martes, 9 de diciembre de 2025

Oferta de emprego: limpadora para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADORA baixo a modalidade de contrato de traballo de substitución, para cubrir vacacións das limpadoras municipais, desde o próximo día 26 de decembro de 2025.

O prazo de inscrición comenza mañá día 10 e finaliza o 16 de decembro de 2025, ambos inclusive, igualmente tamén se presentará oferta na oficina de emprego de Viveiro.  A selección terá lugar o día 17 de decembro de 2025, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Vicedo.

Para máis información e inscricións: pasar polo Concello, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info

Acta selección limpadora a xornada completa

Publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección dunha limpadora a xornada completa: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0


Formación en competencias dixitais, nivel intermedio, dirixida a tódol@s cidadáns

Programa formativo enfocado a proporcionar á cidadanía as competencias necesarias para desenvolverse plenamente no mundo dixital.

Está acreditado pola Xunta de Galicia.

É 100% gratuíto, 100% online e 100% titorizado.

Está enfocado a toda a cidadanía.

Está 100% financiado con Fondos Next Generation UE.

 

Obterás un diploma acreditativo ao finalizar a formación emitido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.

Conseguirás a preparación necesaria para optar á obtención do ComDix(certificación galega do teu nivel de competencias dixitais). Este programa formativo non outorga directamente a certificación ComDix, pero sí é unha preparación para o mesmo. Para a súa obtención é necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas directamente pola Amtega.

 Máis información e inscrición: https://formaciondixital.gal/