viernes, 12 de septiembre de 2025

Axudas a establecementos e servizos turísticos relacionadas coa Q de calidade e S de sustentabilidade turística

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou o mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TU970A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250912/AnuncioG0256-290825-0001_gl.html

jueves, 11 de septiembre de 2025

AXUDAS Á GANDEIRA PARA O FOMENTO DE SILVOPASTOREO E PASTOREO EXTENSICO

CONVOCATORIA E BASES QUE CANALIZARÁN AS SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA APOIAR O FOMENTO DE BOAS PRÁCTICAS DE SILVOPASTOREO E PASTOREO EN EXTENSIVO QUE CONTRIBÚAN Á REDUCIÓN DOS NIVEIS DE BIOMASA EXISTENTE, NA EXECUCIÓN DO PROGRAMA “O QUE NON ARDE”, NA ANUALIDADE 2025, DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

MÁIS INFORMACIÓN: https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/01-09-2025.pdf#page=1

AXUDAS A ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS PARA O EMBELECEMENTO DO LITORAL

Resolución do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se convocan con carácter plurianual (2025-2026) (código de procedemento TU503F).

OBXECTO:  axudas a establecementos turísticos para actuacións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, así como a mellora da fachada e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras, de xeito que contribúan ao embelecemento do litoral da Comunidade Autónoma de Galicia e a un turismo sostible.

BENEFICIARIOS:

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención.

HAI TRES LIÑAS DE AXUDA:

a) Liña 1. Eficiencia enerxética

Será subvencionable a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación para reducir o consumo de enerxía das instalacións de iluminación de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico (tanto no extrerior como no interior)

Entre as actuacións subvencionables serán con carácter indicativo e non limitativo as que se relacionan a seguir:

– Luminarias, lámpadas e equipamento.

– Sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de aceso e regulación do nivel de iluminación.

– Cambio de sistema de iluminación: recolocación dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico anual respecto ao sistema actual de iluminación.

– Sistemas e elementos que permitan o control remoto ou o control automático por medios dixitais de instalacións destinadas a controlar sistemas de iluminación eficientes, sistemas de control automático de toldos, persianas ou cortinas e sistemas de control automático do acendido, apagado e regulación da iluminación.

O custo elixible destas actuacións debe ser igual ou superior a 5.000,00 €.

b) Liña 2. Dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral

Serán subvencionables:

– Gastos derivados da transformación dixital.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de códigos QR para o ámbito turístico.

– Gastos relacionados co desenvolvemento de ferramentas dixitais para coñecer o destino antes de visitalo.

 c) Liña 3. Mellora da fachada do litoral galego

Será subvencionable:

– Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións construtivas non axeitados para quedaren á vista.

– Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

– Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estaren rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por estaren nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.

– Revestimento dos muros de cerramento da parcela onde se sitúa o establecemento turístico realizados con ladrillo ou bloques de formigón sen revestir.

– Gastos de elaboración do proxecto de obra e honorarios e custos da dirección facultativa das actuacións. Será subvencionable por este concepto ata o 5 % do investimento subvencionable, co límite máximo de 5.000,00 euros.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de xuño de 2026, de acordo co período de execución establecido no artigo 7.5 das bases reguladoras.

A intensidade da axuda será ata un 80 % do custo total subvencionable do proxecto e o investimento neto admitido será, como máximo:

– No caso da liña 1: ata 25.000,00 €.

– No caso da liña 2: ata 15.000,00 €.

– No caso da liña 3: ata 250.000,00 €.

O investimento neto admitido será, como máximo:

– No caso da liña 1: ata 25.000,00 €.

– No caso da liña 2: ata 15.000,00 €.

– No caso da liña 3: ata 250.000,00 €

PRINCIPAIS OBRIGAS: manter o investimento subvencionado e a titularidade durante un período mínimo de tres anos. En todo caso, o dito prazo será de cinco anos cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público, de conformidade co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ de dous meses: do 12/09/2025 08:00 ata o 12/11/2025 20:00, ou ata o esgotamento do crédito.

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503F&ano=2025&numpub=1&c=nu ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local.