jueves, 26 de julio de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral mediante concurso-oposición dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial (35,5 horas/semana).



Deben cumprirse os seugintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.


Os requisitos anteriores deben de acreditarse antes da finalización do prazo de presentación de instancias.
O prazo de solicitude remata o día 03 de agosto ás 9:30 horas, e a selección será ese mismo día ás 10:00 horas na Casa Consistorial.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local



No hay comentarios: