martes, 9 de junio de 2026

Subvencións para promover a primeira experiencia profesional mediante contratos formativos para a mocidade e no sector artesanal (TR353C e TR353E) – Ano 2026

 BENEFICIARIOS

Programa I: primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos (código de procedemento TR353C).

Programa II: primeira experiencia profesional en oficios artesanais (código de procedemento TR353E).

Poderán ser beneficiarias das subvencións:

As empresas, persoas autónomas, sociedades civís e comunidades de bens.

Centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral (con limitacións).

En xeral, persoas empregadoras que contraten persoas traballadoras por conta allea en centros de traballo situados en Galicia.

QUE SE SUBVENCIONA

Programa I: Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional e de formación en alternancia.

Programa II: Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional en oficios artesanais.

Para os dous programas, os contratos terán unha duración mínima de 12 meses e deberán ser a xornada completa.

O período durante o cal se teñen que producir os contratos formativos para que sexan subvencionables comprende desde o 16 de outubro de 2025 ata o 30 de outubro de 2026.

IMPORTE SUBVENCIONABLE

As contías máximas do incentivo á contratación por 12 meses a xornada completa que se concederá con carácter xeral serán as seguintes:

a) Incentivo á contratación para as persoas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 €.

b) Incentivo á contratación para as persoas contratadas nos grupos de cotización 3 ao 7: 13.300 €.

c) Incentivo á contratación para as persoas contratadas nos grupos de cotización 8 ao 11: 9.975 €.

PRAZOS E LUGAR DA SOLICITUDE

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal

O prazo de solicitude:

O prazo xeral para a presentación das solicitudes dos procedementos de axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello ou pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260609/AnuncioG0767-250526-0001_gl.pdf


lunes, 8 de junio de 2026

Ofertas de emprego: tres vixiantes de espazos naturais. Programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.

As bases para a selección de TRES VIXIANTES DE ESPAZOS NATURAIS, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2026", financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo, poden consultarse sede electrónica do Concello do Vicedo e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.

O prazo de solicitude comeza mañá día 09 de xuño e remata o día 18 de xuño de 2026. A proba de selección será o día 19 de xuño de 2026, ás 10:00 horas na casa consistorial do Vicedo.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0