viernes, 6 de junio de 2025

Oferta de emprego: 6 socorristas para traballar en praias de O Vicedo durante o verán 2025

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, de 6 SOCORRISTAS, a xornada completa, durante dous meses.

O prazo de inscrición comenza o día 06  e remata o  día 16 de xuño de 2025.

O proceso de selección será o día 17 de xuño de 2025, ás 10:00 horas, na Casa consistorial do Vicedo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: