miércoles, 21 de enero de 2026

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa.

Están expostas desde o día de hoxe, 21/01/2026, as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de oito días naturais a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 22 de xaneiro e remata o día 29 de xaneiro de 2026, ambos inclusive. As probas de selección realizaranse o día 3 de febreiro de 2026, ás 10:00 horas, na casa consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es

martes, 20 de enero de 2026

Publicadas no DOG de hoxe distintas axudas convocadas polo Instituto enerxético de Galicia para empresas e particulares

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P).

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S).


viernes, 16 de enero de 2026

Publicadas no día de hoxe no DOG varias axudas do Instituto galego de promoción económica para empresarios, emprendedores...

Destacamos as seguintes:

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes) para os anos 2026, 2027 e 2028, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2026, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408K).

RESOLUCIÓN 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia para os anos 2026-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

Enlaces de interese: 

https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2026/20260116/Secciones2_gl.html

https://igape.gal/gl/axudas/ultimas-axudas#ultimas-axudas


Publicada a convocatoria de axudas a emprendedores, empresarios ou entidades interesadas, dos Grupos de Acción local. O GALP A Mariña-Ortegal informa

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal informa da apertura do prazo para a solicitude de axudas destinadas a proxectos enmarcados nas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), correspondentes ao exercicio 2026.

Estas axudas convócanse no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, co obxectivo de impulsar o tecido económico e empresarial do territorio do GALP A Mariña-Ortegal.

Os proxectos seleccionados poderán recibir, con carácter xeral, unha intensidade de axuda de ata o 50 % do gasto subvencionable, en función da puntuación obtida, cun importe máximo de 200.000 euros e, no caso do sector da pesca ata 250.000 euros, dependendo da tipoloxía do proxecto. Estas axudas poderán incrementarse ata o 100 % cando se trate de proxectos de interese colectivo ou beneficiarios colectivos ou iniciativas vinculadas á pesca costeira artesanal.

As iniciativas deberán desenvolverse no ámbito territorial do GALP A Mariña-Ortegal, que comprende os concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo, con independencia da localización  da sede social ou do domicilio fiscal da persoa ou entidade promotora, sempre que sexa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dende o GALP A Mariña-Ortegal destacan que esta nova convocatoria de subvencións supón unha oportunidade para promotores, pequenas empresas, persoas autónomas e entidades sociais, permitindo transformar ideas en proxectos reais capaces de xerar emprego, valor engadido e impacto positivo no territorio costeiro.

O grupo anima a todas as persoas emprendedoras, empresas e entidades interesadas en impulsar novas iniciativas de desenvolvemento a participar e coñecer de primeira man as posibilidades de financiamento para o ano 2026.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes e remata o 16 de febreiro de 2026.

Achegamos ligazóns que poden ser de interese:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260116/AnuncioG0427-091225-0...

https://galp.xunta.gal/.../edlp-galp_a_marinaortegal_.pdf

https://galp.xunta.gal/a-marina-ortegal

Para máis información e asesoramento, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo ou directamente no propio GALP A Mariña-Ortegal: 982563355 ou no correo electrónico  galp.mar.marinaortegal@xunta.gal



Publicada convocatoria das probas de avaliación do certificado galego de competencias dixitais

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2026 pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis de iniciación e intermedio, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2026.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260116/AnuncioG0177-080126-0001_gl.pdf

Publicada convocatoria para a obtención por libre do título da ESO

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de marzo e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260116/AnuncioG0761-050126-0001_gl.html

miércoles, 14 de enero de 2026

Convocatoria das probas para a obtención das competencias claves nivel 2 e 3

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

    Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou 

AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO RURAL DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO


PROGRAMA DE AXUDAS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO RURAL (PROCEDEMENTO VI435E)

OBXECTO:

Subvencións dirixidas a prestar apoio ao financiamento ás obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación que se realicen en vivendas sitas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, así como ás actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas situados nos mesmos, para destinalos a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias ou a alugueiro.

BENEFICIARIOS:

Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles situados,en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM.

No suposto de que as vivendas se vaian a destinar ao alugueiro:

- non será de aplicación o citado límite de ingresos.

- só se poderán conceder un máximo de tres axudas por persoa solicitante.

No suposto de que a propiedade ou usufruto do inmoble corresponda a máis dunha persoa, só se admitirá unha solicitude por inmoble.

Non se poderán solicitar axudas para os inmobles xa subvencionados en convocatorias anteriores por este programa.

ACTUACIÓNS:

1. Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas

2. Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.

Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas:

- as de accesibilidade,

- conservación,

- habitabilidade,

- sustentabilidade

- eficiencia enerxética das vivendas,

- actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

Se inclúen:

- os honorarios dos profesionais que interveñan;

-os informes técnicos e certificados necesarios;

- os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.

- custe da redacción dos proxectos

- os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

PRAZO DE EXECUCIÓN: Será o que se determine na resolución de concesión, sen que poida exceder de 18 MESES (as actuacións non poden estar iniciadas).

DESTINO DAS VIVENDAS:

 - Residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias por un prazo mínimo de cinco anos. O requisito do empadroamento comprobarase no momento da xustificación final das obras.

     
 - Alugueiro: a vivenda incorporarase ao Programa Fogar Vivo. Os contratos de alugamento deben cumprir determinados requisitos e destinarse a alugamento como mínimo cinco anos.

CUANTIA DA SUBVENCIÓN:

- 75% do orzamento protexido das obras

- Límite: 30.000 euros por vivenda

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Desde as 9.00 horas do 21/01/2026 ata as 14.00 horas do 01/09/2026, ou ata o esgotamento do crédito. Para a concesión das axudas atenderase á orde cronolóxica de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para tal fin, considerarase a data de presentación da solicitude aquela en que esta quedase validamente presentada por terse cuberto de forma correcta e ir acompañada de tódolos documentos esixidos na convocatoria.

FORMA DE PRESENTACIÓN: presencial/ electrónica 

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando nos seguintes enlaces: https://igvs.xunta.gal/gl/axudas/programa-de-axudas-de-rehabilitacion-de-vivendas-no-rural-vi435e

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260113/AnuncioC3Q2-080126-0005_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI435E&ano=2026&numpub=1&lang=gl

martes, 13 de enero de 2026

AXUDAS PARA O COMERCIO LOCAL E ARTESANAL PARA O IMPULSO DA INNOVACIÓN E SOSTENIBILIDADE DA CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

 ORDE do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para  o impulso da innovación e a sostenibilidade do comercio local e artesanal e se procede  a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300C). 

Obxecto: subvencións para  o impulso da innovación e sostenibilidade do comercio local e artesanal.

Beneficiarios:

-      Comerciantes retallistas con domicilio social radique en Galicia, que non sexan recoñecidos como grande establecemento e que cumpran cos requisitos para exercer a actividade. Que teñan a condición de PEME. Que estean dados de alta na nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionen no anexo II e III. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, debera estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada co anexo II.  Que desenvolva a súa actividade nun establecemento cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE

-      Obradoiros artesáns que estean escritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo establecido para a presentación de solicitudes.

Solicitudes: estas solicitudes serán presentadas obrigatoriamente por medios electrónicos.

Actuacións subvencionables e importe máximo sen IVE:

A intensidade da axuda será do 80% da inversión subvencionable, e existen límites á inversión máxima subvencionable que varian según o tipo de axuda.

1.       Liña de dixitalización e innovación comercial (inclúe actuacións dirixidas á dixitalización do entorno comercial Omnicanle e a transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio).

2.       Liña de modernización comercial (inclúe actuacións dirixidas á mellora da imaxe, eficiencia do local e dos recursos e calidade do producto final).

3.       Liña de sostenibilidade ambiental (inclúe actuacións dirixidas a reducción de cantidades de embalaxe mediante a adaptación do tamaño e forma a dimensión e formato dos productos. Neste caso deberá estamparse a marca Comercio Galego, de acordo co modelo dispoñible na sede electrónica).

 

Non son subvencionables: ordenadores, dispositivos móbiles, tabletas, televisores, reproductores de sonido e imaxe, cámaras fotográficas, IVA, impostos, solicitudes cuxa inversión sexa inferior a 1.000 euros, etc. (consultar artigo 5 das bases da convocatoria)

Prazo presentación de solicitudes: próxima apertura o 16/01/2026 09:00 e ata o 16/02/2026 20:00 horas, ou ata o esgotamento do crédito, para o que se ten en conta a orde de presentación das solicitudes (completas).

