martes, 23 de diciembre de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial  (21,5 horas/semana), durante tres meses, sendo a data de inicio prevista o día 14 de xaneiro.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 07 de xaneiro de 2015, ás 15:00 horas. A selección realizarase ese mesmo dia a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 9 de diciembre de 2014

NOVO PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL



Convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 1.800 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
 
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas.
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 100 prazas.
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos. 50 prazas.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.
- Información xuvenil (SSC567_3) : 50 prazas.
- Extinción de incendios e salvamento: 100 prazas.
- Transporte sanitario: 200 prazas.

PRINCIPAIS REQUISITOS:

-Posuír nacionalidade española.
- Ter 20 anos cumpridos no momento da inscrición.
- Ter experiencia laboral ou formación:
* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.
* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.
- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.
 PRAZOS: Primeiro prazo: 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata o 2 de xaneiro de 2014. - Segundo prazo: desde o 15 de febreiro ata o 15 de marzo de 2015, inclusive (só para as cualificacións de: extinción de incendios e salvamento e transporte sanitario)

viernes, 28 de noviembre de 2014

APERTURA DE LISTAS DA EMPRESA PÚBLICA SEAGA

A empresa pública SEAGA fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos por parte dos integrantes das listas previas e/ou, de ser o caso, dos novos candidatos a ser incluídos nas mesmas, nas seguintes categorias:

 Enxeñeiro de Montes
 Enxeñeiro Técnico Forestal
 Enxeñeiro Agrónomo
 Enxeñeiro Técnico Agrícola
 Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos
 Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas
 Arquitecto.
 Arquitecto Técnico
 Capataz
 Xefe de Brigada
 Maquinista – condutor
 Peón Especialista
 Peón
 Oficial Administrativo
 Auxiliar administrativo

O prazo de actualización de méritos por parte dos integrantes das listas ou dos novos candidatos a ser
incluídos será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte o anuncio da publicación da presente
resolución no Diario Oficial de Galicia (do 1 ó 22 de decembro, ambos inclusive).


Máis información:

http://www.epseaga.com/pdf/ofertas_emprego_2010/actualizacion/Abre_listas_2014.pdf

martes, 18 de noviembre de 2014

MERCADO DE NADAL "MERCA O TEU"

No BOP de hoxe a Excma. Deputacion Provincial de Lugo publica as bases para a seleccion dos participantes no III Mercado de Nadal "Merca o teu". Dirixido a artesans e productores autoctonos de toda a provincia, que se celebrara do 19 de decembro ao 5 de xaneiro na Praza de San Marcos.

Mais informacion:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_11050_1.pdf#PAGE=2

OFERTA DE EMPREGO



Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, con contrato de interinidade, para cubrir vacacións do persoal do servizo de limpeza municipal, desde o día 12 de decembro de 2014 ata o 19 de xaneiro de 2015, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 27 de novembro, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección o día 28 de novembro a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

jueves, 6 de noviembre de 2014

MES DA MAXIA NA MARIÑA.

Continua o mes da Maxia na Mariña Lucense, o proximo sabado dia 8 no restaurante "Area Grande" de San Roman. Onde se podera disfrutar da actuacion do mago Teto, asi como dun magnifico menu.

Mais informacion pinche aqui:
http://www.mesdamaxia.com/#08-N

lunes, 3 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE FORMACION


Dirixida a poboacion en xeral e os menores de 30 anos recibiran certificado de asistencia.
Os interesados deben de inscribirse chamando a Casa da Cultura de O Vicedo, ao telefono 982590195