación ou aquelas outras que amplíen as instalacións sempre e cando esto implique a creación de emprego:

1º) Bonificación de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor de inmobles urbanos (IBI urbana)
2º) Bonificación de ata o 95% da cota do imposto sobre actividades económicas.
3º) Bonificación de ata o 95% no imposto sobre construccións, instalacións e obras. Debendo manterse o emprego comprometido polo menos tres anos.
Estas bonificacións deben ser aprobadas en pleno, previa solicitude do suxeito pasivo.

Máis información no propio concello ou pinchando no seguinte enlace: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/0_17936_1.pdf#page=73



jueves, 14 de febrero de 2019

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS SELECCIÓN DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2018 DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos definitiva para a selección dun Auxiliar de información turística, como persoal laboral do concello do Vicedo, a xornada completa, ao abeiro do programa "Fomento do emprego 2018. Plan único de cooperación cos concellos" da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

Recordamoslles que a proba de selección realizarase o próximo día 20 de febreiro de 2019, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade de Mondoñedo, 23.

OFERTAS DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS DE ZONAS NATURAIS E DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, DENTRO DO PROGRAMA: "FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018”, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO


No BOP de Lugo de hoxe día 14/02/2019 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLESa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da dita publicación, comenza mañá día 15/02/2019 e ata o día 25/02/2019 (por ser o día 24 inhábil).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 12 de febrero de 2019

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PROCESO DE SELECCIÓN DUN AXENTE TIC. ANO 2019

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos definitiva para a selección do axente TIC, así como a designación do tribunal e a data e hora na que se realizarán as probas.
 
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

A proba de selección realizarase o próximo día 19 de febreiro de 2019, ás 10:30 horas, na Casa da Cultura de O Vicedo, sita na r/Cidade de Mondoñedo, 23.

lunes, 11 de febrero de 2019

OFERTAS DE EMPREGO VARIAS





rtisements

LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROVISIONAL SELECCIÓN DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2018 DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Publicouse no día de hoxe 11/02/2019 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para a selección, mediante oposición, dun AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, ao abeiro das bases publicadas no BOP de Lugo de 3 de marzo de 2018, con adscrición ao servizo municipal de turismo

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 12 e 13 de febreiro para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda, directamente no propio concello ou , enviando dentro do mesmo prazo a documentación orixinal ou en fotocopia compulsada ou cotexada por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, adelantaran por fax ó número 982590001 ou por correo electrónico o enderezo: concello@concellodovicedo.org, toda a documentación presentada nun rexistro habilitado e dentro do prazo estipulado.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 20 de febreiro de 2019, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).



Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

jueves, 7 de febrero de 2019

AXUDAS VIVENDAS DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO

No DOG do 05/02/2019 o Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca os seguintes programas:

Préstamos para rehabilitación 

No caso dos préstamos para rehabilitación, trátase de créditos que se concederán a persoas físicas con ingresos que non superen 6,5 veces o Iprem, e con destino á rehabilitación de vivendas. As entidades financeiras Abanca, Caixa Rural Galega, CaixaBank e Banco de Sabadell serán as encargadas de conceder estes préstamos, cun importe máximo de 30.000 ou 60.000 euros, dependendo de que a garantía dos mesmos sexa persoal ou hipotecaria.

A Xunta subsidiará os xuros do préstamo en función dos ingresos dos beneficiarios:
Ingresos
Subsidiación máxima
Duración máxima da subsidiación
Menor ou igual a 4
100 % dos xuros
48 meses
Maior de 4 e menor de 5,5
80 % dos xuros
36 meses
Maior de 5,5 e menor de 6,5
Sen subsidiación
Duración do préstamo

Estas axudas poderán solicitarse ata o 15 de outubro deste ano e a convocatoria está dotada dun total de 204.405 euros.

Programa Rehaluga 

O Rehaluga é outra liña de subvencións dirixida a propietarios de inmobles adheridos ao Programa de Vivendas Baleiras co fin de axudalos a costear a realización de obras de rehabilitación e mellora nas súas vivendas.

O importe da axuda suporá o 100% do custo das actuacións executadas, cun límite de 8.000 euros por vivenda. Cómpre salientar que o importe máximo da axuda se incrementa de forma notable na convocatoria deste ano, xa que pasa de 4.000 euros por vivenda en residencial colectivo ou 5.500 para vivendas unifamiliares fixado na anterior convocatoria, aos 8.000 euros da actual.

A axuda poderá solicitarse ata o próximo 29 de novembro e a convocatoria está dotada en total cunha partida de 100.000 euros.

Vivendas de mestres 

O programa de rehabilitación de vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal está dirixido a facilitar aos concellos a creación dun parque público propio de vivenda para alugueiro, ao tempo que fomenta a rehabilitación de construcións xa existentes.

Poden acceder a estas axudas os municipios de menos de 20.000 habitantes nos que existan demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia (polo menos, tantos como vivendas se pretende rehabilitar). Unha vez rehabilitadas, as vivendas destinaranse, en réxime de aluguer, a unidades de convivencia con escasos recursos económicos (menos de 2,5 IPREM) durante un prazo non inferior a 20 anos.

O concello solicitante deberá estar adherido ao Programa de Vivendas Baleiras ou en trámite de adhesión e as vivendas rehabilitadas adxudicaranse conforme a este programa.

A axuda ascenderá ao 90% do custo da actuación, co límite de 40.000 euros por vivenda, que se incrementan ata os 48.000 euros se as vivendas están emprazadas en ámbitos históricos ou dos Camiños de Santiago.

A axuda poderá solicitarse ata o próximo 31 de maio. A convocatoria conta cunha dotación de 1.761.135 euros, o que supón máis do dobre do crédito disposto na primeira convocatoria realizada no ano 2017 (850.000 €) e un 86% máis que na do ano pasado (948.332 €).

Infravivenda 

Por último, o programa de infravivenda prevé axudas para a rehabilitación de inmobles destinados a vivenda que non reúnen uns requisitos mínimos de habitabilidade e estean emprazados en concellos de menos de 10.000 habitantes.

O inmoble poderá ser propiedade dos seus residentes ou do concello, pero en ambos casos a axuda debe solicitala a entidade local.

CURSO DE MANIPULADOR/A DE ALIMENTOS NO VICEDO


martes, 5 de febrero de 2019

PROGRAMA TECENDO EMPREGO DA EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO


Ata o 15 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse na selección de 56 postos de traballo para entidades sociais de toda a provincia, as cales se lles subvenciona a contratación de traballadores/-as a través deste programa tecendo emprego

Máis información:

http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/70818 

http://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/tecendo_emprego/candidatos

lunes, 4 de febrero de 2019

PROBA DE LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO BACHALER

Publicada no DOG de 30/01/2019 a Resolución do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización. 

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019.