martes, 20 de agosto de 2019

CURSOS PREPARATORIOS DO CELGA

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de língua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. DOGA 20/08/2019.

OBXECTO: Convocar cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de língua galega (Celga), pero NON se obtén o certificado por facer o curso. 

Os cursos preparatorios do Celga son presenciais e impartiránse nas seguintes escolas de idiomas: EOI de Ferrol, EOI de Santiago de Compostela, EOI de Lugo, EOI de Pontevedra, EOI de Vigo e EOI de Ourense. (Niveis e datas especificadas no Anexo II da Orde).

REQUISITOS PARA OS CURSOS DO CELGA: Ser maior de 16 anos ou cumprilos no ano 2019.

PRAZO de solicitude: do 2 ao 11 de setembro de 2019 para os cursos do primeiro cuadrimestre e do 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020 para os cursos do segundo cuadrimestre.


Podes solicitar máis información contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local deste concello.

No hay comentarios: