martes, 7 de febrero de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun educador infantil para o Punto de atención á infancia.


Os requisitos para os candidatos son:

- Ser español ou cidadán da Unión Europea.

- Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.

- Ter coñecementos de primeiros auxilios.

- Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.

- Estar vacinado contra a rubéola.

- Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.

O prazo de inscrición finaliza o día 17 de febreiro ás 9:30 horas, a partir das 10:00 do mesmo día realizaranse as probas de selección.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195.

No hay comentarios: