miércoles, 27 de febrero de 2008

SUBVENCIÓNS PARA NOVAS TECNOLOXÍAS EN COMERCIOS MINORISTAS

Axudas dirixidas a comercios minoristas para a adquisición de: ordenadores de sobremesa (no caso de vendedores ambulantes, subvencionanse: portais, axendas electrónicas, PDA e similares) e aplicacións informáticas adicadas a mellora da xestión comercial, impresoras, equipos multifunción, scaners, servidores, máquinas rexistradoras, terminais punto de venda, lectores códigos de barras, sistemas de medición e peso, sistemas de etiquetado e sistemas antihurto incorporados ó producto, creación de páxinas web e comercio electrónico, fotocopiadoras, teléfono, fax, equipos para tratamento da temperatura do producto..... Non se inclúe: cámaras dixitais, hardware e software que non se poda relacionar cunha mellora da xestión comercial.
Inversión mínima: 1.000 euros (IVA excluido)
Inversión máxima subvencionable: 12.000 euros, salvo para páxinas web e comercio electrónico que será 3.000 euros.
Cuantía: ata o 50%.
Prazo de solicitude: ata o 31/03/08.

Máis información (DOG 22/02/08):

http://www.xunta.es/diario-oficial


No hay comentarios: