Podes inscribirte a través da web: https://rede-esmar.gal/es/
Consultas: viveiro@rede-esmar.gal /664 461 557.
Con este blog o concello de O Vicedo pretende difundir toda a información dispoñible sobre emprego, formación, e outras materias que incidan directa ou indirectamente no emprego.
Podes inscribirte a través da web: https://rede-esmar.gal/es/
Consultas: viveiro@rede-esmar.gal /664 461 557.
Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo, a xornada completa, para desempeñar as funcións da secretaría do xulgado de paz do Vicedo e outras que lle sexan encomendadas dentro da súa categoría laboral.
O prazo de solicitude comenzará mañá día 28 de maio e finaliza o día 3 de xuño de 2026 (ambos inclusive). A proba de selección terá lugar o día 8 de xuño de 2026, ás 10:00 horas, no Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.
Para máis información ou consulta das bases contactar no teléfono 982590029, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso, de 8 SOCORRISTAS, a xornada completa, durante dous meses, subvencionados pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ao abeiro da orde do 28 de abril de 2026.
Entre outros requisitos para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, tanto no momento da selección como no da contratación.
As persoas candidatas serán remitidas pola oficina de emprego de Viveiro, polo tanto, no caso de estar interesados, deben de inscribirse canto antes, xa que está previsto facer a selección o día 11 de xuño de 2026, segundo o previsto nas bases de selección.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Nova edición dos Bonos Activa Comercio 2026 para fomentar as compras no comercio local galego, con descontos nos comercios retallistas adheridos
As persoas maiores de idade residentes en Galicia poderán descargar un bono de ata 30 euros desde o 27 de maio ás 9:00 horas na web oficial https://bonosactivacomercio.gal/
Os descontos aplicaranse en compras realizadas en establecementos adheridos: 5 € en compras desde 20 €, 10 € desde 30 € e 15 € en compras superiores a 50 €. O bono funcionará mediante código QR e poderá empregarse ata esgotar o saldo ou o orzamento total da campaña, dotado con 2,5 millóns de euros.
Ademais, a iniciativa inclúe un sorteo en TikTok e Instagram con catro premios de 250 euros para seguir impulsando o consumo de proximidade e apoiar ao comercio galego.
A Consellería de emprego, comercio e emigración concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, con data prevista de inicio o 29 de xuño de 2026, ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2026.
Entre outros requisitos para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.
As persoas candidatas son remitidas pola oficina de emprego de Viveiro, polo tanto, no caso de estar interesados, deben de inscribirse canto antes, xa que está previsto facer a selección o día 1 de xuño de 2026, segundo o previsto nas bases de selección.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace onde están expostas as bases de selección: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.6
Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 4 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 15 de xuño e a de finalización o 14 de setembro de 2026.
O prazo de solicitude é do día 19 ao 29 de maio de 2026 (ambos inclusive). A proba de selección realizarase o día 3 de xuño de 2026, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
No día de hoxe, 18 de maio de 2026, aprobouse a lista de admitidos/excluídos provisional, elevada a definitiva, da selección para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/-A CASA DO CONCELLO E OUTROS, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista, unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.
As probas de selección terán lugar o día 27 de maio de 2026, ás 10:00 horas, na Casa Consitorial do Vicedo.
Poden consultar as listas e toda a información pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3 (para ver todo dar a máis publicacións ou pulsar no + que está a dereita no taboleiro de anuncios).
ESTÁN EXPOSTAS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DO VICEDO E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE DO VICEDO, segundo o estipulado nas bases, as actas da selección do director, administrador e docentes para o obradoiro de emprego Terras do Sor VIII.
Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
ESTÁN EXPOSTAS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DO VICEDO E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE DO VICEDO, segundo o estipulado nas bases, as actas das puntuacións das entrevistas de selección do director, administrador e docentes para o obradoiro de emprego Terras do Sor VIII.
Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
ESTÁN EXPOSTAS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DO VICEDO E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE DO VICEDO, segundo o estipulado nas bases, as actas da selección dos alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego Terras do Sor VIII, das especialidades relacionadas con carpintaría e mellora e conservación do monte.
Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
ESTÁN EXPOSTAS NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DO VICEDO E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO SOCIOCULTURAL, XUVENIL E DA TERCEIRA IDADE DO VICEDO, segundo o estipulado nas bases, as actas das puntuacións das entrevistas de selección dos alumnos-traballadores para o obradoiro de emprego Terras do Sor VIII, da especialidade de mellora e conservación do monte.
Para máis información pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Publicadas as bases no BOP de Lugo de hoxe día 23/06/2025, e expostas na sede electrónica e no taboleiro de edictos municipal, para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha limpador/-a, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio unha vez rematados tódolos trámites, e ata a cobertura definitiva da praza con persoal laboral fixo, no horario que demande o servizo.
O prazo de inscrición é de oito días naturais a contar a partir da publicación do anuncio no BOP, polo tanto, comeza o día 07 de maio de 2026 e remata o día 14 de maio de 2026.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Están expostas na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello as resolucións coas designacións dos membros dos tribunais de slección do alumnado-traballador, director, administrador/-a e docentes para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor VIII" e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Para máis información, pode pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0