martes, 25 de noviembre de 2025

Acta selección auxiliar administrativo/-a, como funcionario interino. Subvencionado polo programa Reforzo do emprego 2025

Publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección para o nomeamento como funcionario interino dun auxiliar administrativo, dentro do programa: reforzo do emprego do plan deputación de cooperación cos concellos 2025, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 20 de noviembre de 2025

Lista de admitidos/excluidos definitiva para a selección dun auxiliar administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Reforzo do emprego 2025"

Publicouse no día de hoxe 20/11/2025 a lista de admitidos e excluidos definitiva  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2025", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 25 de novembro de 2025, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/preview-document/3fe8387d-ef9c-430d-a88f-57c1dcca1520/  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

miércoles, 19 de noviembre de 2025

Oferta de emprego: limpador/-a a xornada completa para o concello do Vicedo

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/-A, a xornada completa, cunha duración de seis meses, sendo a data de inicio prevista o 16 de decembro de 2025.

O prazo de solicitude é desde o día 20 ata o 28 de novembro de 2025. A proba de selección realizarase o día 02 de decembro de 2025, ás 10:00 horas na casa consistorial.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 17 de noviembre de 2025

Lista admitidos/excluídos provisional para a selección dunha praza de técnico de urbanismo, funcionario de carreira.

Publicada no día de hoxe, a lista de admitidos/excluídos provisional  ao proceso de selección para dar cobertura a unha praza de técnico de urbanismo do Concello do Vicedo, como funcionario de carreira.

De conformidade coa base quinta das aprobadas por resolución de Alcaldía de 10 de setembro de 2025 (BOP nº 211, de 13 de setembro de 2025), concédese un prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación no BOP de Lugo, da lista provisional de admitidos/excluídos (BOP nº  263, de 15 de novembro de 2025), a efectos de reclamacións e subsanación de erros.

Para consultar a lista pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

viernes, 14 de noviembre de 2025

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun auxiliar administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Reforzo do emprego 2025"

Publicouse no día de hoxe 14/11/2025 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2025", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 17 e 18 de novembro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

 As probas e valoración de méritos terán lugar o día 25 de novembro de 2025, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

lunes, 10 de noviembre de 2025

Ampliación prazo solicitude axudas a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego

Publicada no DOG de hoxe a RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU503F).

Amplíase o prazo de solicitude desta subvención ata as 20.00 horas do 12 de decembro de 2025.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251111/AnuncioG0256-071125-0001_gl.html

martes, 4 de noviembre de 2025

SEGUNDA EDICIÓN BONOS COMERCIA 2025

SEGUNDA EDICIÓN DOS BONOS ACTIVA COMERCIO:

Cada na primeira edición o bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse descontos:

-Desconto de 5 euros para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 (IVE incluido).

-Desconto de 10 euros en compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 (IVE incluido).

-Desconto de 15 euros en compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).

FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde mañá día 5 de novembro de 2025 ás 9.00 horas e ata  o esgotamento do crédito, segundo se vaian efectivamente realizando os descontos.

Máis información contactar no concello (982590029) ou pinchar no seguinte enlaces: https://bonosactivacomercio.gal/ 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251104/AnuncioG0767-101025-0007_es.html


Publicación no BOP das bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2025"

No BOP de Lugo de hoxe día 04/11/2025 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2025", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude é de 5 días hábiles a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 5 ata o día 11 de novembro de 2025.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 3 de noviembre de 2025

Oferta de emprego para desempregados inscritos no sistema de garantía xuvenil para o concello do Vicedo

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración concedeu ao concello do Vicedo unha axuda para a contratación dun empleado de bibliotecas (auxiliar), durante nove meses ao 100% da xornada, que estaría adscrito ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo.

Está contratación estaría financiada pola Orde do 13 de agosto de 2025, pola que se aproban as bases reguladoras destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Program FSE+Galicia 2021-2027, para o ano 2025.

Polo tanto, os candidatos/-as ao posto deben de cumprir unha serie de requisitos tanto no momento da selección como no da formalización do contrato:

-Ser desempregado e inscrito como demandante non ocupado de emprego no Servizo Público de Emprego

- Ter feitos os 18 anos e non superar os 29, idade máxima para a inscrición no Sistema nacional de garantía xuvenil

- Estar inscritas como beneficiarias no fichero do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.  A continuación podes consultar os requisitos (entre outros: ter entre 18 e 29 anos ambos inclusive, non estar traballando nin en formación ..), e inscribirte no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no seguinte enlace: Requisitos para inscribirse en Garantía Juvenil

- Non ter traballado ou recibido acción educativas ou formativas o día natural anterior á data da sinatura do contrato.

Si estás interesado/-a ou necesitas máis información, podes contactar canto antes coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, tamén chamando ao 982590029 ou mediante correo electrónico: emprego@concellodovicedo.org.

miércoles, 29 de octubre de 2025

Cursos de reciclaxe para socorristas

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251029/AnuncioO3C2-211025-0001_gl.pdf

Oferta de emprego: auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2025"

Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2025", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, para cubrir vacante ata o 31 de outubro de 2026.

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscrición será de 5 días hábiles contados a partir de dita publicación.  É necesario estar inscrito como demandante no Servizo Público de Emprego no prazo de solicitude.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.2

 https://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/reforzo_emeprego2024/listaxe_postos

Obradoiro formativo organizado por ES.MAR sobre calidade e procesado do peixe

Obradoiro formativo "Calidade e procesado do peixe: a importancia do estado post-mortem", dirixido a responsables de empresas maioristas, minoristas, empresas transformadoras e comercializadoras, así como responsables de calidade e persoas que queiran emprender neste sector.

Obxectivo: Comprender os cambios que sofre o peixe despois da morte e a influencia do rigor mortis na súa calidade e procesado. Aportar prácticas para optimizar a conservación e o valor do produto.
 
Detalles do obradoiro:
📅 Data: [30 de outubro]
🕛 Hora: [10:30 h]
📍 Modalidade: [Online vía Zoom]
 
Inscríbete agora facendo clic aquí: 
  Se tes algunha dúbida, non dubides en responder a este correo ou en contactar connosco en [viveiro@rede-esmar.gal /664 461 557

martes, 14 de octubre de 2025

Axudas proxectos enerxía fotovoltaica no sector residencial

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O). (DOG 14/10/2025)

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251014/AnuncioG0474-300925-0001_gl.html

lunes, 13 de octubre de 2025

Convocatoria para a obtención por libre do certificado de competencias dixitais

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix), no seu nivel intermedio.

Plazo de inscrición: 14 días naturais a contar a partir da publicación da convocatoraia no DOG (publicado o 13/10/2025)

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251013/AnuncioG0177-290925-0001_gl.pdf , https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/es

miércoles, 8 de octubre de 2025

Oferta emprego: Técnico/-a de urbanismo, funcionario de carreira

 No BOE do día de hoxe, 08/10/2025, publícase a resolución pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes (20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación desta resolución), en relación có proceso de selección, para a cobertura, dunha vacante de técnico/-a de urbanismo, a xornada parcial 75%, como funcionario de carreira. As bases están publicadas no BOP de Lugo do 13/09/2025, así como na sede electrónica do concello do Vicedo (https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.5) e no taboleiro de anuncios municipais.

viernes, 12 de septiembre de 2025

Axudas a establecementos e servizos turísticos relacionadas coa Q de calidade e S de sustentabilidade turística

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou o mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TU970A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250912/AnuncioG0256-290825-0001_gl.html

jueves, 11 de septiembre de 2025

AXUDAS Á GANDEIRA PARA O FOMENTO DE SILVOPASTOREO E PASTOREO EXTENSICO

CONVOCATORIA E BASES QUE CANALIZARÁN AS SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA APOIAR O FOMENTO DE BOAS PRÁCTICAS DE SILVOPASTOREO E PASTOREO EN EXTENSIVO QUE CONTRIBÚAN Á REDUCIÓN DOS NIVEIS DE BIOMASA EXISTENTE, NA EXECUCIÓN DO PROGRAMA “O QUE NON ARDE”, NA ANUALIDADE 2025, DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

MÁIS INFORMACIÓN: https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/01-09-2025.pdf#page=1

AXUDAS A ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS PARA O EMBELECEMENTO DO LITORAL

Resolución do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se convocan con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU503F).

OBXECTO:  axudas a establecementos turísticos para actuacións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, así como a mellora da fachada e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras, de xeito que contribúan ao embelecemento do litoral da Comunidade Autónoma de Galicia e a un turismo sostible.

BENEFICIARIOS:

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención.

HAI TRES LIÑAS DE AXUDA:

a) Liña 1. Eficiencia enerxética

Será subvencionable a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación para reducir o consumo de enerxía das instalacións de iluminación de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico (tanto no extrerior como no interior)

Entre as actuacións subvencionables serán con carácter indicativo e non limitativo as que se relacionan a seguir:

– Luminarias, lámpadas e equipamento.

– Sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de aceso e regulación do nivel de iluminación.

– Cambio de sistema de iluminación: recolocación dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico anual respecto ao sistema actual de iluminación.

– Sistemas e elementos que permitan o control remoto ou o control automático por medios dixitais de instalacións destinadas a controlar sistemas de iluminación eficientes, sistemas de control automático de toldos, persianas ou cortinas e sistemas de control automático do acendido, apagado e regulación da iluminación.

O custo elixible destas actuacións debe ser igual ou superior a 5.000,00 €.

b) Liña 2. Dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral

Serán subvencionables:

– Gastos derivados da transformación dixital.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de códigos QR para o ámbito turístico.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de ferramentas dixitais para coñecer o destino antes de visitalo.

 c) Liña 3. Mellora da fachada do litoral galego

Será subvencionable:

– Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións construtivas non axeitados para quedaren á vista.

– Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

– Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estaren rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por estaren nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.

– Revestimento dos muros de cerramento da parcela onde se sitúa o establecemento turístico realizados con ladrillo ou bloques de formigón sen revestir.

– Gastos de elaboración do proxecto de obra e honorarios e custos da dirección facultativa das actuacións. Será subvencionable por este concepto ata o 5 % do investimento subvencionable, co límite máximo de 5.000,00 euros.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de xuño de 2026, de acordo co período de execución establecido no artigo 7.5 das bases reguladoras.

A intensidade da axuda será ata un 80 % do custo total subvencionable do proxecto e o investimento neto admitido será, como máximo:

– No caso da liña 1: ata 25.000,00 €.

– No caso da liña 2: ata 15.000,00 €.

– No caso da liña 3: ata 250.000,00 €.

O investimento neto admitido será, como máximo:

– No caso da liña 1: ata 25.000,00 €.

– No caso da liña 2: ata 15.000,00 €.

– No caso da liña 3: ata 250.000,00 €

PRINCIPAIS OBRIGAS: manter o investimento subvencionado e a titularidade durante un período mínimo de tres anos. En todo caso, o dito prazo será de cinco anos cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público, de conformidade co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ de dous meses: do 12/09/2025 08:00 ata o 12/11/2025 20:00, ou ata o esgotamento do crédito.

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503F&ano=2025&numpub=1&c=nu ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local.


martes, 19 de agosto de 2025

Axudas da Consellería de Cultura, lingua e xuventude para a obtención dos permisos de condución clases A2 e B para á mocidade galega

No DOG de hoxe día 19/08/2025, publícase a convocatoria de axudas para a obtención dos permisos de condución clases A2 e B para á mocidade galega.

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos e non ter feitos os 31.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Non estar traballando por conta propia nin allea.

d) Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.

e) Que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o IPREM de 2025 (42.000 euros), no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extra e referidos a 2024.

O importe da axuda será de 150 euros para o permiso de clase A2 e 400 euros para o permiso clase B.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día 25 de agosto de 2025, ás 9:00 horas, ata o día 25 de setembro de 2025 ás 20:00 horas, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electronica https://sede.xunta.gal.

Máis información:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250819/AnuncioG0766-080825-0001_gl.html




Axudas para mellorar a preparación dixital fronte a ameazas cibernéticas nas empresas galegas, programa Empresa Cibersegura - 2025

Data de publicación: 14/08/2025

Data inicio de solicitude: 25/08/2025

Data remate de solicitude: 15/11/2025

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas destinadas a mellorar a preparación dixital fronte a ameazas cibernéticas nas empresas galegas, mediante a adopción de medidas de ciberseguridade que lles permitan reforzar a protección dos seus activos críticos, reducir o risco de incidentes e mellorar a súa capacidade de prevención, detección e resposta ante ameazas no contorno dixital.

Características da axuda

Poderán ser obxecto de subvención os gastos derivados do acceso a servizos especializados de ciberseguridade prestados por entidades provedoras homologadas, co obxectivo de mellorar a capacidade das empresas galegas para previr, detectar, responder e recuperarse fronte a incidentes de seguridade dixital, sempre que se realicen desde a data de solicitude da axuda.

Os servizos subvencionables ao abeiro deste programa deberán ser executados por entidades provedoras homologadas polo Igape conforme o procedemento regulado na súa correspondente Resolución. A relación de provedores homologados estará dispoñible para consulta pública na sede electrónica do Igape (https://www.igape.gal/gl/entidades-homologadas-ciber), e poderá ser actualizada en función das altas e das baixas no catálogo.

Concederase unha axuda do 75 %, ata un máximo de 30.000 €.

Para os efectos destas bases, considérase gasto subvencionable admisible un investimento mínimo de 18.000 €. As actuacións cun orzamento inferior non serán obxecto de axuda.

No caso de actuacións cuxo gasto total supere os 40.000 €, a subvención aplicarase unicamente sobre os primeiros 40.000 € de gasto subvencionable conforme o límite máximo establecido.

A axuda farase efectiva mediante o pagamento directo polo Igape á entidade provedora homologada que prestase os servizos, unha vez validada a xustificación da actuación.

A empresa beneficiaria non percibirá directamente fondos públicos nin deberá adiantar o custo total da actuación. Unicamente deberá aboarlle á entidade provedora o 25 % da base impoñible máis o IVE correspondente, segundo o exemplo de factura establecido no anexo VII das bases reguladoras.


Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas empresarias individuais e persoas xurídicas que teñan a condición de empresa, con independencia do seu tamaño.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250814/AnuncioO92-310725-0002_gl.html

Curso de teleformación en prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2025 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo/a, empresario/a e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de agosto ao 5 de setembro de 2025.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250818/AnuncioO150-310725-0002_gl.html

Obradoiro formativo "Enfermidades de transmisión alimentaria asociadas a produtos pesqueiros"

Desde ES·MAR, queren convidarte a participar no próximo obradoiro formativo “Enfermidades de transmisión alimentaria asociadas a produtos pesqueiros”, dirixido a persoal implicado na cadea de subministración, lonxas, almacenistas, transportistas, plantas de procesado, peixarías, xerentes, manipuladores e responsables de calidade, así coma todo aquela persoa emprendedora que estea interesada.

Este taller está enfocado a dar a coñecer o impacto das ETA no sector, coñecer os principais axentes causantes, identificar os puntos críticos de control e aplicar medidas prácticas de prevención en toda a cadea de subministración.
  Detalles do obradoiro:
📅 Data: [26 de agosto]
🕛 Hora: [9:30 h]
📍 Localización: [Oficina ES·MAR  Calle Lavandeiras, nº 6, 27863, Celeiro, Viveiro]
  Inscríbete agora facendo clic aquí:

lunes, 18 de agosto de 2025

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TÉCNICOS/-AS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PAI

Está exposta desde o día de hoxe, 18 de agosto de 2025, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluidos definitiva para a creación dunha bolsa de emprego para técnicos/-as de educación infantil para o PAI. 

A proba realizarase o próximo día 21 de agosto de 2025, ás 10:00 h, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Vicedo (Casa Cultura). R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.

Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +) 

martes, 12 de agosto de 2025

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TÉCNICOS/-AS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PAI

Está exposta desde o día de hoxe, 12 de agosto de 2025, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluidos provisional para a creación dunha bolsa de emprego para técnicos/-as de educación infantil para o PAI.

O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 13 e 14 de agosto.

A proba realizarase o próximo día 21 de agosto de 2025, ás 10:00 h, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Vicedo (Casa Cultura). R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.

Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +) 

viernes, 8 de agosto de 2025

Creación bolsa de emprego municipal

 


No seguinte enlace pódense descargar os modelos de solicitude tanto para persoas desempregadas empadroadas neste concello que buscan traballo como para as empresas que necesitan traballadores: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.5 (taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver tódalas publicacións)

viernes, 1 de agosto de 2025

Resultados segundas probas esforzo para a selección de peóns e peón condutor para a brigada de incendios forestais

Pinchando no seguinte enlace, pódense consultar os resultados das segundas probas de esforzo para a selección de peóns e peón condutor da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais (xefe de brigada, peón condutor e tres peóns): https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)


TALLERES ES.MAR-AGOSTO 2025

 

Podes inscribirte a través da nosa web: https://rede-esmar.gal/es/
Se tes algunha dúbida, pode contactar con [viveiro@rede-esmar.gal /664 461 557].

miércoles, 30 de julio de 2025

Vacantes.gal

Pásovos información sobre a plataforma Vacantes.gal, por si fose do voso interes

Vacantes.gal é unha web: é unha man tendida, unha ferramenta feita con esperanza e compromiso co rural. Permite que calquera persoa poida ofrecer os seus servizos, buscar colaboracións, ou cubrir necesidades laborais ou sociais, contribuíndo a fixar poboación e dinamizar as nosas comunidades: www.vacantes.gal

lunes, 28 de julio de 2025

Oferta de emprego para a creación dunha bolsa de técnicos de educación infantil para o PAI de O Vicedo

Publicadas no BOP de Lugo de hoxe, día 28 de xullo de 2025, as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para técnicos/-as de educación infantil, para os casos de substitución de persoal con dereito a reserva do posto de traballo, baixas, etc. 

O prazo de inscrición comenza o día seguinte ao da publicación no BOP, e por dez días naturais.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

domingo, 20 de julio de 2025

jueves, 17 de julio de 2025

Vacantes nos procesos de selección de persoal para a brigada de extinción e prevención de incendios forestais. Campaña 2025

Existen vacantes nos procesos de selección, mediante concurso - oposición, do personal laboral temporal para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de incendios 2025 para os postos de: peón e peón-condutor.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 ou na oficina de emprego de Viveiro.

miércoles, 16 de julio de 2025

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas desde o día de hoxe, 16/07/2025, as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de cinco días hábiles a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 17 de xullo e remata o día 23 de xullo de 2025. As probas de selección realizaranse o día 28 de xullo de 2025, ás 10:30 horas, na Centro sociocultural xuvenil e da terceira idade do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es

lunes, 14 de julio de 2025

Resultados probas esforzo para a selección de tódolos membros da brigada de incendios forestais

Pinchando no seguinte enlace, pódense consultar os resultados das probas de esforzo para a selección de tódolos membros da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais (xefe de brigada, peón condutor e tres peóns): https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)


Axudas para conciliación da vida persoal, familiar e laboral por redución de xornada de traballo

ORDE do 1 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI440A).

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0762-020725-0001_gl.html

domingo, 13 de julio de 2025

AXUDAS VARIAS PARA EMPRESAS: BONO TURISTICO E PARA O EMPRENDEMENTO FEMININO

ORDE do 9 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI429A)

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0762-100725-0001_gl.pdf


RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos, se convocan para o ano 2025 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes (código de procedemento TU985F)

Máis información

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0256-070725-0001_gl.pdf

Oferta de emprego privada

 Empresa de servizos pesqueros de Celeiro convoca praza de administrativo.

As persoas interesadas en participar no proceso teñen de prazo para presentar solicitudes ata o próximo 15 de xullo de 2025. Para máis información, dirixirse ao correo colegiolugo@economistas.org ou contactar telefónicamente no número 982242005


jueves, 10 de julio de 2025

BONO PEIXE XUNTA DE GALICIA

PROGRAMA DINAMIZACIÓN E INCENTIVACIÓN DO CONSUMO DE PEIXE E MARISCOS FRESCOS NOS COMERCIOS RETALLISTAS

OBXECTIVO: Incentivar a demanda de peixe e marisco fresco.

BONOS PEIXE:

Cada bono terá un valor de hasta 50€ (aplicarase un desconto do 25% da compra de peixe e marisco fresco), dispoñibles en tramos semanas de 5 euros, acumulables durante o periodo de validez do bono, no caso de ter saldo acumulado o importe do desconto non poderá superar os 25 euros por semana.

Poderase usar cada bono ata o esgotamento do importe semanal do usuario ou, se é o caso, do acumulado ata o límite dos 25 euros, ou ata o esgotamento do crédito dispoñible por semana, ou ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o crédito total.

Os bonos estarán disponibles para a súa descarga desde o día 28/07/2025 ata o 30/10/2025, ou o esgotamento do crédito, na páxina web www.bonopeixe.gal.

 

COMERCIOS MINORISTAS CON ESTABLECEMENTO OU AMBULANTES QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: desde mañá día 11/07/2025 os establecementos minoristas con ou sin establecemento permanente, interesados poderán solicitado na web www.bonopeixe.gal .  Requisitos para poder adherirse:

-Desenvolver a  súa actividade comercial en Galicia.

- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 10/07/2025.

 

FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante 5 anos os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250710/AnuncioG0427-270625-0001_gl.pdf  https://bonopeixe.gal/

Axudas para incentivar o alugamento a prezos accesibles do IGVS

 Máis información no seguinte enlace: 

https://igvs.xunta.gal/o-igvs/temas?content=/.content/tema/rehabilitacion/programa_fogar_vivo.xml


miércoles, 9 de julio de 2025

LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROCESO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (85,33%)

No día de hoxe, 09 de xullo de 2025, aprobouse a lista de admitidos/excluídos provisional, elevada a definitiva, para a selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

As probas de selección terán lugar o día 28 de xullo, ás 10:00 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Vicedo (Casa da Cultura), sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23  O Vicedo.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3 (para ver todo dar a máis publicacións ou pulsar no + que está a dereita no taboleiro de anuncios).

martes, 8 de julio de 2025

CARNÉS FITOSANITARIOS

La empresa ARA FORMACIÓN informa que con el motivo de la reciente información transmitida a través de la Consellería del Medio Rural, en la que se comunica que los carnés de fitosanitarios obtenidos hace una década en El Bierzo fueron dados de baja del Registro Oficial de Productores y Operadores de Medios de Defensa Fitosanitaria (ROPO), existe la posibilidad de organizar en la zona un curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios de 25 horas, nivel básico.

Interesados contactar con Noelia llamando al 695799037, o enviando un e-mail a: noelia.canabal@araformacion.es


lunes, 7 de julio de 2025

LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PROCESOS DE SELECCIÓN BRIGADA DE INCENDIOS FORESTAIS 2025 (1 XEFE DE BRIGADA, 3 PEÓNS E 1 PEÓN-CONDUTOR)

No día de hoxe, 07 de xullo de 2025, aprobáronse as seguintes listas de admitidos/excluÍdos definitivas:

 -3 Peóns para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Peón-condutor para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

- 1 Xefe para a brigada de incendios, tres meses a xornada completa.

Nas listas fíxanse as datas, hora e lugar da realización das probas.

Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3 (para ver todo dar a máis publicacións ou pulsar no + que está a dereita no taboleiro de anuncios).

martes, 1 de julio de 2025

Oferta de emprego: limpadora para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADORA baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución, para cubrir vacacións das limpadoras municipais, desde o próximo día 30 de xullo de 2025.

O prazo de inscrición comenza o día 2 e finaliza o 11 de xullo de 2025, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 14 de xullo de 2025, ás 10:30 horas, na casa consistorial do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións e outros permisos

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución, para cubrir vacacións e outros permisos, a xornada completa, desde o próximo día 4 de agosto de 2025.

O prazo de inscrición comenza o día 2 e finaliza o 11 de xullo de 2025, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 14 de xullo de 2025, ás 10:30 horas, na casa consistorial do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

lunes, 30 de junio de 2025

Obradoiros formativos ES-MAR

Desde ES·MAR, queren convidarte a participar no próximo obradoiro formativo “Mantemento da cadea de frío. Do mar á mesa”, dirixido a persoas armadoras, responsables de lonxas, plantas de procesado, responsables de calidade de plantas de cultivo, persoal de peixerías, responsables de venta online e emprendedores.

Este taller, de nivel básico, está enfocado para capacitar ás persoas asistentes en boas prácticas de mantemento da cadea de frío no sector pesqueiro, para garantir a calidade e inocuidade do produto, así como o cumprimento do marco normativo vixente.
Detalles do obradoiro:
📅 Data: [02 de xullo]
🕛 Hora: [12:30 h]
📍 Modalidade: [Online]
 
Inscríbete agora facendo clic aquí:

lunes, 23 de junio de 2025

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (85,33%)

Publicadas as bases no BOP de Lugo de hoxe día 23/06/2025, e expostas na sede electrónica e no taboleiro de edictos municipal,  para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar  do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.

O prazo de inscrición é de oito días naturais a contar a partir da publicación do anuncio no BOP, polo tanto, comeza o día 24 de xuño de 2025 e remata o día 01 de xullo de 2025.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/23-06-2025.pdf#page=13

jueves, 19 de junio de 2025

CONTRATACIÓN BRIGADA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS - CAMPAÑA INCENDIOS 2025

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a selección, mediante concurso - oposición, do personal laboral temporal brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de incendios 2025

- 1 xefe de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais;

- 1 peón - condutor de prevención e defensa contra incendios forestais;

- 3 peóns de prevención e defensa contra incendios forestais.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, publicado no BOP de hoxe 19/05/25. Polo tanto, o prazo de solicitude sería do 20 ata o 26 de xuño de 2025.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.