jueves, 18 de enero de 2024

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é de cinco días naturais a contar a partir da publicación, polo tanto, comenza mañá día 19 de xaneiro de 2024 e remata o día 23 de xaneiro de 2024. As probas de selección realizaranse o día 24 de xaneiro de 2024, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board  

miércoles, 17 de enero de 2024

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024 (código de procedemento TU503A).

Obxecto: axudas para a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) Os restaurantes incluídos no Grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, debidamente inscritos e clasificados no REAT.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2024. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data.

En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

- Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

- Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade,

- Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

- Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.

- Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.

- Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

- Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.

- Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

 O investimento neto admitido será de ata 100.000 €. No caso de que o orzamento de execución do proxecto presentado coa solicitude de subvención sexa superior ao dito límite, requirirase á persoa solicitante para que reaxuste o proxecto que se vai executar ao citado límite.

Enténdese por investimento neto o importe orzamentado unha vez deducido o imposto sobre o valor engadido.

Se a actuación o require, o titular deberá contar coa correspondente licenza de obras ou, se é o caso, certificado do concello de non precisar a dita licenza. A dita documentación deberá presentarse no momento da xustificación da subvención.

PRAZO SOLICITUDE: do 18/01/2024 ao 19/02/2024

MÁIS INFORMACIÓN: 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A&ano=2024&numpub=1&lang=gl

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240117/AnuncioG0256-100124-0001_gl.html


lunes, 15 de enero de 2024

CONVOCATORIA PROBAS COMPENTECIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DOS NIVEIS 2 E 3

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

 OBXECTO:

- Convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.

- Establecer as posibles exencións ás probas de validadción das distintas competencias clave.

 COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN:

-Comunicación en língua galega.

-Comunicación en língua castelá.

-Competencia matemática.

-Comunicación en língua estranxeira inglés.

 EXENCIÓNS E VALIDACIÓNS DE COMPETENCIAS CLAVE: establecidas nos anexos IV e V.

 SOLICITUDE: Anexo I

 PRAZO solicitude: un mes, a contar a partir de hoxe día 15 de xaneiro de 2024.

 Realización das probas: no lugar que determine a Consellería. Se realizará unha proba dunha hora de duración por cada unha das competencias clave convocadas en que se inscribise. 

  Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240115/AnuncioG0656-121223-0001_gl.html , ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local

AXUDAS A PERSOAS FÍSICAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS EN VIVENDAS E CERRAMENTOS

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, e se establece a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MT402A). DOG do 15 de xaneiro de 2024.

Persoas beneficias: as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que se pretende realizar algunha das actuacións subvencionables.

A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a plena dispoñibilidade destes, como mínimo durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda (mínimo cinco anos cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público; e, non inferior a dous anos para o resto de bens).

O requisito anterior deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante a sinatura de declaración responsable de propiedade e plena dispoñibilidade (anexo I). No caso de copropiedades, na fase de xustificación, achegarase autorización de todos os copropietarios relativa á realización da actuación para a cal se solicita a axuda.

As actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou a correspondente licenza municipal (sen prexuízo dos restantes informes ou autorizacións, municipais ou sectoriais, que sexan precisos). Esto acreditarase na fase de xustificación, sin prexuizo de declaración responsable na fase de solicitude.

Obxecto: Subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e criterios que expresan as directrices da paisaxe de Galicia; concretamente, as relacionadas no artigo segundo da resolución:

-          * Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.

-        *   Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.

-        *   Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

Os gastos subvencionables serán aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan efectivamente realizados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; están recollidos no artigo cuarto apartado 2 da resolución.

-       Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas (materias e man de obra).

-   Gastos de honorarios derivados da redacción de proxectos técnicos, dirección facultativa das obras e custos dos estudos necesarios para a súa realización (non poden superar o 10% do investimento subvencionable).

-   Os tributos que sexan aboados efectivamente pola persoa beneficiaria; nunca os impostos indirectos susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

NON son subvencionables: os gastos correntes de funcionamento; equipamento e materiais non funxibles de segunda man; actuacións de mantemento que se realicen periodicamente; gastos de xuros debedores en contas bancarias, os xuros, as recargas e as sancións administrativas e penais, nin os gastos dos procedementos xudiciais.

Contía: a contía máxima será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000,00 € por solicitante e ben.

Prazo de presentación de solicitudes: dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación no DOG da convocatoria, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das solicitudes. Considérase data de presentación aquela en que a solicitude quedase validamente presentada, por cubrirse na forma correcta e vir acompañada da totalidade dos documentos esixidos nesta resolución.

Só se pode presentar unha solicitude por persoa ou ben; pero cada solicitude pode conter varias actuacións.

É obrigatoria a presentación por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. 

Para máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240115/AnuncioG0192-131223-0001_es.pdf


viernes, 12 de enero de 2024

PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS 2024

 Resolución do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (códigos de procedemento IN414B e IN414C). DOG 12/01/2024

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 30 de xuño de 2024 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 8 de febreiro de 2024 ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240112/AnuncioG0474-221223-0002_gl.html

Convocatoria das probas de libre para a obtención do título de graduado en educación secundaria

No DOG do 11 de xaneiro de 2024, publícase a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2024.


REQUISITOS:

- Ser maior de dezaoito anos ou facer esa idade no ano 2024.
-          Non ter o título de graduado en educación secundaria ou calquer outro título declarado equivalente a efectos académicos.
-      Non estar nin ter estado matriculado no curso 2023/24 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
-      O alumnado matriculado durante o curso 2023/24 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se cumpre unha serie de requisitos (consultar).


SOLICITUDE: Anexo I, que se presentará en papel nos centros educativos sinalados nesta orde (os máis pretos do Vicedo: Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n 27003 Lugo; EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requesens, s/n 15406 Ferrol)

DOCUMENTACIÓN:
-      Certificado de discapacidade se é o caso.
-      Certificación académica das materias superadas se é o caso.
-      Se se solicita a exención en Lengua Galega, acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país extranxeiro.

PRAZO matrícula:
-      Convocatoria de abril: 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
-      Convocatoria de xuño: 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

Realización das probas: o día 12 de abril de 2024 para a primeira convocatoria e o 7 de xuño de 2024 para a segunda convocatoria.  


Lista provisional elevada a definitiva de admitidos/excluídos para a selección dun/dunha AXENTE TIC

Publicouse no día de hoxe a lista de admitidos e excluídos provisional elevada a definitiva  en relación coas bases  publicadas no BOP de Lugo de 30/12/2023, e expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica, para a contratación como funcionario interino, mediante concurso-oposición, dun/dunha AXENTE TICa xornada parcial (20 horas/semana), para a aula CEMIT.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 19 de xaneiro de 2024, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)