viernes, 13 de abril de 2012

REXISTRO PROFESIONAL DE SOCORRISTAS AUCÁTICOS DE GALICIA

Este decreto será de aplicación aos/ás socorristas que exerzan a súa actividade en instalacións acuáticas e/ou espazos acuáticos naturais de Galicia que, segundo a normativa vixente, teñan a obriga de ter un/unha ou máis socorristas con titulación suficiente en materia de salvamento e socorrismo acuático.


Para o exercicio profesional do socorrismo acuático na Comunidade Autónoma de Galicia será necesario que o/a profesional solicite a inscrición no correspondente Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia presentando a preceptiva declaración responsable e que dispoña da correspondente habilitación profesional.


Formación mínima:


1. Socorrismo en instalacións acuáticas:
a). Certificado de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas

b). Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

c). Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, obtidas a través do procedemento, que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.2.


2. En espazos acuáticos naturais:

a). Certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais

b). Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en espazos acuáticos naturais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

c). Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, obtidas a través do procedemento que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.


A partir da entrada en vigor do presente decreto, e durante o período transitorio de 5 anos, que permita garantir a obtención por parte das persoas interesadas da acreditación das unidades de competencia da cualificación profesional correspondente, poderán inscribirse de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia as persoas que, no momento da entrada en vigor desta normativa, cumpran algún dos seguintes requisitos:


1.º Estar en posesión dun diploma que acredite a realización dun curso de 80 horas de formación de salvamento e socorrismo acuático impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública con anterioridade á data de entrada en vigor do presente decreto.


2.º Estar en posesión dun diploma que acredite a realización dun curso de formación en materia de socorrismo impartido por universidades, federacións deportivas de salvamento e socorrismo, Cruz Vermella ou outras entidades con experiencia na formación de socorristas, con anterioridade á data de entrada en vigor do presente decreto, sempre que o devandito curso obteña a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública.


Aqueles cursos que estean en fase de desenvolvemento na data de publicación do presente decreto serán considerados para os efectos do establecido neste punto, sempre que a entidade que organiza o curso o notifique á Agasp no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación deste decreto.


A Academia Galega de Seguridade Pública utilizará como criterio de homologación que o curso teña un mínimo de 80 horas e un contido similar ao curso de salvamento e socorrismo acuático ofertado pola Agasp nos últimos anos.


3.º Estar en posesión dun diploma que acredite a superación con avaliación positiva do Curso de formación profesional para o emprego de socorrista acuático (AFDB10, de 240 horas), expedido por unha Administración pública competente en materia de formación profesional para o emprego.


4.º Acreditar unha experiencia laboral superior a 12 meses. A devandita experiencia acreditarase mediante certificado de vida laboral acompañado de fotocopia compulsada de contrato de traballo ou certificación de empresa onde figuren a duración dos períodos de prestación do contrato, as actividades desenvolvidas e o intervalo de tempo en que se realizaron as devanditas actividades.


As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de inscrición segundo o modelo normalizado que figura como anexo III ao presente decreto, dirixida á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública e acompañada da documentación que se establece na antedita norma.


Máis información:
http://www.xunta.es/catalogo-de-procedementos?codCons=PR&codProc=526A&procedemento=PR526A

No hay comentarios: