jueves, 4 de enero de 2018

SELECCION DUN AXENTE TIC

No Boletín oficial da provincia de Lugo do día 04/01/2018,  publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC, a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.
Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  (apartado taboleiro de anuncios).


Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude, si se envía dun rexistro distinto ao do Concello do Vicedo, é:
- Copia compulsada do DNI.
- Copia compulsada da titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Copia compulsada da acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.
- Acreditación dos méritos en caso de existir, en orixinal ou copia compulsada, de: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos relacionados co posto e outras titulacións relacionadas co posto de traballo.
Si a documentación se presenta directamente no Concello, deben traer os orixinais  da documentación anterior para o seu cotexo (faríanselles aquí as fotocopias).

Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio Concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 15 de xaneiro de 2018, por ser o día 14 inhábil.

No hay comentarios: