jueves, 28 de julio de 2016

miércoles, 27 de julio de 2016

AXUDAS IGAPE REHABILITACION BAÑOS E COCIÑAS

O IGAPE puxo en marcha un programa con axudas destinadas a incentivar a demanda de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño en Galicia, para persoas físicas, co fin de incrementar e incentivar a demanda interna e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais e comerciais galegos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

Máis información: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP300

martes, 26 de julio de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, con carácter urxente, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (29 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista é o día 07 de setembro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 03 de agosto, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día seguinte 04 de agosto de 2016, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

viernes, 22 de julio de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR@, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 09 de agosto de 2016 ata o 24 de agosto de 2016, co mesmo horario das persoas as que sustitúe, media xornada

O prazo de inscrición remata o próximo día 02 de agosto, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

jueves, 21 de julio de 2016

LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS-EXCLUIDOS OFERTA DOUS EDUCADORES INFANTIS PARA O PAI CURSO 2016/2017

No seguinte enlace pode consultarse a lista definitiva de admitidos e excluidos no proceso de selección de dous educadores infantís.

 A proba realizarase o próximo 28 de xullo, ás 10:00 h, na Casa da Cultura. R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo

Pincha aquí:

http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público)

lunes, 18 de julio de 2016

LISTA PROVISIONAL DE ADMINITOS/EXCLUIDOS PARA A OFERTA DE DOUS EDUCADORES INFANTIS PARA O CURSO 2016/2017

Está exposta desde o día de hoxe, 18 de xullo de 2016, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de O Vicedo a lista de admitidos e excluídos provisional para a contratación laboral temporal de dous EDUCADORES INFANTÍS,  para o Punto de atención a infancia.


As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que o presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantala por fax  ou correo electrónico dentro do plazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.

O prazo para subsanar erros é de dous días hábiles, polo tanto comenza mañá día 19 e remata o próximo día 20 de xullo. O día seguinte publicarase a lista definitiva.

Para consultar a lista pinche aquí:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es (Apartado de emprego público)

domingo, 17 de julio de 2016

OFERTAS DE EMPREGO

O luns dia 18, as 15:00 h., remata o prazo de inscripcion para as ofertas de emprego de auxiliar de axuda a domicilio (20 h./semana) e limpiador/-a para cubrir vacacions para o concello do Vicedo

viernes, 8 de julio de 2016

PROGRAMA EMEGA AXUDAS PARA MULLERES EMPRENDEDORAS E EMPRESARIAS


A consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou o programa Emega, que comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.



Máis información no seguinte enlace:

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/PRES004

jueves, 7 de julio de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, con carácter urxente, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista é o día 01 de agosto, e por un período de tres meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 18 de xullo, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día seguinte 19 de xullo de 2016, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE TRABALLO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR@, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 01 de agosto de 2016 ata o 01 de setembro de 2016, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 18 de xullo, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección ó día seguinte 19 de xullo de 2016, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE TRABALLO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR@, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 01 de agosto de 2016 ata o 01 de setembro de 2016, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 18 de xullo, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección ó día seguinte 19 de xullo de 2016, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE TRABALLO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 01 de agosto de 2016 ata o 01 de setembro de 2016, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 18 de xullo, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección ó día seguinte 19 de xullo de 2016, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

miércoles, 6 de julio de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Hoxe día 6 de xullo, ás 15:00 horas remata o prazo de inscripción para as seguintes ofertas:

- 3 conductores motobomba
- Brigada de incendios: 3 peóns, 1 peón-conductor e 1 xefe de brigada.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo. Tlf. 982590195/982590029

viernes, 1 de julio de 2016

OFERTA EMPREGO DUAS EDUCADORAS INFANTIS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS EDUCADORES INFANTÍS, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2016/2017, desde o próximo día 12 de setembro de 2016 ata o día anterior o inicio do novo curso escolar 2017/2018.
Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 11 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato.Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.
6º)Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
8º) Dispor de certificado negativo do rexistro central de delincuentes sexuales.

 Estes requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e a persoa seleccionada deberá presentar certificado médico ou certificado de aptitude conforme esta apta para o posto de traballo de educador infantil, antes da dación de alta.



O prazo de presentación de solicitudes comenza mañá día 2 de xullo e remata o próximo día 11 de xullo de 2016.
 
O lugar de presentación será no rexistro de entrada do Concello do Vicedo, ou mediante as formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As persoas que presenten a solicitude por outras formas diferentes ó rexistro de entrada do Concello do Vicedo, deberán adelantar por fax o 982590001, dentro do plazo estipulado, copia da solicitude correctamente datada e selada.

Poder consultar as bases  e conseguir a instancia de solicitude e a declaración que acompaña a documentación, pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0