jueves, 14 de diciembre de 2017

CURSOS PARA MENORES DE 30 ANOS

A Xunta de Galicia en colaboración co Sistema de Garantía Xuvenil está a impulsar cursos de formación para mozos e mozas desempregados, para que podades ofrecelos aos vosos usuarios.

As características máis destacables dos cursos son:

·         Dirixidos a persoas menores de 30 anos, desempregadas, inscritas no servizo público de emprego e rexistradas no sistema de garantía xuvenil.
·         Variada oferta formativa en diferentes sectores.
·         Prácticas en empresas.
·         Obtención de certificado de profesionalidade.

Máis información e solicitudes nas oficinas de emprego, sendo a data final do prazo de solicitude o 26 de decembro