Accións formativas:
1.- Auxiliar de Xestión Informática
e Internet para PEMES, que será impartido por AGESTIC, en Lugo cidade.
“Decidimos reeditar este curso xa que, tanto os alumnos como o propio mercado,
amosaron un grande interese en ofrecer formación en novas tecnoloxías para poder
aplicar, nas empresas lucenses, ferramentas informáticas coas que crear valor
engadido”.
2.- Aplicacións e Manexo de Sistemas
Aéreos non Tripulados – Drons, que será impartido en Lugo por
profesionais do aeroclub de rozas. “Ofrecemos esta acción formativa porque este
é un dos nichos de mercado en expansión, que ten unhas amplas posibilidades de
crecemento”.
3.- Socorrismo en espazos acuáticos
naturais e en instalacións acuáticas. Son 2 accións
formativas neste eido, que impartirá Cruz Vermella. Unha está enfocada a espazos
interiores, é dicir, a piscinas; e outra a exteriores, como praias, ríos...
Prazo de inscrición: remata o 30 de abril de 2017.
Máis información:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6&&contenido=31505&nivel=1400&codResi=1&language=gl
viernes, 7 de abril de 2017
jueves, 6 de abril de 2017
AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS DESEMPREGADAS DE LONGA DURACIÓN
¿QUEN PODE SOLICITAR ESTAS AXUDAS?
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración (Persoa desempregada parada de longa duración: para os efectos desta orde entenderase por persoa desempregada de longa duración aquela de 45 ou máis anos de idade, que na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación), para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
3. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.
OFERTAS EMPREGO
Comercial
para a empresa PESCADOS SALGUEIRA SL ubicada na localidade de Viveiro. FONTE
INFOJOBS 05/04/2017 http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
MOZO
CARPINTERÍA MADERA AS PONTES. FONTE INFOJOBS 06/04/2017 http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
miércoles, 5 de abril de 2017
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, con carácter urxente, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (19 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista é o día 2 de maio, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 17 de abril, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 19 de abril de 2017, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 17 de abril, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 19 de abril de 2017, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
OFERTAS EMPREGO VARIAS
COCIÑEIROS/AS, EN XERAL
31/03/2017 ORTIGUEIRA (A CORUÑA) SERVICIO GALEGO EMPREGO http://emprego.xunta.es
VIVEIRO – CUIDADORA INTERNA URGE. Se necesita cuidadora
en régimen interno para atención de mujer mayor. Sábado noche y domingo libre.
Las personas interesadas pueden enviar Whatsapp al 658047967. Publicado en empregoamariña/facebook
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples,
a xornada completa, con adscrición ao colexio público do Vicedo e outros servizos municipais, e por un período de seis meses, a contar a partir do próximo
28 de abril de 2017.
O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 17 de abril. A selección realizarase a partir dás 10:30 h. do día 19 de abril de 2017, na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
PROBAS OBTENCION CELGAS 1,2,3 E 4 NO ANO 2017
Convocadas probas para a
obtención dos certificados de língua galega, niveis CELGA 1, 2, 3 e 4 no ano
2017.
As datas de realización
(orientativas, as definitivas sairán xunto coa listaxe de admitidos) das probas
son:
CELGA 1: 18/06/2017; CELGA 2:
11/06/2017; CELGA 3: 17/06/2017; CELGA 4: 10/06/2017
As probas realizaranse en
Santiago de Compostela e en Ponferrada, na solicitude pode escollerse entre
estas dúas opcións.
As solicitudes poderán realizarse por medios electrónicos a través da
dirección https://sede.xunta.gal ou ben
presencialmente, será necesario:
- -
Anexo I
- - Xustificante de abono das taxas (15,77€ por cada
nivel Celga). Publicadas as listas definitivas de admitidos os excluídos
poderán solicitar a devolución das taxas.
- - Certificado de discapacidade en caso de
solicitar alguna exención das probas ou apoio para as mesmas.
Prazo de solicitude: do 5 de abril ao 4 de maio de 2017.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)