miércoles, 21 de enero de 2015

PROGRAMACION CURSOS NOVAS TECNOLOXIAS

PROGRAMA INNOVAEMPRESA DA EXCM. DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO
 
Queres saber como as novas tecnoloxías poden contribuír á mellora do teu negocio, empresa, concello ou mesmo ao teu ámbito persoal? Achégate aos nosos centros demostradores e coñécenos.
 
Se es empresa, profesional TIC, emprendedor, se formas parte dun concello ou es cidadán, convidámosche a que coñezas os nosos centros demostradores onde che ensinaremos a utilizar de forma práctica ferramentas e aplicacións tecnolóxicas que che axudarán a:
  • Mellorar a competitividade e eficiencia da túa peme.
  • Optimizar a xestión e relación co cidadán no teu concello
  • Crear e xestionar a túa empresa apostando pola innovación.
  • Utilizar as TIC para mellorar a túa vida persoal.
Se ademais tes dúbidas tecnolóxicas ou necesitas información, ofrecémoste entre outros, servizos de información, análise e asesoramento no uso das TIC para a túa peme. Xestionamos o teu caso de xeito personalizado segundo o teu modelo de negocio, deseñamos un plan de mellora adaptado e acompañámoste na execución deste.
 
Se queres coñecer en detalle o que poden facer por ti, achégate aos nosos centros, nos seguintes enderezos:
 
Lugo: Frey Plácido Lemos, s/n
Viveiro: Avda. Cantarrana 6
Monforte: Escultor Francisco Moure, 17
 
Os horarios son de 10 h a 14 h e 16:30h a 18:30h de luns a venres, e os sábados de 10 h a 14 h.

 
Ademais, nos vindeiros días comezan os primeiros obradoiros TIC adaptados a todos os perfís e públicos.
 
Para cidadáns:
 
Ferramentas de comunicación 2.0 para o cidadán
 
Lugo: 15/01/2015 16:30 – 18:30
Viveiro: 16/01/2015 16:30 – 18:30
Monforte: 19/01/2015 16:30 – 18:30
 
Realiza a túa compra en internet de xeito sinxelo e seguro
 
Lugo: 19/01/2015 16:30 – 18:30
Viveiro: 15/01/2015 16:30 – 18:30
Monforte: 16/01/2015 16:30 – 18:30
 
Para todos os colectivos:
 
Ferramentas de almacenamento na nube.
 
Lugo: 16/01/2015 16:30 – 18:30
Viveiro: 19/01/2015 16:30 – 18:30
Monforte: 15/01/2015 16:30 – 18:30
 

Se estás interesado en inscribirte nestes cursos ou solicitares información adicional, podes contactar a través das seguintes vías: presencialmente nos nos nosos centros ou a través dos correos electrónicos:
 


Mais informacion:
http://innovaempresa2.deputacionlugo.org/descubre-o-que-novas-tecnloxias-poden-facer-por-ti

martes, 20 de enero de 2015

AXUDAS ALQUILER VIVENDA HABITUAL


CONVOCATORIA: RESOLUCIÓN DO 7 DE XANEIRO DO 2015 DA CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS.( DOG nº , do 19 de xaneiro de 2015).



 OBXECTO : Estas axudas ao alugamento de vivendas teñen por obxecto facilitar o acceso e a permanencia  nunha vivenda en réxime de aluguer a persoas físicas con escasos medios económicos,  mediante a concesión de subvencións para afrontar os custos do alugueiro.
 
REQUISITOS : As persoas beneficiarias deberán cumprir as seguintes condicións:
 
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de Arrendamentos Urbanos, en calidade de arrendatario.
 
b) Que a vivenda arrendada ou a arrendar constitúa,  ou vaia a constituír,  a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.
 
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia que teñan, ou vaian ter, o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de arrendamento, sexan en conxunto inferiores a 3 veces o IPREM.
 
d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere os seguintes límites;
 
-  600€ para as vivendas situadas nos concellos de área territorial de Prezo Máximo Superior: A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Pontevedra.
 
