miércoles, 18 de junio de 2025

OFERTA DE EMPREGO PRIVADA: AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO

 A empresa IDADES de Viveiro busca auxiliar de axuda a domicilio, a xornada completa, para O Vicedo.

QUEDAN VACANTES NA OFERTA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS VERÁN 2025

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, de 6 SOCORRISTAS, a xornada completa, durante dous meses.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

AXUDAS A ARTESÁNS DA CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 30 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN201G)

Máis información:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250617/AnuncioG0767-020625-0002_gl.html

martes, 17 de junio de 2025

Oferta emprego (por vacante): UN PEÓNS FORESTAL, programa APROL RURAL 2025

A Consellería de Promoción do emprego, comercio e emigración concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, con data prevista de inicio o 01 de xullo de 2025,  ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2025 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025. Realizada unha primeira selección quedou vacante un dos postos de traballo.

Entre outros requisitos para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (a oficina de Viveiro é a que tramita a oferta), tanto no momento da selección como no da contratación.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace onde están expostas as bases de selección: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.6 

martes, 10 de junio de 2025

Oferta emprego privada

 Necesitan axudante para o coidado de persoa maior, desde o 15 de xullo ata o 15 de setembro, en horario de mañá, de 11.00 a 12:30, no Vicedo, rúa do Porto.

Interesados contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, no teléfono 982590029

lunes, 9 de junio de 2025

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun auxiliar administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Reforzo do emprego 2024", cobertura vacante

Publicouse no día de hoxe 09/06/2025 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2024", para cubrir vacante por cesamento, financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 10 e 11 de xuño para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

 As probas e valoración de méritos terán lugar o día 17 de xuño de 2025, ás 11:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

Curso de Aplicador ou Manipulador de Produtos Fitosanitarios nivel básico para a obtención do carnet

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias - AGACA é entidade autorizada pola Consellería do Medio Rural para a impartición dos cursos de Aplicador/Manipulador de productos fitosanitarios, nivel básico, tanto en modalidade presencial como en modalidade teleformación.

 Mediante estes cursos homologados accédese ao correspondente carné oficial emitido pola Consellería do Medio Rural unha vez superado o correspondente exame oficial.

O número total de horas lectivas é de 25, que habitualmente facemos nunha semana en presencial. 

Na modalidade teleformación, poden dar un prazo maior para a realización do curso, e o alumnado pode realizar a formación a través da plataforma en calquera momento do día, que teña dispoñibilidade, o que permite unha maior facilidade para realizar o curso, especialmente, nesta época do ano na que os agricultores e gandeiros están en momentos de gran carga de traballo. 

En todo caso, puntualizar que na modalidade de teleformación, hai que facer obrigatoriamente 9 horas en presencial, repartidas en dous días. Pero é unha modalidade ideal para persoas mozas con acceso a internet. Por tanto, tamén na modalidade presencial os alumnos deben ser dun concello ou concellos limítrofes para que poidan acceder ás 9 horas de formación presencial.


Poden adaptar datas e horarios, estudando cada caso.
Para calquera información adicional: berta.agaca@gmail.com ou  loli@agaca.coop 


Ofertas empleo Eurofirms Viveiro

Buscan varios perfiles:

 MECÁNICO/A MAQUINARIA (XOVE)

 Buscamos un/a mecánico/a de maquinaria de alquiler para una empresa con reconocida trayectoria del sector de la construcción-transporte situada en A Mariña Lucense. La persona seleccionada realizará las siguientes funciones:

- Mantenimiento preventivo y correctivo de la maquinaria de alquiler.
- Cumplimentación de registros.
- Seguimiento de las normas de Calidad, Prevención y MA.
- Entre otras funciones propias del puesto de trabajo.

Requisitos:

- Experiencia en funciones de mecánica de maquinaria de obra.
- Residencia próxima al puesto de trabajo.
- Buscamos a una persona dinámica y resolutiva.
- Conocimientos en mecánica, hidráulica, neumática y electricidad.

Formación:

- GM o GS en Mecánica Industrial o similar finalizado.
- Formación básica en PRL.

 

ELECTRICISTA (O VALADOURO)

Nuestro cliente se dedica al mantenimiento eléctrico a nivel industrial, con importante presencia en el norte de la provincia de Lugo, y buscan un/a electricista para realizar las siguientes funciones:

- Mantenimiento industrial para integrarse en el equipo de mantenimiento preventivo.
- Instalaciones eléctricas de Media y Baja Tensión en viviendas.
- Conexionados.
- Montaje de cuadros y cabinas.
Requisitos:

- Se valorará experiencia en puesto similar.
- Buscamos una persona polivalente, organizada y meticulosa.
- Imprescindible conocimientos en localización y reparación de averías eléctricas.
- Valorable residencia cercana al puesto de trabajo.

Formación:

- GM Instalaciones Eléctricas o similar.
- Valorable Certificado PRL Básico 60 horas.
- Valorable certificado de trabajo en alturas.

Estas dos ofertas son con contrato estable y a jornada de 40h/semanales

El horario es de 9:00h a 14:00h y de 15:00 a 18:00h, cualquier duda llamar al teléfono 982562906 (Recruiter Eurofirms Viveiro)

 


viernes, 6 de junio de 2025

Oferta de emprego

 


Cursos para persoas traballadoras desempregadas do Centro de Formación Ocupacional de Viveiro

 


Todas as accións formativas están dirixidas á formación de persoas traballadoras desempregadas. Os requisitos para acceder como alumno aos cursos, segundo o seu nivel, están regulados pola Consellería de Emprego e Igualdade e polo decreto de cada certificado de profesionalidade. Si desexa máis información, ou ten interese en algunha das accións formativas, consulte no Centro de Formación (dirección e teléfono arriba na imaxe), ou na súa oficina de emprego

Oferta de emprego: 6 socorristas para traballar en praias de O Vicedo durante o verán 2025

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, de 6 SOCORRISTAS, a xornada completa, durante dous meses.

O prazo de inscrición comenza o día 06  e remata o  día 16 de xuño de 2025.

O proceso de selección será o día 17 de xuño de 2025, ás 10:00 horas, na Casa consistorial do Vicedo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 5 de junio de 2025

Ofertas de emprego: tres vixiantes de espazos naturais. Programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Publicadas no taboleiro de edictos, na sede electrónica do Concello do Vicedo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo, as bases para a selección de TRES VIXIANTES DE ESPAZOS NATURAIS, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2025", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude comeza o próximo luns 09 de xuño e remata o día 18 de xuño de 2025. A proba de selección será o día 20 de xuño de 2025, ás 10:00 horas na Casa da Cultura.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 https://deputacionlugo.gal/temas/emprego/reforzo_emprego2025/listaxe_postos


miércoles, 4 de junio de 2025

Oferta emprego: animador/-a sociocultural para a tempada de verán 2025

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha ANIMADOR/-A SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2025 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do Concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase o día 9 de xuño e  remata o próximo día 18 de xuño de 2025. Realizándose o proceso de selección o día 20 de xuño de 2025, a partir das 11:00 h. na Casa da Cultura do Concello do Vicedo.

 Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local. Tamén no seguinte enlace pode consultar bases e descargar os modelos de solicutude: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/ 

martes, 3 de junio de 2025

DESCONTOS NO COMERCIO MINORISTA: BONOS ACTIVA COMERCIO

BONOS ACTIVA COMERCIO

Os bonos activa comercia xa están dispoñibles para os usuarios desde o día 4 de xuño de 2025 e ata o 15 de decembro de 2025, ou ata o esgotamento do crédito si se produce antes desa data, na web https://bonosactivacomercio.gal/. Os bonos descargados poderán usarse ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o presuposto máximo.

Cada bono tendrá un valor de ata 30€. En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:

-Desconto de 5€ en compras iguais ou superiores  a 20€ e inferiores a 30€.

-Descontos de 10€ en compras iguais ou superiores a 30€ e inferiores a 50€.

-Descontos de 15€ en compras iguais ou superiores a 50€.

Todas as cuantías entendense co IVA incluido.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250603/AnuncioG0767-200525-0003_es.pdf