viernes, 27 de febrero de 2009

martes, 17 de febrero de 2009

CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A TRABALLADORES DESEMPREGADOS

Pinchando no enlace que aparece a continuación obterás información sobre os cursos que se organizarán na provincia de Lugo dirixidos prioritariamente a traballadores desempregados:

http://traballo.xunta.es/descargas/AFD_2009_Lugo.pdf

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase mecánico de automoción con experiencia no sector. Interesados enviar curriculum o e-mail: mecanicas@dmarina.e.telefonica.net

lunes, 9 de febrero de 2009

OFERTAS DE EMPREGO

Seguros OCASO necesita 2 persoas para a zona da Mariña. E necesario coche propio. Non se necesita experiencia. Enviar currículum a: anam.briones@ocaso.es . Máis información chamando a Ana ó 647309675.

Necesítase CAMARERA a turnos. Zona Viveiro. Tlf.: 982562290.

PESCADOS RUBEN, S.L busca persoal para a manipulación de peixe. Tlf.: 982582177.


Importante empresa do sector eléctrico necesita PERSOAL para traballos en liñas de distribución eléctrica de media e baixa tensión para a zona da Mariña. Interesados enviar currículum vitae urxentemente:
- E-mail: rrhh@passco.es
- Fax: 981169755.
- C/ Camiño do Souto, 32. 27003 Lugo

lunes, 2 de febrero de 2009

CONVENIO IGAPE-ICO-EEFF 2008


REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
3.1.- Liña ICO-PEME
3.1.1.- Beneficiarios.- Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica (tamén persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas e comuninades de bens)
3.1.2.- Actividade.- Actividades sinaladas no anexo I.
3.1.3.- Localización.- O proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia.
3.2.- Liña CRECEMENTO
3.2.1.- Beneficiarios.- Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e conten cun cadro de traballadores de 50 ou máis persoas a 31 de decembro de 2007 (tamén persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas e comuninades de bens)
3.2.2. Actividade.- Actividades sinaladas no anexo I.
3.2.3.- Localización.- O proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia.
3.3.- Liña INTERNACIONALIZACIÓN
3.3.1.- Beneficiarios.- Pequenas e medianas empresas con forma xurídica de sociedade mercantil ou cooperativa e que teñan o seu domicilio social en Galicia ou, estando domiciliadas fóra da Comunidade Autónoma, conten con maioria de capital galego.
3.3.2. Actividade.-Todas excepto as relacionadas coa exportación ou coa utlización de produtos nacionais en detrimento dos importados. Para as axudas de I+D exclúense as actividades do sector carbón e para as Pemes do sector da pesca a adquisición ou contrución de buques pesqueiros e as empresas en crise.
3.3.3.- Localización.- O proxecto de investimento deberá realizarse fóra do territorio do Estado español.
3.4.- Liña EMPRENDEDORES
3.4.1.- Beneficiarios.- Pemes constituídas a partir do 1 de xaneiro de 2007 ou ben profesionais que se den de alta no IAE dende dita data (tamén persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas e comuninades de bens)
3.4.2. Actividade.- Todas excepto as relacionadas coa exportación ou coa utlización de produtos nacionais en detrimento dos importados. Para as axudas de I+D exclúense as actividades do sector carbón e para as Pemes do sector da pesca a adquisición ou contrución de buques pesqueiros e as empresas en crise.
3.4.3.- Localización.- O proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia.
O importe mínimo de financiamento será de 25.000 € por beneficiario, e o máximo será o establecido polo ICO para cada unha das liñas do PLAN DE FOMENTO EMPRESARIAL 2008: a) Para a LIÑA ICO-PEME e a LIÑA INTERNACIONALIZACIÓN: 1.500.000 euros b) Para a LIÑA CRECEMENTO EMPRESARIAL: 6.000.000 euros c) Para a LIÑA EMPRENDEDORES: 200.000 euros A porcentaxe de financiamento terá os seguintes límites, dependendo da liña á que se acolla o beneficiario: a) Liña CRECEMENTO EMPRESARIAL: ata un 70% do investimento a realizar en Activos Novos Produtivos. b) Liña ICO-PEME (Pequenas e medianas empresas) e Liña INTERNACIONALIZACIÓN: ata un 80% do investimento a realizar en Activos Novos Produtivos. c) Liña ICO-PEME (Microempresas) e Liña EMPRENDEDORES: ata un 90% do investimento a realizar en Activos Novos Produtivos.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Activos produtivos novos.
En ningún caso serán financiables:
- Reestruturacións de pasivo ou refinanciamentos.
-Activo circulante, adquisición de empresas e tomas de participación, agás na liña de internacionalización.
- Investimentos cuxa finalidade sexa a deslocalización da empresa.
- Elementos de transporte, no sector de transporte por estrada ou urbano.
- O Imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ao investimento.
CONTÍA DAS AXUDAS
a) A subsidiación das operacións de préstamo/leasing acollidas a este convenio será, con carácter xeral, de 0,65 puntos.
b) No caso de que a operación estea avalada por unha SGR que subscriba este convenio, a subsidiación será de 0,90 puntos. Para aqueles proxectos localizados nos concellos relacionados no anexo V outorgaráselles unha subsidiación adicional de 2 puntos porcentuais do tipo de xuro. A subsidiación devengarase durante a vixencia da operación financeira, non podendo exceder en ningún caso dos 7 primeiros anos de vixencia da mesma. A axuda financeira pagarase dunha soa vez.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 22/02/2009