- 500€ para as vivendas situadas na zona territorial 1 (concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa)
 
-  400€ para as vivendas situadas no resto de concellos, zona territorial 2.
 
No suposto de que a unidade de convivencia necesitara unha vivenda de maiores dimensións, por ter a condición de familia numerosa ou unha vivenda adaptada por ter un membro con discapacidade, a renda máxima da vivenda poderá acadar os 600 euros mensuais, no caso de estar nun concello da zona territorial 1, e os 500 euros no caso de estar nun concello da zona territorial 2.
 
CONTÍA DAS AXUDAS :O seu importe será do 40% da renda anual que se deba satisfacer polo aluguer da vivenda habitual e permanente, cun límite máximo anual de 2.400 euros por vivenda, o que supón unha axuda mensual máxima de 200 euros. As axudas concederanse por un prazo de doce meses, prorrogables a solicitude da persoa interesada, ata a data de finalización do Plan.
 
PROCEDEMENTO :O procedemento de concesión será en réxime de concorrencia competitiva, o que supón que tódalas solicitudes serán valoradas aos efectos de seleccionar aos beneficiarios das axudas.
 
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 
 
- PRAZO ;  Dende o dia 20 de xaneiro de 2015 ata  19 de febreiro de 2015,ambos os dous incluídos.
Mais informacion:

viernes, 16 de enero de 2015

OFERTA EMPREGO AXENTE TIC



No Boletín oficial da provincia de Lugo do día de hoxe, 16/01/2015,  publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC, a media xornada, como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.
Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3   (pinchar en emprego público, apartado taboleiro de anuncios).


Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- Copia compulsada do DNI.
- Copia compulsada da titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Copia compulsada da acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.
- Acreditación dos méritos en caso de existir, en orixinal ou copia compulsada, de: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos relacionados co posto e outras titulacións relacionadas co posto de traballo.
Si a documentación se presenta directamente no Concello, deben traer os orixinais e xa se lles fan aquí as copias compulsadas.
Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio Concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 26 de xaneiro de 2015.

jueves, 15 de enero de 2015

AXUDAS CONCILIACION DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

No DOG de hoxe convocaronse as seguintes axudas

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

––RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150115/Indice9_gl.pdf

AXUDAS DA CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR

No DOG de onte a Conselleria do Medio Rural convocou varias axudas para empresas de aproveitamentos forestais e para a constitucion e inicio de actividade de sociedades de fomento forestal (SOFOR), entre outras.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150114/Indice8_gl.pdf

lunes, 29 de diciembre de 2014

AXUDAS A EMPRENDEDORES DO IGAPE


No DOG de hoxe o IGAPE convoca varias axudas, entre elas esta para emprendedores:


Requisitos principais do proxecto

1.- Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles:

a) Non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Presenten un custo subvencionable superior a 25.000 euros e non superior a 150.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión.
c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

2.- Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda. Considerarase que non se cumpre esta condición cando unha persoa no momento da solicitude figure de alta no RETA cunha antigüidade superior a 42 meses ou teña unha participación igual ou superior ao 25% noutra sociedade mercantil.

Máis información:

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP273

martes, 23 de diciembre de 2014

PROGRAMA BEN EMPREGADO

Programa posto en marcha pola Excma. Deputacion Provincial de Lugo para  o fomento do emprego.

Por un lado as empresas interesadas deben solicitar o persoal que estarían interesadas en contratar o abeiro deste programa e por outro lado a posteriori a Deputación de Lugo realizará unha selección entre os desempregados para cubrir eses postos.

Está aberto o prazo, ata o 11 de xaneiro,  para que todas aquelas empresas (autónomos, comunidades de bens, sociedades,..) ou asociacións que necesiten contratar unha persoa desempregada por un período mínimo dun ano, podan solicitar a correspondente axuda que incluiría os costes laborais totais durante como mínimo ese ano. A selección do persoal realizaraa a Deputación de Lugo e as empresas ou asociacións deben aceptar o/a traballador/-a seleccionado.


Mais informacion:

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6&&contenido=26197&nivel=1400&codResi=1&language=gl

Para a tramitación ou si necesitan máis información tamén poden dirixirse a oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo