martes, 19 de agosto de 2025

Axudas da Consellería de Cultura, lingua e xuventude para a obtención dos permisos de condución clases A2 e B para á mocidade galega

No DOG de hoxe día 19/08/2025, publícase a convocatoria de axudas para a obtención dos permisos de condución clases A2 e B para á mocidade galega.

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos e non ter feitos os 31.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Non estar traballando por conta propia nin allea.

d) Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.

e) Que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o IPREM de 2025 (42.000 euros), no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extra e referidos a 2024.

O importe da axuda será de 150 euros para o permiso de clase A2 e 400 euros para o permiso clase B.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día 25 de agosto de 2025, ás 9:00 horas, ata o día 25 de setembro de 2025 ás 20:00 horas, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electronica https://sede.xunta.gal.

Máis información:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250819/AnuncioG0766-080825-0001_gl.html




Axudas para mellorar a preparación dixital fronte a ameazas cibernéticas nas empresas galegas, programa Empresa Cibersegura - 2025

Data de publicación: 14/08/2025

Data inicio de solicitude: 25/08/2025

Data remate de solicitude: 15/11/2025

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas destinadas a mellorar a preparación dixital fronte a ameazas cibernéticas nas empresas galegas, mediante a adopción de medidas de ciberseguridade que lles permitan reforzar a protección dos seus activos críticos, reducir o risco de incidentes e mellorar a súa capacidade de prevención, detección e resposta ante ameazas no contorno dixital.

Características da axuda

Poderán ser obxecto de subvención os gastos derivados do acceso a servizos especializados de ciberseguridade prestados por entidades provedoras homologadas, co obxectivo de mellorar a capacidade das empresas galegas para previr, detectar, responder e recuperarse fronte a incidentes de seguridade dixital, sempre que se realicen desde a data de solicitude da axuda.

Os servizos subvencionables ao abeiro deste programa deberán ser executados por entidades provedoras homologadas polo Igape conforme o procedemento regulado na súa correspondente Resolución. A relación de provedores homologados estará dispoñible para consulta pública na sede electrónica do Igape (https://www.igape.gal/gl/entidades-homologadas-ciber), e poderá ser actualizada en función das altas e das baixas no catálogo.

Concederase unha axuda do 75 %, ata un máximo de 30.000 €.

Para os efectos destas bases, considérase gasto subvencionable admisible un investimento mínimo de 18.000 €. As actuacións cun orzamento inferior non serán obxecto de axuda.

No caso de actuacións cuxo gasto total supere os 40.000 €, a subvención aplicarase unicamente sobre os primeiros 40.000 € de gasto subvencionable conforme o límite máximo establecido.

A axuda farase efectiva mediante o pagamento directo polo Igape á entidade provedora homologada que prestase os servizos, unha vez validada a xustificación da actuación.

A empresa beneficiaria non percibirá directamente fondos públicos nin deberá adiantar o custo total da actuación. Unicamente deberá aboarlle á entidade provedora o 25 % da base impoñible máis o IVE correspondente, segundo o exemplo de factura establecido no anexo VII das bases reguladoras.


Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as persoas empresarias individuais e persoas xurídicas que teñan a condición de empresa, con independencia do seu tamaño.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250814/AnuncioO92-310725-0002_gl.html

Curso de teleformación en prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2025 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo/a, empresario/a e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de agosto ao 5 de setembro de 2025.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250818/AnuncioO150-310725-0002_gl.html

Obradoiro formativo "Enfermidades de transmisión alimentaria asociadas a produtos pesqueiros"

Desde ES·MAR, queren convidarte a participar no próximo obradoiro formativo “Enfermidades de transmisión alimentaria asociadas a produtos pesqueiros”, dirixido a persoal implicado na cadea de subministración, lonxas, almacenistas, transportistas, plantas de procesado, peixarías, xerentes, manipuladores e responsables de calidade, así coma todo aquela persoa emprendedora que estea interesada.

Este taller está enfocado a dar a coñecer o impacto das ETA no sector, coñecer os principais axentes causantes, identificar os puntos críticos de control e aplicar medidas prácticas de prevención en toda a cadea de subministración.
  Detalles do obradoiro:
📅 Data: [26 de agosto]
🕛 Hora: [9:30 h]
📍 Localización: [Oficina ES·MAR  Calle Lavandeiras, nº 6, 27863, Celeiro, Viveiro]
  Inscríbete agora facendo clic aquí:

lunes, 18 de agosto de 2025

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TÉCNICOS/-AS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PAI

Está exposta desde o día de hoxe, 18 de agosto de 2025, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluidos definitiva para a creación dunha bolsa de emprego para técnicos/-as de educación infantil para o PAI. 

A proba realizarase o próximo día 21 de agosto de 2025, ás 10:00 h, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Vicedo (Casa Cultura). R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.

Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +) 

martes, 12 de agosto de 2025

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TÉCNICOS/-AS DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PAI

Está exposta desde o día de hoxe, 12 de agosto de 2025, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluidos provisional para a creación dunha bolsa de emprego para técnicos/-as de educación infantil para o PAI.

O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 13 e 14 de agosto.

A proba realizarase o próximo día 21 de agosto de 2025, ás 10:00 h, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Vicedo (Casa Cultura). R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.

Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +) 

viernes, 8 de agosto de 2025

Creación bolsa de emprego municipal

 


No seguinte enlace pódense descargar os modelos de solicitude tanto para persoas desempregadas empadroadas neste concello que buscan traballo como para as empresas que necesitan traballadores: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.5 (taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver tódalas publicacións)

viernes, 1 de agosto de 2025

Resultados segundas probas esforzo para a selección de peóns e peón condutor para a brigada de incendios forestais

Pinchando no seguinte enlace, pódense consultar os resultados das segundas probas de esforzo para a selección de peóns e peón condutor da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais (xefe de brigada, peón condutor e tres peóns): https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)


TALLERES ES.MAR-AGOSTO 2025

 

Podes inscribirte a través da nosa web: https://rede-esmar.gal/es/
Se tes algunha dúbida, pode contactar con [viveiro@rede-esmar.gal /664 461 557].