Destacar: consideraranse subvencionables as actuaciós previstas no artigo 4 das bases, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 25 de outubro de 2025 e ata o prazo de 3 meses despois de recibida a notificación da resolución, como máximo, ata o 13 de novembro de 2026 (si este prazo se ampliase non sería para a execución das actuacións).

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo o pinchar no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300C

lunes, 12 de enero de 2026

AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS PARA PARTICULARES CONVOCADAS POLO INSTITUTO DE ESTUDIOS DO TERRITORIO

 RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MT402A). DOG do 07 de xaneiro de 2026.

Persoas beneficias: as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que se pretende realizar algunha das actuacións subvencionables.

A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a plena dispoñibilidade destes, como mínimo durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda (mínimo cinco anos cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público; e, non inferior a dous anos para o resto de bens).

O requisito anterior deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante a sinatura de declaración responsable de propiedade e plena dispoñibilidade (anexo I). No caso de copropiedades, na fase de xustificación, achegarase autorización de todos os copropietarios relativa á realización da actuación para a cal se solicita a axuda.

As actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou a correspondente licenza municipal (sen prexuízo dos restantes informes ou autorizacións, municipais ou sectoriais, que sexan precisos). Esto acreditarase na fase de xustificación, sin prexuizo de declaración responsable na fase de solicitude.

Obxecto: Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e criterios que expresan as directrices da paisaxe de Galicia; concretamente, as relacionadas no artigo segundo da resolución:

-          Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.

-          Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.

-          Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

Os gastos subvencionables serán aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan efectivamente realizados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; están recollidos no artigo cuarto apartado 2 da resolución.

-          Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas (materias e man de obra).

-          Gastos de honorarios derivados da redacción de proxectos técnicos, dirección facultativa das obras e custos dos estudos necesarios para a súa realización (non poden superar o 10% do investimento subvencionable).

-          Os tributos que sexan aboados efectivamente pola persoa beneficiaria; nunca os impostos indirectos susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

 NON son subvencionables: os gastos correntes de funcionamento; equipamento e materiais non funxibles de segunda man; actuacións de mantemento que se realicen periodicamente; gastos de xuros debedores en contas bancarias, os xuros, as recargas e as sancións administrativas e penais, nin os gastos dos procedementos xudiciais.

Contía: a contía máxima será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000,00 € por solicitante e ben.

Prazo de presentación de solicitudes: próxima apertura o día16/01/2026 12:00 ata o 16/02/2026 23:59, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das solicitudes. Considérase data de presentación aquela en que a solicitude quedase validamente presentada, por cubrirse na forma correcta e vir acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución.

Só se pode presentar unha solicitude por persoa ou ben; pero cada solicitude pode conter varias actuacións.

É obrigatoria a presentación por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Obrigas:

-          - Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada.

-          - Xustificar o cumprimento dos requisitos e das condicións; a realización da actividade e o cumprimento da finalidade da subvención.

-      -Manter o investimento subvencionado durante un período mínimo de 5 anos, cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público, e non inferior a 2 anos para o resto de bens.

-     -Durante os períodos mínimos realizar as obras de mantemento e limpeza necesarias para a correcta conservación do investimento.

-          -Someterse ás actuacións de control financeiro, de ser o caso.

-         - Comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade.

-        - Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados; e, conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.

 Documentación para a solicitude:

-        - Acreditar a representación, de ser o caso.

-       -  Memoria descritiva das actuacións propostas (presuposto con IVA desglosado, e en concordancia co anexo I), que deberá ter o detalle suficiente para describir adecuadamente as súas características, a súa medición e o seu orzamento (debe ser suficiente para permitir o cálculo do orzamento de hipotéticas execucións parciais).

-   - Reportaxe fotográfica do ben sobre o cal se vai actuar, en que se aprecie o elemento ou elementos obxecto da actuación (mínimo, unha fotografía de conxunto de cada unha das fachadas, cubertas ou muros a que se refiran as actuacións para as que se solicita subvención, e as fotografías de detalle que sexan precisas).

-      - Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior á contía de 40.000 €, , o beneficiario deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores.

Non será necesario achegar os documentos presentados con anterioridade ante calquera Administración, bastará con indicar en que momento e ante que órgano se presentaron.

Deberá presentarse electrónicamente; de presentarse de xeito presencial será requerida a enmenda e terase en conta como data de presentación aquela na que se fose realizada a enmeda.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo ou pinchando no seguinte enlace https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=MT402A