miércoles, 14 de enero de 2026

AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO RURAL DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO


PROGRAMA DE AXUDAS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO RURAL (PROCEDEMENTO VI435E)

OBXECTO:

Subvencións dirixidas a prestar apoio ao financiamento ás obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación que se realicen en vivendas sitas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, así como ás actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas situados nos mesmos, para destinalos a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias ou a alugueiro.

BENEFICIARIOS:

Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos inmobles situados,en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM.

No suposto de que as vivendas se vaian a destinar ao alugueiro:

- non será de aplicación o citado límite de ingresos.

- só se poderán conceder un máximo de tres axudas por persoa solicitante.

No suposto de que a propiedade ou usufruto do inmoble corresponda a máis dunha persoa, só se admitirá unha solicitude por inmoble.

Non se poderán solicitar axudas para os inmobles xa subvencionados en convocatorias anteriores por este programa.

ACTUACIÓNS:

1. Obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación de vivendas

2. Actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas para destinalos a vivenda.

Dentro das actuacións de rehabilitación, enténdense incluídas:

- as de accesibilidade,

- conservación,

- habitabilidade,

- sustentabilidade

- eficiencia enerxética das vivendas,

- actuacións para a medición e a execución de obras que eviten a entrada do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

Se inclúen:

- os honorarios dos profesionais que interveñan;

-os informes técnicos e certificados necesarios;

- os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.

- custe da redacción dos proxectos

- os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

PRAZO DE EXECUCIÓN: Será o que se determine na resolución de concesión, sen que poida exceder de 18 MESES (as actuacións non poden estar iniciadas).

DESTINO DAS VIVENDAS:

 - Residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias por un prazo mínimo de cinco anos. O requisito do empadroamento comprobarase no momento da xustificación final das obras.

     
 - Alugueiro: a vivenda incorporarase ao Programa Fogar Vivo. Os contratos de alugamento deben cumprir determinados requisitos e destinarse a alugamento como mínimo cinco anos.

CUANTIA DA SUBVENCIÓN:

- 75% do orzamento protexido das obras

- Límite: 30.000 euros por vivenda

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Desde as 9.00 horas do 21/01/2026 ata as 14.00 horas do 01/09/2026, ou ata o esgotamento do crédito. Para a concesión das axudas atenderase á orde cronolóxica de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para tal fin, considerarase a data de presentación da solicitude aquela en que esta quedase validamente presentada por terse cuberto de forma correcta e ir acompañada de tódolos documentos esixidos na convocatoria.

FORMA DE PRESENTACIÓN: presencial/ electrónica 

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando nos seguintes enlaces: https://igvs.xunta.gal/gl/axudas/programa-de-axudas-de-rehabilitacion-de-vivendas-no-rural-vi435e

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260113/AnuncioC3Q2-080126-0005_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI435E&ano=2026&numpub=1&lang=gl

No hay comentarios: