Están expostas desde o día de hoxe, 21/01/2026, as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é de oito días naturais a contar a partir da publicación das bases, polo tanto, comenza mañá día 22 de xaneiro e remata o día 29 de xaneiro de 2026, ambos inclusive. As probas de selección realizaranse o día 3 de febreiro de 2026, ás 10:00 horas, na casa consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario