Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de tres auxiliares de axuda no fogar, un por un período de seis meses e xornada parcial (20 horas á semana), outro por un período de seis meses e xornada parcial (21 horas á semana), e o terceiro por interinidade con xornada completa. O proceso de selección será o día 27 de setembro a partir das 10:00 horas.
Asimesmo, están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha limpiador/a, un por un período de seis meses e xornada completa. O proceso de selección será o día 28 de setembro partir das 10:00 horas.
O prazo de inscrición para as catro convocatorias remata o próximo día 26 de setembro.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
viernes, 14 de septiembre de 2018
jueves, 13 de septiembre de 2018
OFERTA DE EMPREGO EN VIVEIRO
Academia de Viveiro necesita profesor/a para posto estable a media xornada (20h/semana). Perfil de letras para impartir clases de língua castelá, língua galega e inglés. Se valorarán coñecementos en francés. Niveis de 1º de ESO ata 2º de Bacharel.
Interesados/as chamar ao 649178806.
Interesados/as chamar ao 649178806.
miércoles, 12 de septiembre de 2018
OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR II
Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor II". O número de alumnos/-as participantes é de 20, correspondendo 10 a este concello e distribuidos do seguinte xeito:
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 4 persoas.
- Traballos de carpintería e moble: 6 persoas.
Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente.
Os interesados deben pasar pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
Ademáis, contratarase outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.
lunes, 10 de septiembre de 2018
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a media xornada, por un período de 6 meses.
O prazo de inscrición remata o próximo día 20 de setembro, realizándose o proceso de selección o día 21 de setembro partir das 10:00 horas.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
O prazo de inscrición remata o próximo día 20 de setembro, realizándose o proceso de selección o día 21 de setembro partir das 10:00 horas.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
viernes, 31 de agosto de 2018
CONVOCATORIA CONCELLO VIVEIRO / FOMENTO DE EMPREGO
O Concello de
Viveiro convoca as seguintes prazas: 2 administrativos e 1 técnico informática.
O PRAZO REMATA O 4 DE SETEMBRO
Máis
información:/https://empregoviveiro.wordpress.com/2018/08/29/convocatoria-concello-viveiro-fomento-de-emprego-2018/
CURSOS PREPARATORIOS CELGA
Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: RESOLUCIÓN de 2 agosto de 2018, da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan,
con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos
preparartorios para os certificados de lingua galega Celga, que se realizarán
en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. DOGA 14/08/2018.
OBXECTO: Convocar con carácter
gratuíto cursos de linguaxe administrativa e cursos preparatorios para os
certificados Celga de nivel 1,2 3 e 4.
Son cursos preparatorios para as probas de obtención do certificado, pero NON
se obtén o certificado por facer o curso.
Os preparatorios do Celga
convócanse como cursos presenciais nas Escolas de Idiomas de A Coruña, Ferrol,
Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo (consultar niveis, localidades,
datas e horarios no anexo II)
PRAZO
solicitude: do 3 ao 12 de setembro de 2018 para cursos do
primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro) e do 2 ao 11 de xaneiro de 2019 para
cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Máis información: http://www.xunta.gal/dog/
jueves, 23 de agosto de 2018
Subvencións DOS PROGRAMAS DE FOMENTO E MELLORA DA EFICACIA ENERXÉTICA E SUSTENTABILIDADE EN VIVENDAS E DE FOMENTO DA CONSERVACIÓN, DA MELLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E DA ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS. (código procedemento VI422E)
Sistema: por orde de
presentación de solicitudes.
Prazo:
21/09/2018
Restricións: son
requisitos indispensables para optar a estas axudas os seguintes:
- Que a
vivenda unifamiliar, edificio colectivo e vivenda do edificio estivesen
finalizados antes do 01/01/1996.
- Que as
vivendas constitúan domicilio habitual e permanente dos seus propietarios ou
dos arrendatarios. No caso de actuacións en edificios deberán cumprir que o 70%
da súa superficie sexa destinada a vivenda e ademáis que o 50% sexa vivenda
habitual e permanente do propietario ou arrendatario, así como acordo da
Cominiddade de propietarios.
Beneficiarios:
Persoas físicas e
xurídicas propietarias de vivendas unifamiliares , edificios residenciais e
vivendas nestes edificios. Comunidades de persoas propietarias e agrupacións de
comunidades de persoas propietarias. Agrupacións de persdoas propietarias,
Sociedades cooperativas de agrupacións de persoas propietarias. Empresas
constructoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios, así como
cooperativas. Persoas físicas arrendatarias. Empresas de servizos enerxéticos
no caso de obras de mellora de eficiencia enerxética e sustentabilidadde.
Axudas:
- Liña
A:
axuda ao fomento de mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade en
vivendas (actuación na fachada, cuberta, substitución de carpintaría ou
acristalamento, cerramento ou acristalamento de terrazas, instalación de dispositivos
bioclimáticos ou de sombreamento, sistemas de calefacción, refrixeración,
producción de auga quente, ventilación, equipos de calor ou frí, etc..;
instalación de equipos de xeración ou utilización de enerxías renovables,
protección contra o ruído, mellora de salubridade…). Ademáis nos edificios se
contempla tamén a mellora da eficiencia enerxética, o aforro de auga e a
mellora do saneamento e da separación de residuos, acondicionamento de espazos
privativos da parcela e mobilidade sustentable (adaptar a xardinería, optimizar
a rega, instalar puntos de recarga de vehículos eléctricos ou adecuación de
zonas de aparcadoiros de bicicletas), instalación de fachadas ou cubertas
vexetais; instalación de sistemas de domótica e/ou sensórica.
Na
Liña A para vivendas unifamiliares o máximo de axuda vai de 12.000 a 24.000
euros dependendo das particularidades dos solicitantes(contempladas na orde).
Para edificios en función do número de vivendas e locais de que dispoña, e para
vivendas de edificios o máximo de axuda vai de 12.000 a 16.000 euros dependendo
das particularidades dos solicitantes(contempladas na orde). Todo elo sen
perxuízo dos incrementos contemplados na orde para os casos sinalados na mesma.
- Liña
B:
axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da
accesibilidade en vivendas (relativas oa estado de conservación da cimentación,
da estrutura e das instalacións, das cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras,
incluíndo o desamiantado, adecuación interior, instalación de ascensores,
salvaescaleiras e ramplas, guindastres e artefactos, sinais luminosos e
sonoros, videporteiro e análogos, domótica e mellora de accesibilidade en baños
e cociñas….)
Na
liña B varían desde 3.000 euros de máximo ata 14.000 euros de máximo en función
das actuacións e dependendo das particularidades dos solicitantes (contempladas
na orde). Todo elo sen perxuízo dos incrementos contemplados na orde para os
casos sinalados na mesma.
Nas dúas liñas, as
axudas non poderán superar ó 40% do custo subvencionable da actuación, que se
poderá incrementar ata o 75% nos casos contemplados na Orde.
Destacar:
-
Non serán subvencionables impostos, taxas
nin tributos.
-
Hai que dispor de licenza municipal de
obras, ou solicitude de licenza no caso de que sea necesaria, ou comunicación
previa ao concello cando a actuación non estea sometida a licenza.
-
Presentar informe técnico con data anterior
á solicitude que acredite a necesidade da actuación.
-
As actuacións non poderán estar iniciadas
con anterioridade ao 01/01/2018 nin rematadas con anterioridade a 21/08/2018.
-
Pódense incluir como gastos actuacións
preparatorias antes de presentar a solicitude tales como redacción de
proxectos, hornorarios, informes técnicos, certificacións e gastos
administrativos.
-
Nas actuacións de reparación,
rehabilitación ou conservación de fachadas, carpintaría exterior ou cuberta das
edificacións seguiranse os criterios fixados na Guía de cor e materiais
elaborada pola Xunta de Galicia.
-
No caso de actuacións da liña A de mellora
de eficiencia enerxética e sustentabilidade, a xustificación final deberá
incorporar certificado de eficiencia enerxética emitido por técnico competente.
-
Cando as actuacións excedan de 40.000 euros
aportar tres orzamentos.
-
Aportar na xustificación final fotografías
das obras realizadas.
Publicado no Diario Oficial de Galicia de 21/08/2018 INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)