jueves, 31 de mayo de 2018

PUBLICADAS LISTAS DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A BRIGADA DE INCENDIOS E CONDUCTORES MOTOBOMBA

No día de hoxe, 31 de maio de 2018, publicanse as seguintes listas de admitidos/excluidos provisionais, que no caso do xefe de brigada e do peón-conductor elévanse a definitivas por non haber candidatos/-as excluídos:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-conductor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Conductores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.

As persoas que aparecen como excluídas, poderán formular alegacións ou correxir, no seu caso, os erros que proceda, no prazo de dous días hábiles a contar a partir de hoxe, é decir, os días 01 e 04 de xuño. 

Por outra parte, fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas, que serán:

* Para os conductores-motobomba:

- A proba de esforzo realizarase o día 7 de xuño, ás 9:30 horas, na Casa da Cultura do Vicedo (R. Cidade de Mondoñedo, 23). Os resultados publicaranse a máis tardar o día 11 de xuño no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

- Os candidatos que superen a proba de esforzo, deberán presentarse para continuar co resto de probas do proceso de selección, o día 12 de xuño de 2018, na Casa da Cultura do Vicedo, ás 12:30 h.

* Para o xefe de brigada, peón-conductor e os 3 peóns da brigada de incendios:

- A proba de esforzo realizarase o día 7 de xuño, ás 9:30 horas, na Casa da Cultura do Vicedo (R. Cidade de Mondoñedo, 23). Os resultados publicaranse a máis tardar o día 11 de xuño no taboleiro de anuncios, páxina web do concello e blog de emprego municipal.

- Os candidatos que superen a proba de esforzo, deberán presentarse para continuar co resto de probas do proceso de selección, o día 14 de xuño de 2018, na Casa da Cultura do Vicedo, ás 12:00 h.


viernes, 25 de mayo de 2018

CURSO DE LINGUAXE DE SIGNOS




Organizado por: Concello de O Vicedo e Consellería de Sanidade (Escola Galega de cidadáns)


Máis información e inscricións, pinchando no seguinte enlace:
https://extranet.sergas.es/FEWEB/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&idioma=ga 
ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo

AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR A XORNADA PARCIAL (20 HORAS/SEMANA)

Prorrogáronse as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunhaAUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas á semana). A data de inicio prevista é o día 1 de xuño, e cunha duración inicial de tres meses. E presentouse no día de hoxe a correspondente oferta na oficina de emprego de Viveiro.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina de emprego de Viveiro ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTAS DE EMPREGO



XOVE: SELECCIÓN URXENTE DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE 1 COIDADOR-A INFANTIL A XORNADA COMPLETA PARA O SERVIZO OFRECIDO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL, dende o 01 de xuño ata o 31 de xullo de 2018. Día da selección: 29 de maio de 2018, presentarse con todad a documentación requerida. CONSULTAR BASES: http://emprego.xove.es/blog

A MARIÑA: PODES ENVIAR O TEU CURRICULUM Á EMPRESA LUCUS NEDA ENCARGADA DE ORGANIZAR CALQUERA SERVIZO DE OCIO DE TIPO EDUCATIVO OU LÚDICO. ESTA EMPRESA LEVA A CABO, ENTRE OUTRAS, ACTIVIDADES DE VERÁN EN CONCELLOS DA MARIÑA.PRECÍSASE ADEMAIS: CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE OU OUTRAS TITULACIÓNS SUPERIORES E/OU RELACIONADAS ESIXIDAS PARA ESTE TIPO DE TRABALLO.  CORREO ELECTRÓNICO: lucusneda@gmail.com

CERVO: Recentemente o Concello de Cervo adxudicou a xestión da súa residencia e centro de día de maiores á Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz.Estas nstitucións situadas en San Cibrao teñen previsto iniciar a súa actividade a partires de xullo con 54 prazas residenciais e 25 de centro de día. No Concello de Cervo informan que para acceder ao proceso de selección é preciso enviar C.V. á propia entidade adxudicataria. TLF.: 925280013 residenciacervo@edaddoradaclm.es  mensajerosdelapaz@edaddoradaclm.es

XOVE: Froitería de Xove precisa con urxencia incorporar na súa empresa unha persoa a xornada completa. Correo electrónico: pek900@hotmail.com

XOVE: CENTRO DE ESTÉTICA MARTA Precisa con urxencia incorporar na súa empresa unha persoa con Formación e/ou Experiencia en Estética. Teléfono de contacto: 639903640


Fundación Equipo Humano. Tlf 671 48 58 63 selecciona:  COCINERO VIVEIRO:  necesitamos una persona residente en Viveiro y/o alrededores que esté interesado y tenga experiencia relacionada con el puesto (ya sea trabajando en caterings, hoteles, restaurantes…) es un trabajo a jornada completa en principio del 25 Mayo al 30, con posibilidad de continuar de cara al verano (salario según convenio) y AYUDANTE DE COCINA VIVEIRO: las mismas condiciones que el cocinero (residencia, experiencia y disponibilidad), lo único que cambian son las
funciones: se encargarán de fregar platos en la pica, así como de prestar apoyo al personal de cocina en distintas labores auxiliares.

miércoles, 23 de mayo de 2018

OFERTA EMPREGO PARA CONTRATACIÓN DE 6 SOCORRISTAS

O Concello do Vicedo presentou a correspondente oferta para a contratación de 6 SOCORRISTAS, subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2017.
 
Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego, e carecer de ocupación según informe de vida laboral, tanto no momento da selección como no da incorporación.
 
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou directamente coa oficina de emprego.

Pode consultar as bases de selección no seguinte enlace:
 http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 21 de mayo de 2018

AXUDAS PARA TRABALLADORES AUTÓNOMOS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, convocou recentemente dous tipos de axuda:

1º) Axudas para ampliar a reducción de cotas da seguridade social para traballadores autónomos.

2º) Axudas para a conciliación por maternidade e paternidade das persoas traballadoras autónomas.

Máis información:
http://emprego.ceei.xunta.gal/axudas-e-subvencions

viernes, 18 de mayo de 2018

SELECCIÓN DE 4 PEÓNS FORESTAIS (NOVE MESES). SUBVENCIONADOS POLO PROGRAMA APROL RURAL

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 29 de xuño de 2018, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2018.
Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
No día de hoxe presentause a correspondente oferta na oficina de emprego de viveiro. Poden consultar as bases no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0, ou no taboleiro de anuncios do concello

martes, 15 de mayo de 2018

OFERTA DE EMPREGO 4 PEÓNS FORESTAIS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 29 de xuño de 2018, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2018.

Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.

Próximamente, este concello presentará a correspondente oferta na oficina de emprego de viveiro

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DA BRIGADA DE INCENDIOS E CONDUCTORES MOTOBOMBA

No BOP de Lugo do 15/05/2018 publícase o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2018:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-conductor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Conductores motobomba, dous meses e medio a xornada completa.



O prazo de solicitude estará aberto desde o día 16 de maio de 2018 ata o día 25 de maio de 2018.


Máis información e solicitudes contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

lunes, 14 de mayo de 2018

OFERTA DE EMPREGO. AUXILIAR DE AXUDA NA FOGAR (20 H./SEMANA)

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas á semana). A data de inicio prevista é o día 1 de xuño, e cunha duración inicial de tres meses.

O prazo de inscrición queda aberto desde o día 15 de maio de 2018 remata o vindeiro día 24 de maio de 2018, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día  25 de maio de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 11 de mayo de 2018

OFERTA EMPREGO 5 PEÓNS PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 5 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 11 de xuño e a de término o 10 de setembro de 2018.

Algúns dos requisitos que deben cumprir os candidatos son:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

O prazo de solicitude comenza o día 14 de maio de 2018 e remata o día 23 de maio de 2018 ás 15:00 horas. A proba de selección realizarase o día 29 de maio de 2018, ás 10:00 horas na Casa consistorial.
 
 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 7 de mayo de 2018

OFERTA DE EMPREGO (RECOLLIDA ARANDANOS)


Si está interesado/-a en traballar na temporada de recollida de arandanos, no seguinte formulario poden ver unha pequena descrición da oferta e si é o caso cubrir o formulario de solicitude:

jueves, 3 de mayo de 2018

SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A BRIGADA DE INCENDIOS E CONDUCTORES MOTOBOMBA

Proximamente publícarase no BOP de Lugo o anuncio da convocatoria para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, do persoal de incendios para a campaña 2018:

- Tres peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Peón-conductor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.
- 3 Conductores motobromba, dous meses e medio a xornada completa.

Cando se abra o prazo de solicitude anunciarase neste blog, na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios.

 Poden consultar as bases de selección pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións)