jueves, 8 de agosto de 2019

PROGRAMA "GOBERMAR" DO GALP A MARIÑA-ORTEGAL

A través deste programa concédense axudas a proxectos tanto produtivos como non produtivos vinculados ao  sector pesqueiro. Si tes unha idea empresarial que poda estar relacionada con este sector, podes solicitar máis información contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local deste concello ou directamente nas oficinas do GALP A Mariña-Ortegal en Viveiro, Rúa da Misericordia, 35 Baixo. 27850 Viveiro

martes, 6 de agosto de 2019

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (37 HORAS/SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (37 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 09 de  setembro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 07 de agosto de 2019 e remata o 19 de agosto de 2019. A selección realizarase o día 20 de agosto de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 1 de agosto de 2019

AXUDAS PARA A COMPRA DE VIVENDA PARA XÓVENES EN CONCELLOS DE MENOS DE 5.000 HABITANTES

Recordámosvos que o Instituto Galego da Vivenda e Solo ten aberto o prazo das axudas á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes

Requisitos das persoas beneficiarias:
 
Mocidade entre 18 e 35 anos na data de presentación da solicitude e que reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM*.
Este límite será de catro veces o IPREM* se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade.
O referido límite será de cinco veces o IPREM* cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
1. Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
2. Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fora realizada con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
- Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Non ser propietario/a dalgunha vivenda en territorio español.

Requisitos da vivenda
1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes.
2. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 100.000 euros.
3. Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

Contía das axudas
A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
O formulario de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código VI435A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o o 31 de outubro de 2019, ou en todo caso, no momento do esgotamento do crédito.

Máis información no DOG do 11 de xaneiro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs
*O valor do IPREM para 2019 está en 537,84 euros/mes