miércoles, 28 de enero de 2015

AXUDAS DIRIXIDAS A EMPRESAS QUE ACOLLAN PERSOAS NOVAS EN PRÁCTICAS

Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas da Consellería de Traballo e Benestar as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con
persoas novas para a realización de prácticas non laborais.

Entre os requisitos que deben cumplirse entre outros son:
1. As prácticas non laborais realizaranse en centros de traballo localizados na Comunidade
Autónoma de Galicia.
2. As prácticas non laborais nas empresas non suporán, en ningún caso, a existencia de
relación laboral entre a empresa e a persoa nova.
3. As prácticas non laborais nas empresas terán unha duración de entre seis e nove meses;
e a xornada laboral será, como mínimo, de catro horas diarias, e non poderán superar
as corenta horas semanais.
4. As prácticas desenvolveranse en centros de traballo da empresa ou do grupo empresarial,
baixo a dirección e supervisión dunha persoa que as titorice. Á finalización das
prácticas non laborais, as empresas deberán entregar ás persoas que as realizaron un certificado
no que conste, polo menos, a práctica realizada, os contidos formativos inherentes
a ela, a súa duración e o período de realización.
5. As empresas ou grupos empresariais en que se desenvolvan as prácticas aboarán
ás persoas novas participantes unha bolsa de apoio cuxa contía neta será, como mínimo:
• 1, 2 veces o IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas teñan unha
duración de catro horas diarias.
• 1,5 veces o IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas duren máis
de catro horas diarias.
6. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as prácticas académicas externas,
curriculares e extracurriculares, das persoas estudantes universitarias, que se rexerán
pola súa normativa específica.
As prácticas non laborais irán dirixidas a persoas novas que teñan máis de 18 anos
e e menos de 25 e as persoas menores de 30 anos con grao de discapacidade igual ou
superior ao 33 %, que posúan unha titulación oficial universitaria, titulación de formación
profesional, de grao medio ou superior, ou titulación do mesmo nivel que o desta última,
correspondente ás ensinanzas de formación profesional, artísticas ou deportivas, ou ben
un certificado de profesionalidade.

Fin prazo solicitude: 31 de marzo de 2015



No hay comentarios: