lunes, 29 de octubre de 2007

CURSO FIP " INICIACIÓN Á REDE INTERNET"

Con data 23/10/2007, iniciouse un curso do plan FIP de "Iniciación a rede internet" para persoas desempregadas e inscritas na correspondente oficina de emprego. O curso está subvencionado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. A duración é de 80 horas lectivas, ademáis dos módulos propios do curso impartiranse outros dous: un de formación para a igualdade e outro de técnicas de busca de emprego.

SELECCIÓN DIRECTOR E ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Tanto para o director como para os alumnos presentarase a correspondente oferta de traballo na oficina de emprego.

No caso do director é necesario estar en posesión do título de arquitecto. A selección entre todas as persoas remitidas pola oficina de emprego celebrarase o 29/10/2007.

Para os alumnos
Requisitos xerais:
- Estar inscrito como desempregado na oficina de emprego de Viveiro e empadroados no Concello de O Vicedo.
- Ser maior de 25 anos.
- Cumplir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación durante toda a duración do proxecto.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal aprendizaxe das ensinanzas a impartir con ocasión do desenvolvemento do proxecto formativo.
- Comprometerse activamente no obxecto fundamental do obradoiro de emprego: a aprendizaxe da especialidade formativa á que sexa adscrito, como medida orientada a favorecer a súa inserción profesional e o acceso ó mercado de traballo, por conta propia ou allea.
Requisitos específicos:
- Nivel profesional: ata oficial de 2ª inclusive.
- Idade: de 25 a 65 anos.
Entre todas as persoas remitidas pola oficina de emprego, realizarase unha selección o día 19 de novembro do 2007.

CONTRATACIÓN MONITORES OBRADOIRO DE EMPREGO

Con data 25/10/2007, publicouse no periódico o Progreso a convocatoria para a contratación laboral temporal a media xornada do administrativo e a xornada completa de 2 mestres de obradoiro de albanelería, e un mestre de obradoiro de carpintería de madeira. Os interesados poden consultar as bases, así como presentar o anexo de solicitude xunto coa documentación xustificativa dos méritos, antes das 14 horas do día 2 de novembro de 2007, no rexistro do Concello de O Vicedo, ou na Delegación Provincial da Consellería de Traballo, sita na Ronda da Muralla, 70.

Obradoiro de emprego "Concello de O Vicedo"

A Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo, subvencionarán a posta en marcha dun obradoiro de emprego neste concello. Preténdese formar a 26 persoas, a través da práctica profesional, para facilitar a súa posterior inserción no mundo laboral. As especialidades elexidas son albanelería e carpintería. Durante a duración do mesmo, un ano, contratarase os alumnos traballadores, a través dun contrato para a formación, e realizarán os traballos de rehabilitación e acondicionamento de dous edificios para centro sociales, sitos un na parroquia de San Román e outro en Riobarba.