miércoles, 24 de enero de 2018

CONVOCATORIA PROBAS DE LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO ESO


No DOG do 23 de xaneiro de 2018, publícase a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2018.

REQUISITOS:
-      Teren feitos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
-      Non ter o título de graduado en educación secundaria.
-      Non estar nin ter estado matriculado no curso 2017/18 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
-      O alumnado matriculado durante o curso 2017/18 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se cumpre unha serie de requisitos (consultar).


SOLICITUDE: Anexo I, que se presentará en papel nos centros educativos sinalados nesta orde (os máis pretos do Vicedo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n 27003 Lugo; EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requesens, s/n 15406 Ferrol)

DOCUMENTACIÓN:
-      Certificado de discapacidade se é o caso.
-      Certificación académica das materias superadas se é o caso.
-      Se se solicita a exención en Lengua Galega, acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país extranxeiro.

PRAZO matrícula:
-      Convocatoria de maio: 12 ao 23 de marzo de 2018.
-      Convocatoria de setembro: 2 ao 9 de xullo de 2018.

Realización das probas: en sesións de mañá e tarde o día 25 de maio de 2018 para a primeira convocatoria e o 7 de setembro para a segunda convocatoria.  

No hay comentarios: